Noia, re­fu­xio de Be­ren­guel de Lan­doi­ra

O su­ce­sor pa­pal de Ro­dri­go de Pa­drón es­ti­vo en­ce­rra­do 12 días nas ce­las da ca­te­dral

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - XE­RAR­DO AGRA­FO­XO

Can­do mo­rreu no ano 1316 o ar­ce­bis­po Ro­dri­go de Pa­drón, os en­fron­ta­men­tos en­tre os bur­gue­ses e o ca­bi­do com­pos­te­lán pa­ra no­mear o seu su­ce­sor trou­xe­ron consecuencias in­sos­pei­ta­das. En­tre os can­di­da­tos que se pre­sen­ta­ron pa­ra su­ce­de­lo, o ca­bi­do es­co­lleu dous: Ro­dri­go Ia­nes de Pa­ra­da, so­bri­ño do pre­la­do an­te­rior, e Afon­so Ia­ñes, xuíz de Luou.

A dis­cor­dia me­drou can­do o pa­pa Xoán XXII to­mou un­ha de­ci­sión au­daz. O 15 de xu­llo de 1317 eli­xiu co­mo no­vo ar­ce­bis­po a Be­ren­guel de Lan­doi­ra, un fran­cés de 55 anos. Te­ría que en­fron­tar­se con ca­tro gran­des pro­ble­mas: a súa ori­xe fran­ce­sa; a opo­si­ción dos bur­gue­ses do Lo­cus San­cti que vi­ron fe­ri­do o seu afán au­to­no­mis­ta; a des­con­for­mi­da­de dos cam­pe­si­ños ex­haus­tos po­la po­lí­ti­ca fis­cal da Mi­tra; e a des­apa­ri­ción da casa con­dal de Tra­ba, o cu­mio máis ele­va­do do po­der feu­dal, que lles ase­gu­ra­ra aos pre­la­dos a obe­dien­cia da no­bre­za ga­le­ga.

Un pro­ble­ma par­ti­cu­lar pren­de­ría a cha­ma dun­ha si­tua­ción in­sos­ti­ble: o ar­ce­dia­go de Nen­dos, Ro­dri­go de Ia­nes, con­ce­dé­ra­lle a Alon­so Suá­rez de Deza —mei­ri­ño do in­fan­te Don Fi­li­pe— a for­ta­le­za da ca­te­dral, os te­sou­ros e ofren­das do al­tar e os cas­te­los da Mi­tra, bai­xo o xu­ra­men­to de de­vol­ve­los can­do os re­cla­ma­se o no­vo ar­ce­bis­po.

Rum­bo a San­tia­go

On­ce me­ses des­pois, o 3 de maio de 1318, Be­ren­guel de Lan­doi­ra saíu rum­bo a San­tia­go de Com­pos­te­la. No seu sé­qui­to con­ta­ba con Ber­nar­dus Ca­rre­rus e Hu­go de Ve­zin, dous fra­des do­mi­ni­cos; Ai­me­ri­co de An­teiac, or­ga­ni­za­dor da ad­mi­nis­tra­ción eclesiástica; Juan Fa­bre, ex­per- to en fi­nan­zas; e un fa­to de ca­ba­lei­ros e ofi­ciais en­car­ga­dos de con­du­cir as súas mi­li­cias e des­pa­char os seus asun­tos do­més­ti­cos. En Va­lla­do­lid foi re­ci­bi­do po­lo rei Afon­so XI e súa avoa, a raí­ña Ma­ría de Mo­li­na. A in­ten­ción de­la era con­se­guir a par­ti­ci­pa­ción pon­ti­fi­cia na Cru­za­da con­tra os ára­bes, a cam­bio de despensas por ma­tri­mo­nios irre­gu­la­res e de pa­ren­tes reais e a po­si­bi­li­da­de de in­dul­xen­cias pa­ra can­tos cris­tiáns par­ti­ci­pa­sen na em­pre­sa bé­li­ca con­tra os sa­rra­ce­nos.

Des­pois des­ta en­tre­vis­ta, o ar­ce­bis­po em­pren­deu o ca­mi­ño ata San­tia­go. O 12 de no­vem­bro de 1318 che­gou po­la ru­ta xa­co­bea a Me­li­de. Nes­ta vi­la co­ñe­ceu que o in­fan­te Don Fi­li­pe e Alon­so Suá­rez de Deza es­ta­ban dis­pos­tos a de­vol­ver­lle as te­rras e for­ta­le­zas do se­ño­río, pe­ro ne­gá­ban­se a con­ce­der­lle a ci­da­de do Após­to­lo. O con­ce­llo non que­ría re­nun­ciar á súa au­to­no­mía, un­ha loi­ta que man­ti­ña co se­ño­río epis­co­pal den­de sécu­los atrás.

Lu­me nos pa­zos

Nes­ta com­pro­me­ti­da si­tua­ción, ven­do o ar­ce­bis­po que ti­ña pe­cha­das as por­tas da ci­da­de de San­tia­go, de­ci­diu re­fu­xiar­se no Cas­te­lo da Ro­cha For­te. Den­de aquí via­xou ata a for­ta­le­za da Ro­cha Bran­ca (Pa­drón), Pon­te­ve­dra e Por­tu­gal, on­de bus­cou a me­dia­ción do rei Dio­nís. Men­tres tan­to, os bur­gue­ses do Lo­cus San­cti, apoia­dos po­lo ca­ba­lei­ro Alon­so Suá­rez de Deza, pren­dé­ron­lle lu­me ós pa­zos ar­ce­bis­pais.

Can­do re­gre­sa­ba da súa ex­pe­di­ción tras a raia do Mi­ño, Be­ren­guel de Lan­doi­ra caeu nun­ha em­bos­ca­da pre­pa­ra­da po­los seus inimi­gos. Es­ti­vo en­ce­rra­do 12 días nas ce­las da ca­te­dral de San­tia­go. Pa­ra so­bre­vi­vir du­ran­te o ca­ti­ve­rio, mes­mo se viu na obri­ga de ma­tar un ca­ba­lo e co­mer a súa car­ne. Uns me­ses máis tar­de des­ta ce­la­da, re­fu­xiou­se en Noia.

FO­TO MAR­COS CREO

O ar­ce­bis­po Be­ren­guel de Lan­doi­ra apa­re­ce axeon­lla­do á es­quer­da da Vir­xe, no tím­pano da igre­xa de San­ta Ma­ría a No­va, en Noia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.