«Ago­ra so­mos un exér­ci­to de gai­tei­ros moi nu­me­ro­so e non nos po­den bo­rrar»

MES­TRE DE MES­TRES, AN­TÓN CO­RRAL (A CORUÑA, 1936) É O ÚNI­CO GA­LAR­DOA­DO DOS PRE­MIOS MARTÍN CÓ­DAX NES­TA SÚA TER­CEI­RA EDI­CIÓN QUE NON VI­VI­RÁ OS NER­VIOS DA CE­RI­MO­NIA. XA SA­BE QUE A ASO­CIA­CIÓN DE MÚ­SI­COS AO VI­VO RE­CO­ÑE­CE CO PRE­MIO HO­NO­RÍ­FI­CO O SEU LA­BOR DU­RAN­TE

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [MÚSICA] - PON­TE­VE­DRA

| An­tón Co­rral (A Coruña, 1936) é un­ha ins­ti­tu­ción da ar­te­sa­nía mu­si­cal e na for­ma­ción en Ga­li­cia como im­pul­sor do Obra­doi­ro Es­co­la de Instrumentos Po­pu­la­res de Vi­go, o seu maior lo­gro pro­fe­sio­nal, tras uns ini­cios en Lugo on­de co­me­zou a dar cla­ses e on­de nos se­ten­ta es­pe­cia­li­zou­se na fa­bri­ca­ción de gai­tas e re­cu­pe­rou instrumentos como a zan­fo­na, o pi­to pas­to­ril ou a re­quin­ta. Fa­la­dor e vi­ta­lis­ta a pi­ques de cum­prir os 80, se­gue man­ten­do a hu­mil­da­de que os seus co­ñe­ci­dos re­sal­tan, pe­ro sen per­der es­pí­ri­to crí­ti­co. Ad­mi­te que o que máis lle ti­rou foi a en­si­nan­za e foi mes­tre de xe­ra­cións en­tei­ras de ar­te­sáns e mú­si­cos como Car­los Nú­ñez, An­xo Lo­ren­zo, Mar­cos Cam­pos ou An­xo Lois Pin­tos, en­tre ou­tros.

—A súa for­ma­ción foi au­to­di­dac­ta.

—Pa­ra apren­der a to­car non, pe­ro si pa­ra o obra­doi­ro, se ca­dra por iso me deu a ob­se­sión de dedicarme a en­si­nar, en vez de cons­truír instrumentos. Ti­ven a in­quie­tu­de de ler, te­mos en Ga­li­cia can­cio­nei­ros moi im­por­tan­tes e gra­zas aos alum­nos que me fa­la­ban de instrumentos fun re­cu­pe­rán­doos.

—Pe­se a non es­tar ben vis­ta a mú­si­ca tra­di­cio­nal.

—A min non me preo­cu­pou pa­ra na­da que a xen­te se ri­ra, ha­bía moi­to des­pre­zo ao gai­tei­ro. To­cou­me re­cu­pe­rar instrumentos, pe­ro, ao mes­mo tem­po, o po­bo en xe­ral, a xu­ven­tu­de, ta­mén se em­pe­zou a preo­cu­par dese te­ma. Agra­de­zo a xen­te to­da que ti­ven co­mi­go por­que axu­dou­me moi­to a me­llo­rar. Foi un­ha épo­ca, so­bre to­do a de Vi­go, moi in­ten­sa, foi un­ha sor­te, por­que sem­pre an­da­ba bus­can­do a ma­nei­ra de ter on­de tra­ba­llar cun obra­doi­ro es­co­la, in­ten­teino en Lugo, en Ortigueira e des­pois hou­bo a sor­te de ir pa­ra Vi­go. Chá­mo­lle un mi­la­gre o que su­ce­deu, por­que a ni­vel ins­ti­tu­cións non te­ño nin­gún ti­po de agra­de­ce­men­tos. Só o Con­ce­llo de Vi­go ne­sas da­tas. Es­te po­ten­cial que creou Ga­li­cia pa­ra a súa mú­si­ca tra­di­cio­nal, de raíz e folk foi o po­bo o que for­ta­le­ceu ese te­ma e, máis que nas ci­da­des, na zo­na rural foi al­go im­pre­sio­nan­te.

—A que o atri­búe?

—Foi al­go que xur­diu, ago­ra to­dos os cen­tros cul­tu­rais dan gus­to por­que en ca­da pa­rro­quia hai co­lec­ti­vos e é un­ha ma­ra­bi­lla. As ve­ces pre­gún­tan­me can­tos gai­tei­ros ha­be­ría na mi­ña épo­ca e non sei e di­go 200 por po­ñer un nú­me­ro, e se ca­dra non os ha­bía, e nos no­ven­ta na es­co­la fí­xo­se un re­con­to de Ga­li­cia e saían ca­se 35.000 per­soas, ago­ra so­mos un exér­ci­to moi nu­me­ro­so e non o po­den bo­rrar. Pe­ro per­soal­men­te as ins­ti­tu­cións non lles agra­de­zo na­da, e vi­vino en va­rios si­tios e sem­pre é igual, a cul­tu­ra sem­pre lle po­ñen pro­ble­mas. Ho­xe iso xa non o bo­rra nin­guén. Como ago­ra é tan nu­me­ro­so, na mú­si­ca tra­di­cio­nal hai­nos crí­ti­cos e ta­mén hai po­lé­mi­cas.

—Fa­lan­do di­so e como gai­tei­ro, é de Fo­xo ou non?

—De Fo­xo son ín­ti­mo ami­go per­soal, por­que coin­ci­día que on­de ti­ña eu o obra­doi­ro en Lugo es­ta­ba o se­mi­na­rio, el foi se­mi­na­ris­ta e tí­ñao to­dos os días me­ti­do co­mi­go, era un ra­paz que to­ca­ba a gaita di­vi­na­men­te, ao res­pec­to que pa­sou te­ño va­rias opi­nións. Eu fe­li­cí­too por como ten a es­co­la, or­de­na­da, in­so­no­ri­za­da, pe­ro a par­te ne­ga­ti­va —e sa­be de so­bra a mi­ña opi­nión— son as fór­mu­las que es­tá a uti­li­zar, son alleas a no­sa cul­tu­ra, el deu­lle po­lo la­do es­co­cés, por bus­car o es­pec­tácu­lo e como é tú­za­ro se­gue por aí. A ter­cei­ra par­te é que el es­tá apoia­do po­las ins­ti­tu­cións, hai aí moi­to di­ñei­ro, e cri­ti­cá­mo­lo os que es­ta­mos no tra­di­cio­nal por­que se fo­se un­ha es­co­la nor­mal non a apoia­ban como a apoian. Iso si, non hai nin­guén en Ga­li­cia que in­ves­ti­ga­se o que el, ten moi­tos co­ñe­ce­men­tos, pe­ro co­me­teu ese erro hai anos e se­gue con el.

—Es­tra­ña que coa súa fa­ce­ta de in­ves­ti­ga­ción vos­te­de non pu­bli­ca­ra.

—Non coin­ci­diu. Den­tro de pou­co sai­rá un­ha pe­que­na his­to­ria mi­ña, irán cou­sas im­por­tan­tes. Pe­ro por res­pec­to a quen o es­tá fa­cen­do non que­ro adian­tar na­da.

—Que lle que­da pen­den­te?

—Eu si­go na mar­cha, si­go tra­ba­llan­do e in­ves­ti­gan­do e in­ten­tan­do me­llo­rar o que hai, aín­da. Iso ata sem­pre. Hai que per­fec­cio­nar moi­tas cou­sas, a ca­li­da­de, a afi­na­ción, o timbre, os ins­tru­men­tis­tas... pen­so que é un la­bor que non se vai aca­bar nun­ca. Hai que se­guir me­llo­ran­do. Eu to­quei sem­pre, fun gai­tei­ro den­de os 8 anos, e sem­pre ti­ven gru­po e sem­pre dun­ha ca­li­da­de boa, pe­ro na fa­ce­ta ar­te­sa­nal in­ten­tar me­llo­rar e per­fec­cio­nar é un­ha ob­se­sión que te­ño me­ti­da.

—De que alum­nos es­tá máis or­gu­llo­so?

—A res­pos­ta é com­pli­ca­da. De Vi­go saíu moi­tí­si­ma xen­te dun­ha gran­de ca­li­da­de, hai un co­lec­ti­vo nu­me­ro­so bas­tan­te im­por­tan­te e ca­da un ten a súa iden­ti­da­de pro­pia e iso é a súa ri­que­za. Eu in­cul­cá­ba­lles que non fo­sen fo­to­co­pias.

« NA FA­CE­TA AR­TE­SA­NAL IN­TEN­TAR ME­LLO­RAR É UN­HA OB­SE­SIÓN QUE TE­ÑO»

XOÁN CAR­LOS GIL

TRA­BA­LLO PER­MA­NEN­TE. An­tón Co­rral tras­la­dou, tras en­viu­var hai se­te anos, o seu obra­doi­ro a Tui, on­de ten o seu fi­llo maior, e on­de o seu ne­to Ra­món Co­rral se­gue os seus pa­sos. Am­bos, ase­gu­ran, se­guen tra­ba­llan­do en bus­car a per­fec­ción nos seus instrumentos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.