Santiago abre a por­ta de Amé­ri­ca La­ti­na

A CA­PI­TAL AR­XEN­TI­NA DE­DI­CA A COM­POS­TE­LA E AOS SEUS CREA­DO­RES A EDI­CIÓN DES­TE ANO DA PRIN­CI­PAL CI­TA EDI­TO­RIAL DE IBE­ROA­MÉ­RI­CA, NA QUE GA­LI­CIA AMO­SA­RÁ O SEU PO­TEN­CIAL CREA­TI­VO EN­TRE O 21 DE ABRIL E O 9 DE MAIO

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS -

F. E. | Bos Ai­res, a ca­pi­tal ga­le­ga da emi­gra­ción, fa­la­rá máis ga­le­go que nun­ca en­tre o 21 de abril e o 9 de maio. A súa fei­ra in­ter­na­cio­nal do li­bro, a de máis pres­ti­xio de to­da Ibe­roa­mé­ri­ca, de­di­ca a edi­ción des­te ano a Santiago de Com­pos­te­la e, a tra­vés dos crea­do­res da ci­da­de san­tia­gue­sa, ao po­ten­cial li­te­ra­rio, tan­to no ei­do crea­ti­vo como no da pro­du­ción, de Ga­li­cia.

A ex­pe­di­ción ga­le­ga pre­vé fa­cer un am­plo re­la­to­rio da cul­tu­ra da co­mu­ni­da­de a tra­vés de máis de 150 ac­ti­vi­da­des pro­gra­ma­das ao lon­go das ca­se tres se­ma­nas que du­ra­rá a fei­ra. A di­ver­si­da­de de for­ma­tos, o pro­ta­go­nis­mo do li­bro e o diá­lo­go en­tre au­to­res ga­le­gos e ar­xen­ti­nos cen­tran o calendario de ac­tos cos que Ga­li­cia pro­xec­ta­rá a va­lía do seu sec­tor edi­to­rial nes­te even­to cul­tu­ral de re­fe­ren­cia in­ter­na­cio­nal.

A co­mi­ti­va ofi­cial ga­le­ga in­clúe a par­ti­ci­pa­ción de máis dun­ha vin­te­na de edi­to­riais e un­ha trin­te­na de es­cri­to­res e au­to­res, que par­ti­ci­pa­rán nos co­lo­quios, re­ci­tais poé­ti­cos, con­fe­ren­cias, pre­sen­ta­cións de obras e en­con­tros cos lec­to­res ao lon­go dos di­fe­ren­tes es­pa­zos que ocu­pa­rá a fei­ra na ca­pi­tal por­te­ña.

A ci­ta de Bos Ai­res con­vér­te­se, en pa­la­bras do con­se­llei­ro de Cul­tu­ra e Edu­ca­ción, Ro­mán Rodríguez, «nun­ha opor­tu­ni­da­de his­tó­ri­ca pa­ra amo­sar a for­za e a pro­fe­sio­na­li­da­de do sec­tor do li­bro e as súas po­ten­cia­li­da­des pa­ra me­drar e desen­vol­ver­se nou- tros mer­ca­dos, así como pa­ra a pro­xec­ción e a vi­sua­li­za­ción da cul­tu­ra ga­le­ga no seu con­xun­to, nun es­pa­zo, Ar­xen­ti­na e Amé­ri­ca La­ti­na, ao que Ga­li­cia es­tá fon­da­men­te li­ga­da».

To­dos os xé­ne­ros

A prin­ci­pal apos­ta da ex­pe­di­ción ga­le­ga a Bos Ai­res pa­sa por amo­sar a ri­que­za dos seus crea­do­res. Así, ha­be­rá co­lo­quios so­bre te­mas tan dis­pa­res como a poe­sía es­cri­ta por mu­lle­res, a no­ve­la ne­gra en Ga­li­cia ou a tra­du­ción dos clá­si­cos, que al­ter­na­rán con lec­tu­ras dra­ma­ti­za­das, obra­doi­ros de ilustración e con­fe­ren­cias so­bre cien­cia, por ci­tar al­gúns exem­plos.

Pe­ro Santiago e Ga­li­cia non só pre­su­mi­rán da for­ta­le­za da súa ac­tual xe­ra­ción de crea­do­res, se­nón que apro­vei­ta­rá ade­mais o ti­rón dal­gúns dos seus clá­si­cos, como Eduardo Blan­co Amor, Va­lle In­clán ou Ca­mi­lo José Cela, so­bre os que se rea­li­za­rán ex­po­si­cións or­ga­ni­za­das por Ga­la­xia, o Con­se­llo da Cul­tu­ra Ga­le­ga e a Fun­da­ción Pú­bli­ca Ca­mi­lo José Cela. A ofer­ta com­ple­men­ta­ria da fei­ra cé­rra­se coa mos­tra Santiago, un­ha ci­da­de ilus­tra­da e coa ex­po­si­ción José Suá­rez, uns ollos vi­vos que pen­san, so­bre a obra fir­ma­da po­lo fo­tó­gra­fo de Alla­riz.

A ex­pe­di­ción de au­to­res da es­cri­ta, des­de a poe­sía, a na­rra­ti­va, o tea­tro, o en­saio, a ilustración, a di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca e a gas­tro­no­mía, que es­ta­rán pre­sen­tes na pro­gra­ma­ción in­clúe, en­tre ou­tros, a Manuel Ri­vas, Do­min­go Villar, Xa­vier Quei­po, María So­lar, Yo­lan­da Cas­ta­ño, Pe­dro Fei­joo, Ledicia Cos­tas, Xa­quín del Va­lle-In­clán, Die­go Amei­xei­ras, Ce­sá­reo Sán­chez, Xe­sús Alon­so Montero, Víc­tor F. Frei­xa­nes, Ra­món Vi­lla­res, Xa­vier Al­ca­lá, Luís G. To­sar, Ele­na Ga­lle­go, Cla­ra Ga­yo, An­tón Lo­po, Be­nigno Cam­pos, Te­re­sa Mou­re, José Edels­tein e Jor­ge Mi­ra

ANA GAR­CÍA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.