O en­te pro­vin­cial fi­nan­cia ac­ti­vi­da­des con 125.000 eu­ros

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Deputación Da Coruña -

A Depu­tación da Co­ru­ña apoia a Fun­da­ción pa­ra o fo­men­to de co­ñe­ce­men­tos da cons­tru­ción na­val Exponav me­dian­te un con­ve­nio de fi­nan­cia­men­to dos gas­tos de­ri­va­dos do seu fun­cio­na­men­to. O Pleno da Cor­po­ra­ción pro­vin­cial apro­bou es­te con­ve­nio de co­la­bo­ra­ción, que su­pón un­ha ache­ga de 125.000 eu­ros, que per­mi­ti­rán or­ga­ni­zar di­ver­sas ac­ti­vi­da­des, co­ma ex­po­si­cións e even­tos, que te­rán lu­gar ata xu­llo do 2018. Así mes­mo, a Depu­tación co­la­bo­ra no fi­nan­cia­men­to de bol­sas e axu­das ao es­tu­do, os ser­vi­zos de aten­ción aos vi­si­tan­tes do Mu­seo da Cons­tru­ción Na­val, o man­te­men­to das ins­ta­la­cións e a am­plia­ción e re­mo­de­la­ción de ma­te­rial ex­po­si­ti­vo, ade­mais dou­tros gas­tos de­ri­va­dos do fun­cio­na­men­to da Fun­da­ción. Me­dian­te es­te con­ve­nio, que su­pón o fi­nan­cia­men­to do 80 % dos gas­tos anuais de Exponav, a Depu­tación que­re con­tri­buír a di­fun­dir e pór en va­lor a tra­di­ción na­val da co­mar­ca fe­rro­lá, apoian­do a un­ha en­ti­da­de que dis­pón dun fon­do do­cu­men­tal úni­co na súa ca­te­go­ría, con máis de 40.000 mo­no­gra­fías e 100.000 pla­nos de bu­ques e que or­ga­ni­za ac­ti­vi­da­des des­ti­na­das tan­to a es­co­la­res co­ma ao pú­bli­co en xe­ral. Es­te ano fir­ma­ra­se un con­ve­nio por 125.000 eu­ros pa­ra gas­tos de fun­cio­na­men­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.