A Ga­li­cia agra­ria alén dos es­tig­mas

IGLE­SIAS TUR­NES, NA SÚA SE­GUN­DA NO­VE­LA, RE­TRA­TA O UNI­VER­SO DAS EX­PLO­TA­CIÓNS GAN­DEI­RAS GA­LE­GAS MAIS TA­MÉN A VI­DA CO­TIÁ DA­QUE­LAS PER­SOAS QUE VI­VEN DE­LAS E PA­RA ELAS

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [LETRAS] - MANUEL IGLE­SIAS TUR­NES

RA­MÓN NI­CO­LÁS | Na no­ve­la an­te­rior de Igle­sias Tur­nes (Cabanas, A Ba­ña, 1950), ti­tu­la­da As ra­pa­zas de Xan, re­tra­tá­ba­se a vi­da co­tiá dun­ha al­dea ga­le­ga na me­ta­de do sécu­lo XX. Ares­to­ra, deséña­se un mun­do que prac­ti­ca­men­te se ig­no­ra­ba, ou es­tig­ma­ti­za­ba nal­gun­ha me­di­da, como asun­to li­te­ra­rio. Aflo­ra así a reali­da­de da Ga­li­cia agra­ria dos no­sos días des­de as ins- tan­cias dun­ha fic­ción que se ali­cer­za no co­ñe­ce­men­to por­me­no­ri­za­do des­tas coor­di­na­das, o que re­sul­ta ope­ra­ti­vo pa­ra des­ve­lar as an­guei­ras, ne­ce­si­da­des e pro­ble­mas das xen­tes que po­boan as ex­plo­ta­cións agrí­co­las ac­tuais, moi mo­der­ni­za­das e, nal­gún ca­so, tec­no­lo­xi­ca­men­te pun­tei­ras en fun­ción das esi­xen­cias e ne­ce­si­da­des ac­tuais.

Mais es­ta no­ve­la tal­vez se­xa un­ha apos­ta po­la des­mi­ti­fi­ca­ción dun es­pa­zo por ve­ces es­te­reo­ti­pa­do; ta­mén un in­ten­to de plas­mar con trans­pa­ren­cia al­go máis que o que po­de aflo­rar nos me­dios can­do se ex­hi­ben as reivin­di­ca­cións des­te co­lec­ti­vo pro­fe­sio­nal. Cun­ha von­ta­de que, con to­do, vai máis alá de si­tuar o mun­do rural como pano de fon­do, cons­trúe­se des­de un­ha ins­pi­ra­ción rea­lis­ta, xus­ta­men­te a que su­tu­ra os di­ver­sos fíos ar­gu- men­tais cen­tra­dos nas re­vi­ra­vol­tas que so­fren os mem­bros dun­ha fa­mi­lia gan­dei­ra, de­po­si­tan­do un­ha es­pe­cial aten­ción nas ex­pec­ta­ti­vas da mo­ci­da­de, pois, de fei­to, a voz na­rra­do­ra é a dun mo­zo que tras­la­da as súas vi­ven­cias con sin­xe­le­za e axi­li­da­de. Así é como se nos vai con­du­cin­do po­las súas ocu­pa­cións des­te per­so­na­xe, mais ta­mén po­lo seu de­va­lar máis ín­ti­mo on­de aso­man con­fli­tos per­soais e ou­tros co­lec­ti­vos, al­gúns mes­mo de­ri­va­dos do en­con­tro en­tre o mun­do ur­bano e rural.

Igle­sias Tur­nes, en fin, con­tri­búe a re­in­tro­du­cir o ima­xi­na­rio rural na no­ve­lís­ti­ca con­tem­po­rá­nea con efec­ti­vi­da­de e ta­len­to; ade­mais, su­xi­re há­bi­tos de lec­tu­ra en ga­le­go en seg­men­tos po­boa­cio­nais que di­fi­cil­men­te o fa­cían até o de ago­ra. Al­go que re­sul­ta ex­tra­or­di­na­ria­men­te va­lio­so.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.