Mes­tre do ga­le­guis­mo

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - PAS­TOR RO­DRÍ­GUEZ

Na­ci­do o 4 de xu­llo de 1904 en San­ta Cris­ti­na de Barro, Noia, Fer­nán­dez Bar­ba­zán foi pe­ri­to agrí­co­la pro­fe­sio­nal­men­te, pe­ro fi­cou na me­mo­ria co­lec­ti­va po­lo seu amor á cul­tu­ra. Xuíz de Paz na súa vi­la, pro­fe­sor no ins­ti­tu­to, es­cri­tor en re­vis­tas pro­fe­sio­nais, foi un dos co­la­bo­ra­do­res nos anos cin­cuen­ta da re­vis­ta Ta­pal, on­de pu­bli­cou os seus afo­ris­mos co tí­tu­lo De­nan­tes. Os seus ar­ti­gos apa­re­ce­ron ta­mén en La No­che, o xor­nal ves­per­tino de Com­pos­te­la. Agru­pou ou­tros es­cri­tos seus coa de­no­mi­na­ción Ca­ra­po­las, que pu­bli­cou en El Co­rreo Gallego. Ta­mén foi de­bu­xan­te e un gran afec­cio­na­do á con­ver­sa, trans­mi­tin­do o amor ás cou­sas pro­pias aos mo­zos, o que lle foi re­co­ñe­ci­do por Avi­lés de Ta­ra­man­cos nun fer­mo­so ar­ti­go de 1988, O muí­ño. Fa­le­ceu o 6 de abril de 1989. O Con­ce­llo de Noia ex­pu­xo os seus de­bu­xos no ano 1993 e edi­tou un vo­lu­me cos deseños e tex­tos de Ba­si­lio Fer­nán­dez, pro­lo­ga­do por Xa­quín Ma­rín. Xosé Agre­lo Her­mo e Ma­nuel Hermida Igle­sias coor­di­na­ron o su­ple­men­to que lle de­di­cou a re­vis­ta Ala­me­da en 2004. Ba­si­lio Fer­nán­dez pu­bli­cou al­gúns fo­lle­tos en edi­cións non ve­nais co­mo Ho­mes de Noia (1961), De­nan­tes (1961), Ho­mes de Noia II (1968) e De­nan­tes II (1968). An­tes da gue­rra ci­vil par­ti­ci­pou en po­lí­ti­ca, sem­pre en de­fen­sa do re­pu­bli­ca­nis­mo e o ga­le­guis­mo, o que lle va­leu pa­ra ser san­cio­na­do e re­pre­sa­lia­do nos anos da gue­rra. Es­cri­biu ta­mén tra­ba­llos pro­fe­sio­nais co­ma o ti­tu­la­do Los pe­ri­tos y el in­tru­sis­mo, na Re­vis­ta Vi­ní­co­la y Agrí­co­la de Za­ra­go­za no ano 1935. Xa na súa ve­llez par­ti­ci­pou con Avi­lés de Ta­ra­man­cos e ou­tros au­to­res da bis­ba­rra no xor­nal Bar­ban­za.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.