«Ga­li­cia ató­pa­se na pe­ri­fe­ria do que es­tá a pa­sar na ar­te con­tem­po­rá­nea»

La Do­ce trae­rá a Boi­ro ar­tis­tas re­si­den­tes en se­tem­bro e ou­tu­bro

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - MA­NUEL TEIRA

Ho­xe, dei­xá­mo­nos im­buír por La Do­ce, a ga­le­ría de Boi­ro que di­ri­xe e xes­tio­na a ar­tis­ta Ma­ría Ma­gán, e con ela, nes­ta tar­de de choi­va in­fi­ni­ta imos man­ter un­ha con­ver­sa que nos per­mi­ta sa­ber­mos des­te es­pa­zo, e ta­mén da ar­te e dos seus pro­xec­tos ar­tís­ti­cos.

–Ma­ría Ma­gán, al­gún día so­ña­ches La Do­ce?

—Non sei se foi un so­ño exac­ta­men­te; máis ben na­ceu co­mo un­ha idea que foi me­dran­do co­mi­go mes­ma.

–Cón­ta­nos, que é real­men­te La Do­ce, co­mo se che oco­rreu es­ta idea?

—Pois La Do­ce é un mo­de­lo em­pre­sa­rial que par­te dos meus in­tere­ses per­soais á ho­ra de tra­ba­llar nun ám­bi­to crea­ti­vo. Den­de hai uns dez anos sem­pre con­tem­plei a po­si­bi­li­da­de de ter o meu pro­pio ta­ller no que dar for­ma­ción, pe­ro lo­go es­ta idea ini­cial foi mu­dan­do ata con­ver­ter­se no que é ac­tual­men­te. Por ou­tra ban­da, o au­xe dos es­pa­zos de co­wor­king son un­ha mos­tra dos be­ne­fi­cios e po­si­bi­li­da­des que ten tra­ba­llar en es­pa­zos com­par­ti­dos. O es­pa­zo de ga­le­ría foi un­ha ne­ce­si­da­de per­soal pa­ra non afas­tar­me do mun­do da ar­te nun­ca, e po­der amo­sar di­fe­ren­tes pro­pos­tas de ar­tis­tas no­vos, po­lo que se ha­bi­li­tou un es­pa­zo de ga­le­ría no que amo­sar di­fe­ren­tes pro­pos­tas de ar­tis­tas. E cla­ro, to­do is­to ti­ña que ser ren­di­ble eco­no­mi­ca­men­te, po­lo que fa­ce­mos ta­mén en­mar­ca­ción de obras e ven­de­mos ma­te­rial de Be­las Ar­tes.

–Di­nos, que é, que re­pre­sen­ta pa­ra ti a ar­te con­tem­po­rá­nea? Cal cres que é en reali­da­de o seu sen­ti­do?

—Por de­fi­ni­ción, a ar­te con­tem­po­rá­nea é a ar­te do no­so tem­po, da no­sa xe­ra­ción e, co­mo tal, o seu sen­ti­do é amo­sar co­mo é o mun­do e a so­cie­da­de ac­tual. Pen­so que non ten sen­ti­do se­guir fa­cen­do o mes­mo tra­ba­llo ar­tís­ti­co de anos atrás.

–La Do­ce, lo­go de dous anos e me­dio de tra­xec­to­ria, es­ta­se a con­ver­ter en to­do un re­fe­ren­te da ar­te con­tem­po­rá­nea na co­mar­ca do Bar­ban­za, ade­mais de ser un­ha das ga­le­rías que apun­ta for­te en Ga­li­cia. Es­ta­ba­mos tan lon­xe da ar­te con­tem­po­rá­nea?

—Ga­li­cia, en xe­ral, ató­pa­se na pe­ri­fe­ria do que es­tá a pa­sar na ar­te con­tem­po­rá­nea. Con to­do, un­ha ami­ga que é crí­ti­ca sem­pre di que a ar­te con­tem­po­rá­nea ha­bi­tual­men­te pro­dú­ce­se fó­ra dos cir­cuí­tos da ar­te con­tem­po­rá­nea, po­lo que des­de ese pun­to de vis­ta, é un­ha sor­te es­tar fó­ra [ri]. No Bar­ban­za si que es­ta­mos un pou­co es­que­ci­dos. Ho­xe a ar­te é par­ti­ci­pa­ti­va, in­ter­ac­ti­va e in­clu­si­va, na­da que ver coa fa­cha­da de eli­tis­mo que se lle pu­xo hai un tem­po.

—Que nos po­des di­cir dese pro­xec­to de La Do­ce so­bre ar­tis­tas re­si­den­tes, e que tan­to es­tá dan­do que fa­lar?

—Trá­ta­se de se­lec­cio­nar, a tra­vés dun­ha con­vo­ca­to­ria, pro­xec­tos de pro­du­ción ou in­ves­ti­ga­ción ar­tís­ti­ca con­tem­po­rá­nea de crea­do­res na­cio­nais ou in­ter­na­cio­nais que desexen tra­ba­llar na no­sa con­tor­na. Tras dal­gun­ha ne­ga­ti­va da ins­ti­tu­ción local, fi­nal­men­te, o In­ju­ve (Ins­ti­tu­to de la Ju­ven­tud) vai fi­nan­ciar as re­si­den­cias des­te ano. Creo que é un­ha opor­tu­ni­da­de pa­ra Boi­ro e pa­ra o Bar­ban­za traer ar­tis­tas que ve­ñan pro­du­cir con­ti­dos sim­bó­li­cos, así co­mo po­der or­ga­ni­zar con eles obra­doi­ros, en­con­tros. Ade­mais, en­ten­do que na ar­te, ás ve­ces, o pro­ce­so de crea­ción é tan im­por­tan­te co­mo o re­sul­ta­do fi­nal. Por iso, nos me­ses da re­si­den­cia, se­tem­bro e ou­tu­bro, o ta­ller de La Do­ce es­ta­rá aber­to pa­ra que aque­las per­soas que quei­ran ache­gar­se a co­ñe­ce­ren os ar­tis­tas poi­dan fa­ce­lo.

–Co­mo mi­ras ti a ar­te no Bar­ban­za, e ca­les coidas que son as súas vir­tu­des e os seus pro­ble­mas?

—Aín­da que exis­ten aman- tes da ar­te no Bar­ban­za, pen­so que non acu­di­mos ás no­sas pro­pias ci­tas o su­fi­cien­te. Por ou­tra ban­da, ou­tro dos pro­ble­mas que te­mos é que non exis­ti­mos nos me­dios de co­mu­ni­ca­ción au­to­nó­mi­cos. A pren­sa au­dio­vi­sual e es­cri­ta só ten en con­ta ex­po­si­cións en ga­le­rías das ca­pi­tais.

—La Do­ce es­te ano es­ti­vo se­lec­cio­na­da pa­ra par­ti­ci­par en Art Fair. Que su­pu­xo pa­ra a ga­le­ría es­te pa­so tan im­por­tan­te, e ato­par­se en­tre as me­llo­res ga­le­rías do país? Co­mo vi­vis­tes es­ta ex­pe­rien­cia?

—Pois foi un ho­nor ser a úni­ca re­pre­sen­ta­ción ga­le­ga en Ma­drid na Fei­ra In­ter­na­cio­nal de Ar­te Emer­xen­te 2018 (Hy­brid Art Fair), no me­dio de pro­pos­tas de ga­le­rías in­ter­na­cio­nais. Es­ta­mos moi sa­tis­fei­tos do tra­ba­llo por­que gus­tou moi­to a pro­pos­ta de co­mi­sa­ria­do, que saíu en crí­ti­cas e me­dios de co­mu­ni­ca­ción. Vi­ñe­mos car­ga­dos de fe­li­ci­ta­cións e foi un pra­cer re­pre­sen­tar o tra­ba­llo dos ar­tis­tas que vi­ñe­ron acom­pa­ñar­me.

—Ma­ría, co­mo fas, ou fa­ce­des pa­ra pla­ni­fi­car a vo­sa ac­ti­vi­da­de na ga­le­ría e pro­gra­mar to­dos os seus ac­tos?

—O meu gran­de apoio é Vi­cen­te, o meu com­pa­ñei­ro de vi­da e so­cio en La Do­ce. Eu to­mo ca­se to­das as de­ci­sións de pro­gra­ma­ción, pe­ro te­ño un­ha gran­de axu­da po­la súa par­te.

—Coidas que a pai­sa­xe da in­fan­cia de­ter­mi­na o no­so fu­tu­ro?

—O fu­tu­ro bús­ca­se. Lo­go, a sor­te ou o azar fai que ese fu­tu­ro es­tea máis ou me­nos pre­to.

Mar­cha­mos coa con­ver­sa lú­ci­da de Ma­ría Ma­gán, bus­can­do o fu­tu­ro.

ILUS­TRA­CIÓN ABRALDES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.