Cuar­zo, fel­des­pa­to... e ra­don

A ex­po­si­ción ao gas é un xei­to evi­den­te de ris­co na­tu­ral ig­no­ra­do

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - A Voz De Barbantia - JOSE LIRES

A his­to­ria dos avan­ces en cien­cia e tec­no­lo­xía es­tá sa­tu­ra­da de fei­tos ines­pe­ra­dos que su­po­ñen un xi­ro das in­ves­ti­ga­cións re­ma­tan­do en des­cu­bri­men­tos can­do me­nos sor­pren­den­tes. A me­dia­dos dos anos oi­ten­ta do sécu­lo pa­sa­do, un ope­ra­rio dun­ha cen­tral nu­clear en Pen­sil­va­nia dis­pa­ra­ba to­dos os dis­po­si­ti­vos de se­gu­ri­da­de po­la al­ta ra­dia­ción que ema­na­ba do seu cor­po. O cu­rio­so do ca­so era que as alar­mas sal­ta­ban can­do che­ga­ba ca­da ma­ñá á cen­tral, pe­ro non can­do aban­do­na­ba as ins­ta­la­cións. In­cré­du­los, os téc­ni­cos op­ta­ron por rea­li­zar me­di­cións no seu fo­gar. Alí ato­pá­ron­se cun­ha con­cen­tra­ción moi ele­va­da dun gas ra­dio­ac­ti­vo, o ra­don. Pou­cos anos des­pois, o go­berno ame­ri­cano in­cor­po­ra­ba me­di­das pa­ra con­tro­lar a ex­po­si­ción a es­te gas, ao tem­po que a OMS o de­cla­ra­ba co­mo un can­ce­rí­xeno hu­mano.

Pe­ro an­tes de se­guir in­da­gan­do nas ca­rac­te­rís­ti­cas des­te inimi­go in­vi­si­ble, per­mí­tan­me un apun­ta­men­to: a ra­dia­ción na­tu­ral es­ti­vo pre­sen­te na Te­rra den­de moi­to an­tes da apa­ri­ción da vi­da. É máis, al­gun­ha apai­xo­na­da teo­ría si­túa o seu ber­ce nos pri­mi­xe­nios de­pó­si­tos de ura­nio onde se de­ron as con­di­cións pa­ra a pos­ta en fun­cio­na­men­to de reac­to­res nu­clea­res na­tu­rais. Así e to­do, a ca­suís­ti­ca da exis­ten­cia aco­mó­da­se nun le­ne equi­li­brio en­tre o am­bien­te e a pro­pia vi­da que a no­sa es­pe­cie pa­re­ce es­for­zar­se en mo­di­fi­car des­de­ñan­do os ris­cos de ca­rác­ter na­tu­ral.

De­sidia dos ac­to­res

A ex­po­si­ción ao gas ra­don é un exem­plo evi­den­te de ris­co na­tu­ral ig­no­ra­do, non xa tan­to po­lo des­co­ñe­ce­men­to da pro­ble­má­ti­ca, co­mo po­la de­sidia dos ac­to­res im­pli­ca­dos no seu amor­te­ce­men­to. E por que nos acor­da­mos agora de San­ta Bárbara? Den­de hai uns me­ses, os me­dios de co­mu­ni­ca­ción an­dan a in­for­mar da en­tra­da en vi­gor dun­ha di­rec­ti­va eu­ro­pea (apro­ba­da en 2013) que obri­ga o Go­berno es­pa­ñol a re­du­cir o gas ra­don en vi­ven­das e lu­ga­res de tra­ba­llo, lo­go de máis de trin­ta anos de fa­cer oí­dos xor­dos ás ad­ver­ten­cias dos cien­tí­fi­cos.

E tó­ca­nos de cheo. O no­roes­te pe­nin­su­lar com­pren­de zo­nas cun al­to po­ten­cial de ra­don. En­fron­tá­mo­nos a un gas in­co­lo­ro, inodo­ro e in­sí­pi­do ori­xi­na­do na ca­dea de de­sin­te­gra­ción ra­dio­ac­ti­va do ura­nio, moi fre­cuen­te nas ro­chas gra­ní­ti­cas. O pe­ri­go da ex­po­si­ción pro­lon­ga­da a es­te gas con­fir­mou­se en nu­me­ro­sos es­tu­dos que o si­túan co­mo o se­gun­do fac­tor de ris­co, des­pois do ta­ba­quis­mo, de can­cro de pul­món, e o pri­mei­ro nas per­soas non fu­ma­do­ras. Así pois, se en EE.UU. o ni­vel de ac­ción es­ta­blé­ce­se en 148 be­que­re­lios por me­tro cú­bi­co (ex­pre­sión do nú­me­ro de de­sin­te­gra­cións por se- gun­do nun me­tro cú­bi­co de ai­re), com­pa­ra­ble á ra­dia­ción re­ci­bi­da de so­me­tér­mo­nos a 200 pla­cas de tó­rax anuais, a di­rec­ti­va da UE ele­va ese lí­mi­te ata os 300 be­que­re­lios por me­tro cú­bi­co pa­ra ac­tuar. Fa­gan con­tas!

No Bar­ban­za, máis do dez por cen­to das me­di­cións rea­li­za­das po­lo La­bo­ra­to­rio de Ra­don de Ga­li­cia su­pe­ran a re­fe­ren­cia mar­ca­da po­la di­rec­ti­va eu­ro­pea, xa de por si de­ma­sia­do ele­va­da aos ollos dos es­pe­cia­lis­tas. Os da­tos xa os te­ñen, qui­zais se­xa tem­po de esi­xir, a quen co­rres­pon­da, po­lí­ti­cas de diag­no­se e cam­pa­ñas de in­for­ma­ción á so­cie­da­de, mais so­bre to­do un­ha nor­ma­ti­va efi­caz e valente pa­ra con­tro­lar o ra­don e mi­ni­mi­zar os ris­cos pa­ra a saú­de. Se­rá des­ta?

Vi­ven­das cons­truí­das so­bre te­rreos gra­ní­ti­cos na se­rra do Bar­ban­za

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.