E eles, ¿que bi­cho pre­fi­ren?

HO­XE SON ELES, OS NE­NOS, OS VER­DA­DEI­ROS DES­TI­NA­TA­RIOS, OS QUE FAN DE GUÍAS PO­LO SA­LÓN DO LI­BRO DE PON­TE­VE­DRA. ELES ELIXEN O QUE LLES GUS­TA E O QUE CREN QUE DE­BE­MOS SA­BER

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS -

CAR­MEN GAR­CÍA DE BUR­GOS |Éo seu ti­tor quen os eli­xe. Pe­ro pri­mei­ro lles pre­gun­ta: «¿Que­re­des fa­cer de guías a es­tes xor­na­lis­tas?». Ai­noa é fa­la­do­ra, ma­lia que ao prin­ci­pio lle po­de a ti­mi­dez. Xo­sé Ra­món é tí­mi­do, pe­ro co­mo se tra­ta de bi­chos ra­pi­da­men­te per­de a ver­go­ña e empeza a sol­tar­se. A pri­mei­ra pa­ra­da é, co­mo non po­de ser dou­tro xei­to, a súa pro­pia apor­ta­ción ao Sa­lón do li­bro In­fan­til e Xu­ve­nil de Pon­te­ve­dra, ti­tu­la­do es­te ano Can­ta bi­che­ría! «É un bi­cho con den­tes de ave, cor­po de ce­bra, un pes­co­zo moi lon­go...», empeza Ai­noa, de 11 anos. Cór­ta­lle Xo­sé Ra­món: «... e ten pin­ta de bru­xa, por­que con es­tes pe­los...”. Ri, e se­gue ela: «As súas chu­ches fa­vo­ri­tas son os pa­peis re­ci­cla­dos», en­ga­de si­na­lan­do un cu­cu­ru­cho fei­to de pa­pel de xor­nal.

De se­gui­do, Ai­noa ti­ra ca­ra a un mou­cho fei­to de pa­pel car­tón e plu­mas. É bran­co, dun me­tro de al­tu­ra apro­xi­ma­da­men­te, e ta­mén é o seu fa­vo­ri­to po­lo ani­mal que re­pre­sen­ta e po­lo bo­ni­to da súa plu­ma­xe. «Pa­re­ce moi di­fí­cil fa­ce­lo e pe­gar­lle to­das as plu­mas», re­co­ñe­ce. Es­tán aín­da na zo­na dos tra­ba­llos fei­tos po­los pro­pios es­co­la­res de Pon­te­ve­dra. E sal­tan dun a ou­tro dei­xán­do­se le­var. Tó­ca­lle a Xo­sé Ra­món. Non o du­bi­da e vai di­rec­ta­men­te ca­ra a un acua­rio que re­pro­du­ce un há­bi­tat hú­mi­do. «Ve­se a sim­ple vis­ta que non son reais», ase­gu­ra con ro­tun­di­da­de can­do se lle pre­gun­ta, dei­xan­do en evi­den­cia a pou­ca ló­xi­ca da in­te­rro­ga­ción. Ten 10 anos, un me­nos ca súa com­pa­ñei­ra de cla­se do CEIP Pon­te­sam­paio. O que máis lle gus­ta son as ras, ten va­rias e ado­ra o seu son e as súas co­res. To­do alí den­tro es­tá fei­to con cos­tu­ras, e Xo­sé Ra­món é quen de enu­me­rar un a un to­dos os bi­chos que al­ber­ga sen du­bi­dar.

Pe­ro xo­ga con van­ta­xe: é un aman­te dos ani­mais e na súa ca­sa ten mes­mo un­ha ser­pe, en­tre ou­tros moi­tos bi­chos. Os seus pais non lle dei­xa­ron com­prar un­ha ve­le­no­sa, e o pe­queno lem­bra que se pu­xo moi tris­te o día que veu ao seu pai ma­tar un­ha. «Pe­ro po­den fa­cer­che dano». «Seino, pe­ro en­tón era pe­queno e non o sa­bía», res­pos­ta. Ta­mén lle apai­xo­nan as for­mi­gas. «Na ca­sa te­ño un for­mi­guei­ro e lle bo­to azu­cre, e can­do as ve­xo no xar­dín vou de­trás de­las», con­ta, se­gu­ro de sa­ber do te­ma máis que a maio­ría da xen­te que per­co­rre o Pa­zo da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.