O pri­mei­ro «Qui­xo­te» en ga­le­go

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [LETRAS] -

Sa­bi­do é que a pri­mei­ra tra­du­ción ga­le­ga do Qui­xo­te, do Qui­xo­te com­ple­to, é re­cen­te. Re­fí­ro­me á pu­bli­ca­da no ano 1992 por Xun­tan­za Edi­to­rial e que foi tra­du­ci­da por un equi­po que di­ri­xiu Va­len­tín Arias, ta­mén tra­du­tor. Cóm­pre sa­ber que, na­quel co­lec­ti­vo, a per­soa que asu­miu a res­pon­sa­bi­li­da­de de tra­du­cir os poe­mas das dúas par­tes da no­ve­la, que son moi­tos e moi dis­tin­tos, foi a gran es­cri­to­ra aló­fo­na María Vic­to­ria Mo­reno, que o fi­xo con moi­to acer­to.

O pri­mei­ro tex­to cer­van­tino que se tra­du­ciu á lin­gua ga­le­ga foi un frag­men­to do ca­pí­tu­lo 11 da pri­mei­ra par­te do Qui­xo­te, un frag­men­to ilus­tre e ines­que­ci­ble: o dis­cur­so so­bre a Ida­de de Ou­ro pro­nun­cia­do po­lo Ca­ba­lei­ro dian­te duns ca­brei­ros que es­tes es­coi­ta­ron «em­bo­ba­dos y sus­pen­sos». É un­ha dia­tri­ba con­tra a Ida­de de Fe­rro, o tem­po his­tó­ri­co no que vi­ve don Qui­xo­te, un tem­po ca­rac­te­ri­za­do po­las in­xus­ti­zas, po­la frau­de, po­la lei do em­bu­do e po­la co­di­cia do ou­ro, «que tan­to se es­ti­ma». Non era así —acla­ra o ilu­mi­na­do ora­dor— na Ida­de de Ou­ro pois da­que­la, cun­ha con­cep­ción co­mún das cou­sas, «los que en ella vi­vían ig­no­ra­ban es­tas dos pa­la­bras de tu­yo y mío». Don Qui­xo­te, un­ha es­pe­cie de Che Gue­va­ra do sécu­lo XVI, pro­pú­ña­se, co es­for­zo do seu bra­zo e co pro­gra­ma di­ta­do po­la Or­de da ca­ba­le­ría an­dan­te, res­ta­ble­cer, en boa par­te, nes­ta Ida­de de Fe­rro, aque­la Ida­de de Ou­ro.

Foi es­ta pá­xi­na, foi es­te dis­cur­so, o pri­mei­ro tex­to cer­van­tino que se tra­du­ciu ao ga­le­go. Fí­xoo un escritor moi en­tu­sias­ta das Ir­man­da­des da Fa­la, An­tón Val­cár­cel (1887-1963). A tra­du­ción pu­bli­cou­se, pre­ci­sa­men­te, no ór­gano ofi­cial das Ir­man­da­des, A No­sa Te­rra, nun dos seus pri­mei­ros nú­me­ros, o 6, co­rres­pon­den­te ao 5 de xa­nei­ro de 1917. Bai­xo o ru­bro de «Tra­du­ción dos clá­si­cos cas­te­láns», apa­re­ce o tí­tu­lo da ver­sión, O Sígalo D’Ou­ro do «Don Qui­xo­te» de Cer­van­tes. En efec­to, o co­me­zo cer­van­tino «Di­cho­sa edad y si­glos di­cho­sos» tra­dú­ceo An­tón Val­cár­cel por «¡Di­to­sa ida­de e sí­ga­los di­to­sos» no que a for­ma «sí­ga­los» sor­pren­de aos lec­to­res de ho­xe. A se­cuen­cia, ideo­lo­xi­ca­men­te, máis desacou­gan­te pa­ra al­gúns («ig­no­ra­ban es­tas dos pa­la­bras de tu­yo y mío »), tra­dú­cea Val­cár­cel des­te xei­to: «an­da­ban desabi­dos dos ver­bes de teu e meu». Su­po­ño que hou­bo lec­to­res alleos á no­ve­la de Cer­van­tes que non en­ten­de­ron ben aque­la des­cri­ción do co­mu­nis­mo pri­mi­ti­vo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.