Manuel Luei­ro: «camiño aber­to»

CÚMPRENSE CEN ANOS DO NA­CE­MEN­TO DO ESCRITOR MANUEL LUEI­RO REY (FOR­NE­LOS, 1916-O GRO­VE, 1990) E CO­ME­ZAN A CO­LLER COR­PO DI­VER­SAS INI­CIA­TI­VAS PA­RA AC­TUA­LI­ZAR A SÚA OBRA LI­TE­RA­RIA

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS -

RA­MÓN NI­CO­LÁS | «Me­mo­ria», pre­ci­sa­men­te, é a pa­la­bra que máis se reite­ra na obra li­te­ra­ria de Manuel Luei­ro Rey, aso­cia­da en moi­tas oca­sións co ter­mo «fe­ri­da». Cun pou­co de for­tu­na esa «me­mo­ria fe­ri­da» vai mo­du­lar­se nun «camiño aber­to», tal e como se ti­tu­la­rá un­ha pró­xi­ma ex­po­si­ción bio-bi­blio­grá­fi­ca que aco­lle­rá o Pa­zo da Cul­tu­ra pon­te­ve­drés en­tre os me­ses de maio e de xu­ño e on­de se desen­vol­ve­rán en­con­tros li­te­ra­rios, re­ci­tais poé­ti­cos e ou­tras ac­ti­vi­da­des. Con­tém­pla­se pre­sen­tar tan­to un­ha re­edi­ción de Non de­bían me­drar (Xe­rais), li­bro im­por­tan­te na tra­xec­to­ria na­rra­ti­va de Luei­ro, que esi­xía un­ha edi­ción ase­qui­ble e con in­ten­ción di­vul­ga­ti­va, e mais un vo­lu­me iné­di­to: No­vas cró­ni­cas dun­ha tran­si­ción in­tran­si­xen­te (Laio­ven­to), que re­co­lle as cró­ni­cas que o au­tor pu­bli­cou en lin­gua ga­le­ga se­guin­do o es­pí­ri­to dou­tro tí­tu­lo no que ex­hi­bía un­ha se­me­llan­te to­na­li­da­de crí­ti­ca e com­ba­ti­va como foi Cró­ni­cas de una tran­si­ción in­tran­si­gen­te (1985). Tal­vez es­ta no­va com­pi­la­ción poi­da axu­dar a re­si­tuar a fi­gu­ra de Luei­ro como co­lum­nis­ta en di­ver­sos me­dios: esa pre­sen­za que se es­ten­de des­de que en 1935 pu­bli­ca o seu pri­mei­ro ar­ti­go con­tra a apli­ca­ción da pe­na de mor­te nas pá­xi­nas de El País pon­te­ve­drés, xor­nal di­ri­xi­do por Ro­ber­to Blan­co To­rres, e que con­clúe, es­ca­sas ho­ras des­pois de seu fa­le­ce­men­to, cun­ha sor­te de tes­ta­men­to vi­tal en for­ma de ar­ti­go ti­tu­la­do A to­dos los míos, como pre­sen­cia.

Os es­pa­zos vi­tais

Ao per­fil do pro­pio Luei­ro acáe­lle a cua­li­fi­ca­ción de «camiño aber­to» pois ne­sa de­no­mi­na­ción re­pou­sa a po­li­fa­ce­cia do seu la­bor crea­ti­vo. Á mar­xe do que cons­ti­túe un ca­pí­tu­lo aín­da por es­tu­dar como foi o da in­ten­sa ac­ti­vi­da­de po­lí­ti­ca desen­vol­ta des­de os tem­pos da clan­des­ti­ni­da­de, o seu le­ga­do re­pou­sa nun­ha ache­ga poé­ti­ca e na­rra­ti­va de en­ti­da­de que agro­ma des­de ca­tro es­pa­zos te­rri­to­riais como son For­ne­los de Mon­tes, ese lu­gar á som­bra do Suí­do que foi re­lo­xo da súa ne­nez, ori­xe e inocen­cia; O Gro­ve, que bau­ti­zou como un­ha «vila con raíz na au­ga»; Pon­te­ve­dra, ci­da­de on­de tra­ba­llou to­da a súa vi­da, e Bue­nos Ai­res, me­tró­po­le que vi­si­tou en ca­tro oca­sións e que pa­ra el su­pu­xo «des­cu­brir un­ha no­va vi­da», so­bre to­do da man dos seus ami­gos Luís Seoa­ne, Lo­ren­zo Va­re­la e Ar­tu­ro Cua­dra­do. Den­tro da súa tra­xec­to­ria li­te­ra­ria, con­for­ma­da por pro­pos­tas nas que com­bi­nou a lin­gua cas­te­lá e a lin­gua ga­le­ga, non re­sul­ta doa­do sa­lien­tar al­gúns tí­tu­los. Tal­vez cum­pri­ría re­fe­rir­se a Manso, no­ve­la tra­du­ci­da e pu­bli­ca­da por Ga­la­xia en lin­gua ga­le­ga na que in­tro­du­ce a te­má­ti­ca da Gue­rra Ci­vil, ou Non de­bían me­drar: tex­to des­car­na­do e du­ro, con pro­ta­go­nis­mo in­fan­til, me­mo­ra­ble po­lo do­mi­nio da ora­li­da­de que ex­hi­be e por trans­mi­tir con trans­pa­ren­cia os du­ros tem­pos da pos­gue­rra; sen es­que­cer os re­la­tos que ali­men­tan O sol na cris­ta do ga­lo, es­pe­llo de boa par­te da súa pro­pia bio­gra­fía, dos días con­vul­sos da Gue­rra Ci­vil e do que veu des­pois.

Non foi me­nor a súa ache­ga ao xé­ne­ro poé­ti­co on­de des­ta­can o ini­ciá­ti­co Un tem­po de sol a sol (1971), Es­col­ma fe­ri­da (1977), No­va es­col­ma fe­ri­da (1988) ou o pós­tu­mo De­rra­dei­ra es­col­ma fe­ri­da (2003). Un­ha poe­sía que Car­los Gur­mén­dez, e re­sul­ta ben apli­ca­ble es­ta ca­rac­te­ri­za­ción ao res­to da súa obra, en­ten­deu que na­cía «dun­ha con­cep­ción poé­ti­ca da alie­na­ción».

Hai cen anos na­cía Luei­ro Rey: esa «con­cien­cia crí­ti­ca per­ma­nen­te ra­di­cal» como o de­no­mi­nou Xe­sús Alon­so Montero; ese «poe­ta sub­ver­si­vo» do que fa­lou Mén­dez Fe­rrín. Hon­ra­lo, e lem­bra­lo es­pe­cial­men­te es­te ano, hon­ra.

NA­RRA­DOR, CO­LUM­NIS­TA, «POE­TA SUB­VER­SI­VO», LUEI­RO DESEN­VOL­VEU UN­HA IN­TEN­SA AC­TI­VI­DA­DE PO­LÍ­TI­CA AÍN­DA POR ES­TU­DAR

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.