Ca­mas per­fec­tas

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - X. Ricardo Lo­sa­da

Can­do fi­xe­mos o re­par­to das ta­re­fas do­més­ti­cas, a mu­ller pro­pu­xo que ela lle pa­sa­ba o fe­rro á súa rou­pa e eu á mi­ña. Pa­re­ceu­me ra­zoa­ble pe­ro sos­pei­to­so. Era a úni­ca ta­re­fa na que di­vi­dia­mos ao cin­cuen­ta por cen­to o tra­ba­llo. No res­to, un clá­si­co is­to pa­ra ti, is­to pa­ra min. Co­mo non me gus­ta ser mal pen­sa­do, me­nos aín­da coa mu­ller coa que ía com­par­tir a mi­ña vi­da, ne­guei­me a pen­sar (por­que o pen­sa­ba) que a ra­zón de fon­do era que a súa co­que­te­ría se ne­ga­ba a saír á rúa coa rou­pa en­gu­rra­da. Se eu lle pa­sa­ba o fe­rro, ela te­ría que vol­ver pa­sar­llo e, pa­ra iso, me­llor fa­cer ela o tra­ba­llo des­de o prin­ci­pio.

Aín­da así, pa­sar o fe­rro é a úni­ca ta­re­fa da casa á que lle te­ño ca­ri­ño. A mi­ña ex­pe­rien­cia in­fan­til de ob­ser­va­dor in­cons­cien­te das di­ná­mi­cas ca­sei­ras de mi­ña nai ché­ga­me da­bon­do pa­ra fa­cer un­has pa­sa­das de fe­rro máis que de­cen­tes. Non me pa­sa o mes­mo co res­to das ta­re­fas, pois non me que­da ou­tra que fa­ce­las co mó­bil á man. An­tes de col­gar a rou­pa fó­ra, por exem­plo, te­ño que ac­ce­der á apli­ca­ción de Me­teoga­li­cia (mi­cro­cli­mas.com) e ver as pre­vi­sións me­teo­ro­ló­xi­cas lo­cais pa­ra a te­rra­za da mi­ña casa; se a col­go den­tro, a un­ha pá­xi­na de in­ter­net (tec­no­la­bo­res­ca­sei­ras.com) que me per­mi­te cal­cu­lar a hu­mi­da­de e de­mais va­ria­bles am­bien­tais do cuar­to.

Des­pois de fa­cer a ca­ma te­ño que man­dar­lle un­ha fo­to co re­sul­ta­do a un­ha apli­ca­ción di­xi­tal (ca­mas­per­fec­tas.com) que me pon no­ta. Se é me­nos de un 10, o mó­bil blo­quéa­se, agás esa apli­ca­ción, ata que aca­do o re­sul­ta­do que a mu­ller me esi­xe. An­tes de fre­gar te­ño que ac­ti­var ou­tra apli­ca­ción que, tras dar­lle un­ha se­rie de datos (me­tros ca­dra­dos da su­per­fi­cie, tem­po que le­va sen fre­gar, usos dos úl­ti­mos días), in­fór­ma­me de co­mo de­bo pre­pa­rar a au­ga do cu­bo e de co­mo de­bo mover os flo­cos da fre­go­na, tan­to no es­co­rre­doi­ro co­ma no chan.

Hai pou­co oín­lle di­cir a un ex­per­to que o wa­sap acer­ca a xen­te que es­tá lon­xe e afas­ta a xen­te que es­tá cer­ca. É o que me pa­sa a min con es­tas no­vas tec­no­lo­xías ca­sei­ras. Fan­me amar o pa­sa­do, que es­tá lon­xe, ca­da vez máis lon­xe, e odiar o fu­tu­ro, que es­tá cer­ca, ca­da vez máis cer­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.