“A me­llor re­tran­ca está nos ba­res”

Da súa unión de ta­len­tos con Luis Davila xur­di­ron xa dous «me­nús», un­ha mes­tu­ra de ri­sas e en­xe­ño. Sem­pre ac­tua­li­zán­do­se, ago­ra mes­mo iro­ni­zan so­bre o asun­to ca­ta­lán

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - ESCENA . «MENÚ DA NOITE» - TEX­TO: MA­NUEL BLAN­CO

O hu­mor non ten can­ce­las. Que lle­lo di­gan a Car­los Blan­co e Luis Davila, que le­van xa dous anos con­quis­tan­do a mi­llei­ros de ga­le­gos cun­ha fu­sión iné­di­ta: a da pa­la­bra e a ima­xe. Ma­ñá (20.30 ho­ras), le­va­rán o seu Me­nú da noi­te ao tea­tro Co­lón da Co­ru­ña nun­ha das úl­ti­mas fun­cións. —Un sa­cho e un es­mo­quin, de­fi­ni­ti­va­men­te o vo­so é a fu­sión...

—[Ri­sas] Si. O sá­ba­do foi ver o es­pec­tácu­lo An­tón Reixa a Fe­rrol e dí­xo­me: ‘Fa­ce­des per­fo­man­ces’. Así, di­rec­to. Efec­ti­va­men­te, é un­ha fu­sión de hu­mor po­pu­lar e ele­men­tos per­for­ma­ti­vos. O sa­cho se­ría un­ha per­for­man­ce. —Te­ño un ami­go que di que vós so­des a esen­cia do país. Re­tran­ca en es­ta­do pu­ro. Iden­ti­fi­cá­de­vos? —Nós apren­de­mos nos ba­res, tan­to Luis co­ma min, por­que aí é on­de está a re­tran­ca do país. Ese di­cir sen di­cir, ese di­cir in­te­li­xen­te. É ver­da­de, os dous de­fi­ni­mos bas­tan­te ben a re­tran­ca. —É iso, a re­tran­ca, o que sig­ni­fi­ca aos ga­le­gos. Exis­te un hu­mor ga­le­go?

—Eu creo que non te­mos a ex­clu­si­va da re­tran­ca, non te­mos o copyright. Can­do via­xo a Es­co­cia ato­po ele­men­tos moi co­múns en­tre os es­co­ce­ses e os ga­le­gos. Pe­ro o que si creo é que a ele­va­mos á ca­te­go­ría de ar­te. —Non de­beu ser fá­cil in­te­grar os tem­pos das vo­sas for­mas de crear hu­mor. Ti ve­loz co­ma un raio, Luis máis a mo­di­ño... Evo­lu­cio­nou moi­to o es­pec­tácu­lo? —Moi­tí­si­mo. Quen o mi­rou hai dous anos can­do es­trea­mos e poi­da ve­lo ago­ra com­pro­ba­rá que to­do me­llo­rou, os rit­mos, os tem­pos... Por­que Luis vai ten­do máis prác­ti­ca e eu en­ga­dín al­gún mo­nó­lo­go novo. Aí está a gran com­pli­ca­ción des­ta fór­mu­la, en com­bi­nar os tem­pos. Por iso en­saia­mos máis dun ano. —O guión do es­pec­tácu­lo mu­da moi­tas ve­ces co que pa­sa na ac­tua­li­da­de, é un re­to tra­ba­llar así? —Si, pe­ro por ou­tro la­do Luis me de­man­da moi­tas ve­ces iso: ‘Fa­ga­mos al­go por alí, ou pro­be­mos por alá...’ Iso sig­ni­fi­ca que ca­da vez o es­pec­tácu­lo é dis­tin­to. O sá­ba­do pa­sa­do aín­da cam­biei cou­sas e así de­be ser por­que ten que es­tar vivo. Eu es­tou abrin­do o es­pec­tácu­lo ago­ra cun mo­nó­lo­go que an­tes non fa­cía e que di que os ga­le­gos che­ga­re­mos á independencia an­tes que os ca­ta­láns por­que iso vaino pa­gar Aman­cio Or­te­ga e xa está. [Ri­sas] —Os me­nús, tra­ba­llar con Luis, fo­ron un­ha vol­ta máis no xei­to de fa­cer de Car­los Blan­co. An­tes fi­xés­te­lo cun­ha ban­da bra­si­lei­ra, des­pois con Bu­di­ño... Ten al­gun­ha vol­ta máis es­ta aven­tu­ra? —Eu o que in­ten­to é ver co­mo po­do me­llo­rar o que fa­go, bus­car a ex­ce­len­cia co seu. A min pa­ré­ce­me que con Luis, mo­des­ta­men­te, fi­xe­mos al­go que nun­ca se fi­xo, que é dar­lle un­ha co­ber­tu­ra vi­sual tre­men­da a mo­nó­lo­gos de hu­mor, que ha­bi­tual­men­te te­ñen un­ha co­ber­tu­ra moi po­bre ou nin­gun­ha. Pen­so se­guir tra­ba­llan­do con Luis, ímo­nos dar un tem­po ago­ra pe­ro xa lle es­ta­mos dan­do vol­tas a un es­pec­tácu­lo on­de poi­da de­bu­xar en 3D. O se­guin­te me­nú, que igual se­rá a die­ta ou me­nú de­gus­ta­ción [ri­sas], che­ga­rá.

PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.