Nas por­tas da Áfri­ca sub­saha­ria­na

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - RO­MÁN ARÉN

Es­ta é a his­to­ria dun­ha via­xe a tra­vés do Se­ne­gal que du­rou os trin­ta días de no­vem­bro do ano 2016. Le­van­do na mo­chi­la un­has car­tas com­pro­me­ti­das, o au­tor vi­si­ta en pri­mei­ro lu­gar Da­kar e Saint Louis, on­de re­si­di­ra An­toi­ne de Saint-Exu­péry, pa­ra des­pois in­ter­nar­se na ci­da­de san­ta de Tou­ba e co­me­zar un­ha adai­na so­li­ta­ria po­la sa­ba­na afri­ca­na coa in­ten­ción de co­ñe­cer o País Bas­sa­ri, on­de vi­ven as tri­bus máis an­ti­gas de Áfri­ca Occidental, per­co­rrer a con­fli­ti­va re­xión de Ca­sa­man­ce, cru­zar nun­ha ca­ra­va­na de es­fa­rra­pa­dos o río Gam­bia, an­tes de mer­gu­llar­se nas au­gas con­ver­ti­das no pun­to de fu­xi­da dos ca­yu­cos, e ex­plo­rar nos de­rra­dei­ros días da súa aven­tu­ra o mos­tei­ro de Keur Mous­sa, o La­go Ro­sa e a evo­ca­do­ra illa de Go­rée, pun­to de em­bar­que dos es­cra­vos que re­ma­ta­ban nas plan­ta­cións agrí­co­las ame­ri­ca­nas.

Cun ca­derno nas mans e ca­mu­fla­do nas ca­mio­ne­tas máis es­tra­fa­la­rias, Xe­rar­do Agra­Fo­xo, des­pois de pu­bli­car Via­xe á úl­ti­ma re­vo­lu­ción (2016), on­de na­rra­ba o seu pe­ri­plo por Cu­ba, per­co­rre agora sen rum­bo fi­xo un te­rri­to­rio do con­ti­nen­te afri­cano, un lu­gar atei­ga­do de vi­ta­li­da­de, pai­sa­xes abraian­tes e pro­ble­mas sen re­sol­ver.

Xe­rar­do X Agra­Fo­xo Editorial E Ga­la­xia (Vi­go, (V 2018)320 3 pá­xi­nas V Via­xes « f d S «O país sen fron­tei­ras. Trin­ta días a tra­vés do Se­ne­gal»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.