A in­fi­de­li­da­de da me­mo­ria

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - A Voz De Barbantia - UXÍA CA­SAL

Se ca­dra, as lem­bran­zas que me­nos cam­bian ao lon­go do tem­po se­xan as in­fan­tís com­par­ti­das cun­ha ir­má ou un­ha ami­ga, esas que aflo­ran a gol­pe de «acór­das­te can­do fi­xe­mos is­to ou pa­sou aqui­lo?»; ca­se sem­pre coin­ci­den, pa­ra go­zo das in­ter­lo­cu­to­ras. Coi­do que non oco­rre o mes­mo coas que se con­ser­van a me­di­da que cre­ce­mos, xa que o no­so ce­re­bro vai acu­mu­lan­do da­tos e in­for­ma­ción, os es­ta­dos de áni­mo —e fí­si­cos— in­flúen en co­mo cap­ta­mos un fei­to e a no­sa men­te vai crean­do, sen se de­ca­tar, lem­bran­zas pa­ra­le­las que, ás ve­ces, pou­co te­ñen que ver co que se vi­viu na reali­da­de, pe­ro, en xe­ral, son as que per­du­ran. Con fre­cuen­cia pe­san máis as im­pre­sións ex­pe­ri­men­ta­das ou a si­tua­ción per­soal, de tal xei­to que, sen que­rer, con­ver­te­mos un­ha si­tua­ción pa­sa­da nou­tra ben di­fe­ren­te. Ten­me oco­rri­do de adul­ta co­men­tar un fei­to con al­guén e non re­co­ñe­ce­lo, co­ma se non es­ti­vé­se­mos xun­tas no mo­men­to vi­vi­do. Re­tru­cas, dis­cu­tes e en­tre as dúas in­ten­ta­mos re­cons­truír o que en reali­da­de acon­te­ceu. Aco­tío es­ta é un­ha ta­re­fa inú­til, por­que re­sul­ta ca­se im­po­si­ble que dúas men­tes fun­cio­nen ao uní­sono e sin­tan o mes­mo. Por iso es­tou con­ven­ci­da de que non hai na­da máis in­fiel có po­zo da me­mo­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.