«Se­ría di­fí­cil pa­ra al­gun­has flo­tas vi­vir sen as cos­tei­ras»

As cam­pa­ñas da sar­di­ña, an­choa, xar­da e bo­ni­to ani­man o ca­len­da­rio pes­quei­ro

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - TERRA - A. BUÍNCAS

Non hai moi­to que o eco­no­mis­ta Ser­gio López (Bu­re­la, 1967) ate­rrou na Or­ga­ni­za­ción de Pro­du­to­res Pesqueiros de Lu­go pa­ra re­le­var á que ho­xe é di­rec­to­ra xe­ral de Pes­ca. Pe­ro ese me­dio ano es­ca­so que le­va, su­ma­do á di­la­ta­da ex­pe­rien­cia co­mo se­cre­ta­rio dos pó­si­tos lu­cen­ses e da Fe­de­ra­ción Ga­le­ga de Con­fra­rías, é tem­po de abon­do pa­ra sa­ber da im­por­tan­cia que ten a cam­pa­ña da sar­di­ña na pes­ca ga­le­ga, sen des­me­re­cer ou­tras coas que com­par­te ca­len­da­rio.

—Co­mo se pre­sen­ta a tem­pa­da da sar­di­ña?

—A sar­di­ña bio­ló­xi­ca­men­te non es­tá ben, pe­ro as pre­vi­sións son me­llo­res que as dos anos an­te­rio­res. Hai que es­pe­rar á eva­lua­ción que es­tá a fa­cer o ICES (Con­se­jo In­ter­na­cio­nal pa­ra la Ex­plo­ra­ción del Mar) des­tas es­pe­cies pa­ra sa­ber que to­pe ha­be­rá e es­pe­ra­mos que ha­xa bos re­sul­ta­dos.

—A da sar­di­ña ca­dra no ca­len­da­rio pes­quei­ro con ou­tra de gran im­por­tan­cia pa­ra A Ma­ri­ña, co­mo é a do bo­ni­to. Co­mo re­sol­ve a flo­ta lu­cen­se esa coin­ci­den­cia?

—Aquí en Ga­li­cia, non oco­rre co­mo nas ou­tras co­mu­ni­da­des, co- mo Can­ta­bria e o País Vas­co, na que son os cer­quei­ros, un­ha vez que re­ma­tan a cos­tei­ra do ver­del e a do bo­car­te, os que fan a do bo­ni­to. Na Ma­ri­ña, e no res­to de Ga­li­cia igual, os cer­quei­ros de­dí­can­se á sar­di­ña e son os pa­lan­grei­ros os que van á cos­tei­ra do bo­ni­to, aín­da que ca­da vez son me­nos. Vai al­gún cer­quei­ro, pe­ro moi pou­cos.

—E que pers­pec­ti­vas hai pa­ra a do bo­ni­to?

—As ex­pec­ta­ti­vas non son boas. Ade­mais, ca­da vez van me­nos uni­da­des por­que bai­xou a ren­di­bi­li­da­de da cos­tei­ra. O pa­lan­gre de su­per­fi­cie non se atre­ve a dei­xar as súas pes­quei­ras tra­di­cio­nais —a do es­pa­da e a quen­lla—, que es­tán dan­do boas ren­di­bi­li­da­des, pa­ra ir ao bo­ni­to; van o arras­tre e o pin­cho, pa­ra afo­rrar ou­tras co­tas dos pei­xes aos que van nou­tros me­ses do ano, e pou­cos máis. In­flúe ta­mén o pre­zo do com­bus­ti­ble. Si es­ti­ve­ra máis ca­ro, po­si­ble­men­te os pa­lan­grei­ros de su­per­fi­cie se­gu­ra­men­te irían ao bo­ni­to, por­que non re­qui­re des­pra­za­men­tos tan im­por­tan­tes, non hai gas­to en ce­bo... Es­tá ta­mén a irrup­ción dos arras­trei­ros pe­lá­xi­cos de Fran­cia e de Ir­lan­da, que lles le­van a pes­ca que os es­pa­ñois lo­ca­li­zan.

—Por que o cer­co ga­le­go non vai á cos­tei­ra do bo­ni­to?

—Por­que de sem­pre vai á sar­di­ña. Non hai un mo­ti­vo con­cre­to. Vai por his­to­ri­ci­da­de. Nes­te sen­so, o ca­len­da­rio da pes­ca ga­le­ga non es­tá tan mar­ca­do co­mo o das ou­tras co­mu­ni­da­des do Can­tá­bri­co. Em­pe­za coa xar­da, si­gue coa an­choa que lles ocu­pa ata maio, en xu­ño van ao bo­ni­to, ata ou­tu­bro e no­vem­bro e ago­ra o úl­ti­mo tri­mes­tre van ao xu­re­lo. É moi có­mo­do, por­que, po­la mi­gra­ción dos pe­lá­xi­cos, te­ñen as es­pe­cies á por­ta da ca­sa. Nós te­mos que saír a bus­ca­las.

—Que sig­ni­fi­can es­tas cam­pa­ñas pa­ra a pes­ca?

—Se­ría di­fí­cil vi­vir sen elas. Ao cer­co se lle qui­tas a cam­pa­ña da sar­di­ña, ou se pe­cha co­mo no seu día se fi­xo coa an­choa, pa­sa­rían apu­ros. E non é tan des­ca­be­la­do, aín­da que se es­tá re­cu­pe­ran­do. De fei­to, no pro­gra­ma ope­ra­ti­vo do 2017 a úni­ca es­pe­cie pa­ra a que se po­de­rían fi­nan­ciar pa­ra­das tem­po­rais é a sar­di­ña. Sen an­choa, sen xar­da, te­ríano com­pli­ca­do. Son o que lle da a vi­da. No pro­gra­ma ope­ra­ti­vo do 2017 a úni­ca es­pe­cie pa­ra a que se po­de­rían fi­nan­ciar pa­ra­das tem­po­rais é a sar­di­ña.

—E to­das arro­xan bos re­sul­ta­dos eco­nó­mi­cos es­te ano?

—O cer­co ten ca­tro es­pe­cies prin­ci­pais, que son a xar­da, o xu­re­lo, a an­choa e a sar­di­ña. Pa­ra dúas hai co­ta in­di­vi­dual e pa­ra ou­tras dúas a xes­tión é con­xun­ta. A xar­da, co­mer­cial­men­te es­tá ben, pe­ro es­tá o pro­ble­ma de que hai pou­co cu­po e pa­ra o xu­re­lo hai máis to­ne­la­das, pe­ro o pre­zo é bai­xo. A an­choa es­tá na súa me­llor si­tua­ción bio­ló­xi­ca da his­to­ria e a re­gra de ex­plo­ta­ción que se apli­ca arro­xa a maior ci­fra de cap­tu­ras. E a sar­di­ña, ao con­tra­rio. Es­tá no mo­men­to máis bai­xo

—De to­dos os xei­tos, non pa­re­ce que o cer­co es­tea a pa­sa­lo mal. Qué flo­tas atra­ve­san por di­fi­cul­ta­des?

—O arras­tre é a mo­da­li­da­de que máis apu­ros es­tá pa­san­do, por­que os cus­tes de ex­plo­ta­ción son al­tos, pe­se a que o pre­zo do com­bus­ti­ble es­tá bai­xo. Es­tán apu­ra­dos por­que as co­tas das súas es­pe­cies prin­ci­pais son moi bai­xas. Aí es­tá o ca­so da pes­ca­da, que veu re­du­ci­do o es­for­zo nun 50 %, a ci­ga­la, que non se po­de pes­car... Ten a van­ta­xe, iso si, de que é un­ha pes­quei­ra mul­ti­es­pe­cí­fi­ca.

—O res­to das flo­tas es­tán ben?

—So­mos moi he­te­ro­xé­neos. Hai flo­tas que non te­ñen pro­ble­mas e ou­tras que es­tán a fa­cer ma­la­ba­ris­mos. Ca­da un­ha ten a súa es­pe­ci­fi­ci­da­de. É di­fí­cil fa­lar a ni­vel xe­ral. Al­gun­has pes­quei­ras es­tán no me­llor mo­men­to da súa his­to­ria e ou­tras as es­tán pa­san­do ca­nu­tas. Un­ha par­te do cer­co e a maio­ría dos arras­trei­ros de litoral, por ex­ce­si­va nor­ma­ti­va e po­las li­mi­ta­cións, son os que peor o es­tán a pa­sar. Por con­tra, a flo­ta de al­tu­ra de lar­ga dis­tan­cia es­tá en boa si­tua­ción. Os pa­lan­grei­ros de su­per­fi­cie, hol­ga­dos, pois só te­ñen TAC (to­tal ad­mi­si­ble de cap­tu­ras) pa­ra o es­pa­da e nin se van pran­te­xar ir ao bo­ni­to. O pa­lan­gre de fon­do do Gran Sol, tras anos de pa­sa­lo fa­tal, se ato­pa ago­ra nun ni­vel bo... Iso no de­ta­lle, por­que nos da­tos glo­bais, a pes­ca ga­le­ga tan­to por vo­lu­me de des­car­gas co­mo por fac­tu­ra­ción es­tá ba­tin­do ré­cords.

PE­PA LOSADA

López di que, nal­gúns ca­sos, a es­ca­sez de cuo­ta es­tá po­ñen­do en apre­tos á flo­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.