Mi­ra­das poé­ti­cas a ca­rón dos ca­mi­ños de San­tia­go

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - PE­DRO GAR­CÍA VIDAL

Pío Costa (Noia, 1952) ache­gou es­te ve­rán ata o Li­ceo noiés a súa par­ti­cu­lar e ori­xi­nal mi­ra­da poé­ti­ca so­bre es­pa­zos e ar­qui­tec­tu­ras que ha­bi­tan os di­fe­ren­tes ca­mi­ños a Com­pos­te­la. Trá­ta­se dun con­xun­to va­rio de ca­dros rea­li­za­dos en plein air ou pin­tu­ra ao ai­re li­bre, to­dos eles im­preg­na­dos de ai­re e de luz.

O ar­tis­ta noiés sae aos «ca­mi­ños» a per­ci­bir no es­pa­zo ur­bano, ob­xec­to de con­su­mo e es­pec­tácu­lo, ima­xes de sig­ni­fi­ca­dos poé­ti­cos e de cua­li­da­des es­té­ti­cas trans­for­ma­das en pai­sa­xes.

Pío con­tem­pla o es­pa­zo cons­truí­do, atra­pa o ins­tan­te, o am­bien­te, e de xei­to es­pe­cial a luz tras da que se ago­cha a cer­na dos lu­ga­res his­tó­ri­cos que te­ñen bai­xo súa sécu­los de mis­te­rio, e sa­be cap­tar e trans­mi­tir ao res­to da so­cie­da­de os seus as­pec­tos máis ín­ti­mos e pro­fun­dos: a al­ma da ci­da­de, a for­za crea­do­ra dun­ha so­cie­da­de que apa­re­ce así re­flec­ti­da no len­zo.

In­tér­pre­te das co­res e da luz, Pío lo­gra le­var ao ca­dro esa vi­bra­ción cá­li­da de am­bien­tes e es­pa­zos nun es­tu­da­do equi­li­brio, me­dian­te de­li­ca­dos efec­tos cro­má­ti­cos da irrea­li­da­de en ocres e azuis. Tra­ba­lla as po­si­bi­li­da­des da ma­te­ria cun­ha mi­ra­da pro­pia, on­de o con­tras­te cro­má­ti­co de­fi­ne un­ha pe­ga­da pic­tó­ri­ca que al­ter­na o es­vae­ci­do e de­gra­da­do de cor so­bre o que se mos­tran e so­bre­po­ñen, pe­ro non fan des­apa­re­cer a fi­gu­ra. Así, tras un­ha par­ti­cu­lar re­fe­ren­cia de reali­da­de, un­ha cal­cu­la­da am­bi­güi­da­de flúe das teas. Ele­gan­cia, ori­xi­na­li­da­de e bo gus­to na mes­tu­ra da cor fan da súa obra un­ha crea­ción poé­ti­ca cun­ha at­mos­fe­ra pro­pia que a fai re­co­ñe­ci­ble.

Ti­tá­ni­ca vo­ca­ción

Ar­tis­ta de ti­tá­ni­ca vo­ca­ción, Pío po­súe a cer­te­za de quen do­mi­na a téc­ni­ca, de quen se sen­te se­gu­ro en ca­da tra­zo de tras­la­dar á tea a con­xun­ción poé­ti­ca de am­bien­te e es­pa­zo. Exe­cu­tor pre­ci­so do es­vae­ci­do, po­rén por de­bai­xo da cor adi­ví­ña­se igual­men­te o seu com­ple­to do­mi­nio do de­bu­xo. Ob­ser­va­dor aten­to das pai­sa­xes an­tró­pi­cas on­de a reali­da­de mi­ne­ral man- da, po­rén nos seus len­zos a mes­ma iner­te pe­dra, en su­tís tons ocres sa­bia­men­te com­bi­na­dos con azuis, apa­re­ce chea de mo­ve­men­to e di­na­mis­mo dan­do for­ma a un es­ti­lo moi per­soal.

«O mun­do exis­te por­que o po­de­mos ver e sen­tir, e a ar­te xo­ga un pa­pel im­por­tan­te na for­ma co­mo o va­lo­ra­mos, por­que in­flúe na no­sa re­cep­ti­vi­da­de e mo­de­la no­sa vi­sión», di­nos Moya Pe­lli­te­ro (2011: 79). A pin­tu­ra, co­mo un­ha de­sas ar­tes, re­vé­la­se co­mo un po­de­ro­so ins­tru­men­to que che­ga ás men­tes e co­ra­zóns de ou­tras per­soas, sen nin­gun­ha pre­pa­ra­ción pre­via, pa­ra to­car os re­sor­tes sen­si­bles que ac­ti­van as emo­cións.

Go­ce­mos pois des­tas mi­ra­das in­tere­sa­das a ca­rón dos ca­mi­ños a San­tia­go do ar­tis­ta Pío Costa, e dei­xé­mo­nos le­var por esa axei­ta­da co­mu­ñón de luz e cor que ache­ga ca­da obra a un­ha com­po­si­ción poé­ti­ca, pois trans­mi­te os va­lo­res sen­so­riais do es­pa­zo máis alá dun puro ele­men­to fí­si­co, di­ri­xi­da a con­mo­ver o es­pec­ta­dor.

Pío Costa, un mo­do poé­ti­co de pen­sar, de ver e de sen­tir a ci­da­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.