«A pe­ga­da eco­nó­mi­ca con­cén­tra­se no do­min­go»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Entrevista -

O re­xe­dor po­bren­se abor­dou va­rios apar­ta­dos fun­da­men­tais a ni­vel so­cio­eco­nó­mi­co e or­ga­ni­za­ti­vo das fes­tas do Na­za­reno, co­mo son os be­ne­fi­cios eco­nó­mi­cos que dei­xa na hos­ta­le­ría e co­mer­cios lo­cais, así co­mo a ne­ce­si­da­de dun gran ope­ra­ti­vo pa­ra ga­ran­tir a se­gu­ri­da­de dos mi­llei­ros de asis­ten­tes que aco­lle a vi­la. —¿Con­si­de­ra que es­ta fes­ta dei­xa bos re­sul­ta­dos na economía lo­cal?

—Sí, non só na Po­bra, se­nón en to­da a co­mar­ca, pe­ro é cer­to que a pe­ga­da eco­nó­mi­ca con­cén­tra­se no do­min­go. Aín­da así, nos úl­ti­mos anos pui­de­mos ana­li­zar que ca­da vez máis xen­te fai coin­ci­dir as va­ca­cións co mes do se­tem­bro e o Na­za­reno. A reali­da­de é que a gran maio­ría de res­tau­ran­tes te­ñen to­do re­ser­va­do, por exem­plo, pa­ra des­pois dos ac­tos da pro­ce­sión. —¿Re­pe­ti­rán o gran des­pre­gue de se­gu­ri­da­de?

—Por su­pos­to. Vol­ve­re­mos a op­tar por co­lo­car dis­tin­tos vehícu­los pe­sa­dos pa­ra crear un­ha li­ña de protección e evi­tar que se pro­du­zan atro­pe­los no ca­so dun aten­ta­do. Por ou­tra ban­da, che­ga­rán re­for­zos da Po­li­cía Lo­cal de cor­pos ve­ci­ños dos que xa con­ta­mos cun­ha tra­di­cio­nal co­la­bo­ra­ción, co­mo é o ca­so de Boi­ro. Ade­mais, os no­sos in­te­gran­tes de Protección Civil es­ta­rán con­tro­lan­do os mo­men­tos de maior afluen­cia. —Co­mo ve­ci­ño e asis­ten­te ao Na­za­reno, ¿cre que lle fal­ta al­gun­ha ac­ti­vi­da­de máis a es­ta fes­ta?

—O cer­to é que a apos­ta da co­mi­sión de fes­tas sem­pre é máis que acer­ta­da á ho­ra de sa­tis­fa­cer as de­man­das de to­dos os pú­bli­cos. Por exem­plo, nes­ta oca­sión ché­ga­se a un abano de po­boa­ción moi am­plo co con­cer­to de So­nia Le­be­dinsky. Aín­da así su­po­ño que non es­ta­ría de máis en­ga­dir al­gun­ha ac­ti­vi­da­de máis que es­tea di­ri­xi­da aos mo­zos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.