Cas­te­lao, en­tre os máis gran­des de Eu­ro­pa

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RUBÉN SAN­TA­MAR­TA

Es­tá moi ben reivin­di­car re­gu­lar­men­te a fi­gu­ra, e tras­cen­den­cia his­tó­ri­ca, de Al­fon­so Da­niel Ro­drí­guez Cas­te­lao (1886-1950). Por­que, co­mo ben di Si­ro Ló­pez, «se pu­bli­ca­se en cas­te­lán as Cou­sas e

Re­trin­cos, ma­lia a es­ca­sa ex­ten­sión da súa obra, ho­xe se­ría re­co­ñe­ci­do co­mo o máis ori­xi­nal e au­tén­ti­co dos es­cri­to­res hu­mo­ris­tas es­pa­ñois». Non é hi­pér­bo­le de au­tor en­tre­ga­do á cau­sa. Non. Si­ro Ló­pez, un dos me­llo­res crea­do­res her­dei­ros do tra­ba­llo do rian­xei­ro, pon uns cen­tí­me­tros de distancia co seu ad­mi­ra­do Cas­te­lao e pro­pón un ensaio so­brio cun úni­co ob­xec­ti­vo: si­tuar ao pai de

Sem­pre en Ga­li­za na es­ca­la eu­ro­pea que se me­re­ce. E con­clui­re­mos, tras es­ta fon­da in­ves­ti­ga­ción, que es­ta­mos an­te un dos crea­do­res eu­ro­peos máis so­bre­saín­tes, qui­zais al­go me­nos na es­cri­ta lon­ga —un dos pun­tos nos que, di Si­ro, po­de fra­quear Cas­te­lao—, pe­ro, por en­ri­ba de to­do, no re­la­to bre­ve e nas súas po­ten­tí­si­mas ilus­tra­cións, lá­mi­nas nas que cun sin­xe­lo bos­que­xo con­cen­tra re­tran­ca cun­ha fon­da crí­ti­ca. Al­go que lo­go se­ría re­pli­ca­do por coe­tá­neos con me­nor for­tu­na.

Es­te Cas­te­lao na ar­te eu­ro­pea que vén de edi­tar Ga­ra­ñón non é un­ha bio­gra­fía. É un tra­ba­llo ca­se aca­dé­mi­co, froi­to de moi­tos anos, no que se re­co­llen cen­tos de re­fle­xións de ter­cei­ros so­bre Cas­te­lao (des­de Wen­ces­lao Fer­nán­dez Fló­rez e Do­min­go García-Sa­bell ata crí­ti­cos ma­dri­le­ños co­mo Ma­nuel Abril), do seu pa­so por xor­nais co­mo La Voz de Ga­li­cia, que per­mi­ten ad­ver­tir a im­por­tan­cia que nos pri­mei­ros anos do sécu­lo XX xa se ad­ver­tía no crea­dor ga­le­go.

Si­ro acom­pa­ña es­tas re­fe­ren­cias de epi­so­dios moi re­le­van­tes na ar­te eu­ro­pea dese tem­po pa­ra tra­zar al­gúns in­tere­san­tes pa­ra­le­lis­mos que si­túan así a Cas­te­lao en­tre os ho­mes máis avan­za­dos crea­ti­va­men­te do seu tem­po. Arran­ca des­de re­fe­ren­cias máis an­ti­gas, co­mo Go­ya, ata crea­do­res co­mo Pi­cas­so, pa­san­do por ilus­tra­do­res co­mo Stein­len, Gottlob o Nau­din. Ao fi­nal da obra (a par­te po­si­ble­men­te máis di­dác­ti­ca des­te li­bro) pre­sen­ta a com­pa­ra­ción de lá­mi­nas deses crea­do­res con pe­zas de Os dous de sem­pre ou Nós. Re­sul­ta sor­pren­den­te o tras­va­se de ideas.

Así que, por se aín­da que­da­ban dú­bi­das: Cas­te­lao es­ta­ba na van­gar­da eu­ro­pea. «A súa obra cons­ti­túe un­ha lec­ción ma­xis­tral de ex­tra­or­di­na­rio va­lor pa­ra to­dos os de­bu­xan­tes hu­mo­ris­tas do mun­do», recolle Si­ro, un dos seus me­llo­res alum­nos.

ÓS­CAR CE­LA

AU­TOR SI­RO LÓ­PEZ EDI­TO­RIAL GA­RA­ÑÓN. 317 PÁXINAS. 25 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.