Equi­noc­cio

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - MA­RÍA XESÚS BLAN­CO

No in­ter­lu­dio a bri­sa ache­ga sem­pre olo­res mes­tu­ra­dos, co­mo de pi­ñei­ro en­xoi­to e area mo­lla­da. Cal­que­ra día un­ha co­lo­ra­ción gris e hu­me­de­ci­da anega­rá es­ta pai­sa­xe. Mais ho­xe a al­bo­ra­da vol­veu abrir des­pe­xa­da. E o se­rán zu­me­ga un ve­rán que se re­sis­te a es­va­rar no ca­rrei­ro do fu­xi­dío. No pa­seo de­ci­do botar man da cá­ma­ra do mó­bil, co­mo tan­tas ve­ces. Se­rá por­que non son un­ha tu­ris­ta nes­te lu­gar do que non me can­so de ollar a súa lu­mi­no­si­da­de. E nes­ta mu­dan­za gus­ta­ría­me re­tra­tar as bol­bo­re­tas cla­re­xan­do co­mo al­faias na som­bra alon- ga­da das sil­vei­ras. Elas ta­mén an­he­lan o vi­ño das amo­ras. A pri­mei­ra ima­xe sae des­en­fo­ca­da na pantalla. Ares­to­ra son cons­cien­te de que hei de con­for­mar­me co har­mo­nio­so ins­tan­te da vi­sión. Pre­to da ri­bei­ra co­rre de sú­pe­to un ai­ri­ño máis fres­co. E pres­ta a con­tem­pla­ción da luz so­lar mer­gu­llán­do­se sen me­su­ra na pel lí­qui­da e ou­sa­da do ho­ri­zon­te. Atrás que­dan as me­sas de pe­dra al­ga­rei­ras con olor a ca­fé e a sa­li­tre. E a area da praia atei­ga­da de mul­ti­tu­des. Que be­le­za trans­mi­te a nu­dez da pai­sa­xe! Aín­da que a súa to­na­li­da­de ex­hi­ba un­ha com­bi­na­ción de co­res es­tra­ña, un­ha cla­ri­da­de am­bi­gua.

Ima­xe no in­ter­lu­dio cap­tu­ra­da coa cá­ma­ra do mó­bil. Bai­xo un sol sal­va­xe que quei­ma o ini­cio do ou­tono in­túe­se un ven­to va­ria­ble, un nor­dés amo­sán­do­se tí­mi­do no tránsito do equi­noc­cio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.