O «Pres­ti­ge» e as agre­sións am­bien­tais que su­fre o mar

A re­cen­te sen­ten­za do Tri­bu­nal Su­pre­mo po­lo afun­di­men­to do «Pres­ti­ge» lém­bra­nos a im­por­tan­cia que ten pa­ra o ser hu­mano coi­dar es­te me­dio

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > An­to­nio San­do­val Rey asan­do­val­rey­mail@gmail.com

Hai xus­to un­ha semana, a por­ta­da des­te xor­nal de­di­ca­ba un gran ti­tu­lar á no­ti­cia da no­va sen­ten­za do Tri­bu­nal Su­pre­mo acer­ca da ma­rea ne­gra pro­vo­ca­da po­lo afun­di­men­to do pe­tro­lei­ro Pres­ti­ge. Hou­be­ron pa­sar na­da me­nos que tre­ce anos pa­ra que a Xus­ti­za de­ci­di­se acer­ca da res­pon­sa­bi­li­da­de da­que­les su­ce­sos. Tan­to tem­po que moi­tos de quen lea­des es­ta do­bre pá­xi­na ou non na­ce­ra­des aín­da ou da­que­la era­des moi pe­que­nos. Os da­nos de to­do ti­po cau­sa­dos nos no­sos ma­res e cos­tas por aque­les su­ce­sos fo­ron cal­cu­la­dos po­la Fis­ca­lía en 4.442 mi­llóns de eu­ros. Un­ha bar­ba­ri­da­de que pon en números con­tan­tes e soan­tes a gra­vi­da­de das fe­ri­das que su­friu Ga­li­cia en­tón. Praias, can­tís e illas cu­ber­tos de ne­gro fuel. Pes­ca­do­res e ma­ris­ca­do­res pri­va­dos do seu tra­ba­llo e dos seus re­cur­sos du­ran­te moi­tos me­ses. Decenas de mi­les de aves mariñas mor­tas…

Xa se sa­be: non era a pri­mei­ra vez que un pe­tro­lei­ro se ía a pi­que an­te as no­sas cos­tas de­rra­man­do to­do o con­ti­do da súa ba­rri­ga. A lis­ta dos an­te­ce­den­tes é lon­ga: Poly­com­man­der, An­dros Pa­tria, Ur­quio­la, Mar Exeo... ¿Sóan­vos es­tes no­mes? Así se cha­ma­ban os bar­cos cu­xos nau­fra­xios pro­vo­ca­ron, a fi­nais do sécu­lo pa­sa­do, as peo­res ma­reas ne­gras da no­sa his­to­ria. Ata que che­gou a do Pres­ti­ge no 2002. Es­ta foi a peor de to­das. Al­can­zou des­de o nor­te de Por­tu­gal ata Fran­cia. E afec­tou so­bre to­do aos no­sos 1.692 qui­ló­me­tros de cos­ta.

Con­tan quen sa­ben dis­to que moi­tos dos me­llo­res ma­ri­ños e pes­ca­do­res do pla­ne­ta son ga­le­gos. Aquí sa­be­mos moi­to do mar. De como apro­vei­tar os seus re­cur­sos e es­tar aten­tos aos seus cam­bios de áni­mo. En­tre ou­tras moi­tas cou­sas, por­que estamos nun lu­gar do pla­ne­ta de no­ta­ble ri­que­za pes­quei­ra e ma­ris­quei­ra. As no­sas rías cón­tan­se en­tre al­gúns dos eco­sis­te­mas li­to­rais máis pro­du­ti­vos do mundo, e no no­so mar aber­to abun­dan os ca­la­doi­ros. Tan é así que na no­sa co­mu­ni- da­de vi­ven na­da me­nos que a me­ta­de do to­tal dos tra­ba­lla­do­res do mar de Es­pa­ña. Un­has 24.000 per­soas. Cal­cú­la­se que por ca­da un de­les, ade­mais, son ca­tro as per­soas que tra­ba­llan en te­rra en ta­re­fas vin­cu­la­das de for­ma in­di­rec­ta á pes­ca: con­ser­vas, trans­por­te, ven­da, et­cé­te­ra. Iso su­ma moi­tas fa­mi­lias. ¿Como non imos sa­ber tan­to do mar? Por iso mes­mo imos des­de hai sécu­los, ade­mais, a fae­nar a au­gas de ca­se todos os océa­nos do mundo.

Ao mes­mo tem­po, Ga­li­cia é un au­tén­ti­co cru­za­men­to de ca­mi­ños ma­ri­ños. Des­de o co­me­zo da his­to­ria da na­ve­ga­ción po­lo Atlán­ti­co, es­te foi lu­gar de pa­so obri­ga­do pa­ra can­tas em­bar­ca­cións qui­xe­sen che­gar des­de o Me­di­te­rrá­neo ca­ra ao nor­te de Eu­ro­pa. Co tem­po, fo­ron pa­san­do por aquí moi­tas de can­tas unían mul­ti­tu­de de paí­ses ame­ri­ca­nos, asiá­ti­cos ou afri­ca­nos co no­so con­ti­nen­te. Moi­tos de­les de­tí­ñan­se nos no­sos por­tos, traen­do to­do ti­po de no­ti­cias e no­vi­da­des. O mar era a no­sa co­ne­xión co res­to do pla­ne­ta. Ho­xe cal­cú­la­se que po­lo co­rre­dor ma­rí­ti­mo de Fis­te­rra, un­ha es­pe­cie de au­to­es­tra­da de gran­des bar­cos si­tua­da va­rias mi­llas mar a fó­ra da no­sa cos­ta, pasan ca­da ano uns 40.000 ou 60.000 mer­can­tes, pe­tro­lei­ros, ga­sei­ros... Tan­to trá­fi­co ma­rí­ti­mo pro­vo­ca que ca­da pou­co tem­po nos le­ve­mos un sus­to. O máis re­cen­te foi pre­ci­sa­men­te o día que se fa­cía pú­bli­ca a sen­ten­za so­bre o Pres­ti­ge. Esa mes­ma tar­de un mer­can­te que­da­ba á de­ri­va ao nor­te de ca­bo Or­te­gal tras ter si­do eva­cua­da to­da a súa tri­pu­la­ción.

Pa­ra sa­ber do mar a es­tas al­tu­ras da his­to­ria é ne­ce­sa­rio co­ñe­cer a fon­do os seus pro­ble­mas am­bien­tais. As ma­reas ne­gras son só par­te de­les. Nes­ta pá­xi­na abor­da­mos ese e al­gúns máis, que te­ñen ca­da vez máis preo­cu­pa­dos aos cien­tí­fi­cos e ás au­to­ri­da­des in­ter­na­cio­nais.

O «Pres­ti­ge», car­ga­do con 77.000 to­ne­la­das de fuel, dei­xou un­ha ma­rea de 200 me­tros de an­chu­ra e 30 qui­ló­me­tros de lon­xi­tu­de o 4 de no­vem­bro do 2002

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.