Za­mo­ra Vi­cen­te (1916-2016)

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - XE­SÚS ALON­SO MONTERO

Odía 18 des­te mes de abril a Fa­cul­ta­de de Fi­lo­lo­xía da Com­plu­ten­se (Ma­drid) ho­me­na­xea­rá a un fi­ló­lo­go ilus­tre que foi pro­fe­sor de­sa Fa­cul­ta­de, na que se xu­bi­lou. Or­ga­ni­zan es­te re­co­ñe­ce­men­to dis­cí­pu­los e ex alum­nos, o que pro­ba que o mes­tre es­tá moi pre­sen­te na lem­bran­za de­les dez anos des­pois do seu pa­sa­men­to (14-32006). A Real Aca­de­mia Ga­le­ga, da que don Alon­so Za­mo­ra foi mem­bro co­rres­pon­den­te, ad­he­riu­se cun es­cri­to no que sa­lien­ta a bio­gra­fía «ga­le­ga» de quen foi ca­te­drá­ti­co de Literatura es­pa­ño­la na Uni­ver­si­da­de de Com­pos­te­la de 1943 a 1946.

Za­mo­ra Vi­cen­te, da es­co­la fi­lo­ló­xi­ca de don Ra­món Me­nén­dez Pidal e alumno do Mes­tre, apro­vei­tou os tres anos com­pos­te­láns pa­ra fa­cer ca­tro va­lio­sí­si­mas in­cur­sións no ei­do da dia­lec­to­lo­xía do ga­le­go, en­tre elas a ghea­da e o se­seo, in­cur­sións pio­nei­ras na no­sa his­to­rio­gra­fía lin­güís­ti­ca. Fí­xoo con me­dios mí­ni­mos: en­tre­vis­tan­do aos alum­nos que es­ta­ban en con­di­cións de ofre­ce­ren da­tos fia­bles do fa­lar da súa al­dea ou co­mar­ca. O pro­fe­sor Za­mo­ra con­tou nun­ha en­tre­vis­ta que, en oca­sións, acom­pa­ña­ba, por cer­tos lu­ga­res de Ga­li­cia, ao dou­tor Ul­piano Vi­lla­nue­va, ca­te­drá­ti­co da Fa­cul­ta­de de Me­di­ci­na, co que ti­ña moi boa sin­to­nía. (Non eran «afec­tos» ao Ré­xi­me). Ás ve­ces, re­gre­sou de­sas via­xes con da­tos lin­güís­ti­cos que com­ple­men­ta­ban os ache­ga­dos po­los alum­nos.

O Ins­ti­tu­to da Lin­gua Ga­le­ga, on­de o seu no­me é moi res­pec­ta­do, de­di­cou­lle hai bas­tan­tes anos, como ho­me­na­xe, un anexo da re­vis­ta Ver­ba no que se re­co­llen os seus tra­ba­llos de te­ma ga­le­go e ou­tros ar­ti­gos dia­lec­to­ló­xi­cos. Ne­sa oca­sión, o pro­fe­sor An­tón San­ta­ma­ri­na fi­xo a ga­ban­za aca­dé­mi­ca do ilus­tre lin­güis­ta, lau­da­tio ri­go­ro­sa e xus­ta que fi­na­li­zou des­te xei­to: «Pro­fe­sor Za­mo­ra Vi­cen­te: con ghea­da e con se­seo, moi­tas jra­sias».

Sa­bi­do é que Za­mo­ra Vi­cen­te foi un gran va­llein­cla­nó­lo­go, e cóns­ta­nos que apro­vei­tou moi ben os tres anos ga­le­gos pa­ra fa­mi­lia­ri­zar­se coa xeografía do gran escritor e pa­ra in­te­rro­gar a com­pos­te­láns que o tra­ta­ran e do que eran sa­ga­ces lec­to­res, como o dou­tor Do­min­go Gar­cía-Sa­bell. Ta­mén é sa­bi­do que, en 1967, Alon­so Za­mo­ra Vi­cen­te in­gre­sou na Real Aca­de­mia Es­pa­ño­la cun ilu­mi­na­dor dis­cur­so de te­ma va­llein­cla­nes­co: Ase­dio a Lu­ces de bohe­mia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.