Os de­ser­tos que xor­den on­de ha­bía ma­res in­te­rio­res

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Fran Ar­mes­to

A ma­la xes­tión dos re­cur­sos hí­dri­cos é un­ha das cau­sas de que a pai­sa­xe cam­bie

A te­rra, o ai­re e a au­ga pa­re­cían tan in­men­sos que a ac­ti­vi­da­de hu­ma­na nun­ca po­de­ría al­te­ra­los. Por iso des­de o co­me­zo dos no­sos tem­pos cor­ta­mos ár­bo­res e ca­za­mos ani­mais, des­via­mos ríos e ver­te­mos os no­sos re­si­duos á con­tor­na. Pe­ro so­mos tan­tos fa­cen­do o mes­mo du­ran­te tan­to tem­po que o pla­ne­ta que­dou pe­queno e hai anos que es­tá a mos­trar sig­nos de es­go­ta­men­to. A ma­la xes­tión dos re­cur­sos hí­dri­cos é un­ha das cau­sas que es­tá cam­bian­do a no­sa pai­sa­xe. A ex­ten­sión te­rri­to­rial da po­boa­ción hu­ma­na e as súas ne­ce­si­da­des le­vou á in­ter­ven­ción sen me­di­da so­bre as au­gas con­ti­nen­tais. Os ro­ma­nos, por exem­plo, xa in­ten­ta­ron desecar no sécu­lo II o que era un dos gran­des hu­mi­dais da pe­nín­su­la ibé­ri­ca. Es­ta­ba si­tua­do na ac­tual pro­vin­cia de Ou­ren­se e du­ran­te os in­ver­nos a la­goa de An­te­la ocu­pa­ba uns 36 qui­ló­me­tros ca­dra­dos, for­man­do un­ha ma­sa de au­ga que nos seus me­llo­res mo­men­tos in­ver­nais es­ten­día­se 7 qui­ló­me­tros de lon­xi­tu­de por 6 de an­chu­ra nos seus pun­tos má­xi­mos. Non o con­se­gui­ron na­que­la épo­ca nin nou­tros in­ten­tos pos­te­rio­res, pe­ro en 1958, co ob­xec­ti­vo de in­cre­men­tar a su­per­fi­cie de cul­ti­vo, a la­goa des­apa­re­ceu.

O MAR MOR­TO VAI MO­RRER

On­de a Bi­blia si­tua­ba as ci­da­des de So­do­ma e Go­mo­rra ató­pa­se a de­pre­sión te­rres­tre máis pro­fun­da. Es­tá ocu­pa­da por un­ha ma­sa de au­ga sal­ga­da, o mar Mor­to, si­tua­da a 424 me­tros por bai­xo do ni­vel do mar. A ex­trac­ción de au­ga do río que o ali­men­ta, o Xor­dán, es­tá cau­san­do un­ha des­apa­ri­ción máis rá­pi­da do que se­ría na­tu­ral. Des­te río be­ben is­rae­lís, xor­da­nos, si­rios e li­ba­ne­ses. O ni­vel da au­ga es­tá a bai­xar a razón dun me­tro ao ano, así que nal­gúns lu­ga­res a li­ña de cos­ta xa re­tro­ce­deu un qui­ló­me­tro. Is­to es­tá a crear un no­vo problema, o afun­di­men­to do te­rreo en for­ma de gran­des po­zos que po­den che­gar aos 25 me­tros de diá­me­tro e 15 de pro­fun­di­da­de. Pa­re­ce que ao re­ti­rar­se a au­ga sal­ga­da o seu lu­gar é ocu­pa­do por au­gas do­ces sub­te­rrá­neas que, ao di­sol­ver os sa­les do chan, cau­sa­rían es­tes afun­di­men­tos. Ao lon­go da súa bei­ra xa se pro­du­ci­ron máis de tres mil nos úl­ti­mos anos, a razón dun ca­da dous días. A so­lu­ción que se es­tá es­tu­dan­do é ca­na­li­zar ata alí as au­gas do pró­xi­mo mar Vermello, aín­da que is­to po­de­ría des­truír o eco­sis­te­ma úni­co que sig­ni­fi­ca o mar Mor­to. O cer­to é que no 2013 asi­nou­se un acor­do pa­ra cons­truír es­ta ca­na­li­za­ción, que te­ría 180 qui­ló­me­tros.

NA­CE UN DE­SER­TO

Hai uns 50 anos os di­ri­xen­tes da an­ti­ga Unión So­vié­ti­ca de­ci­di­ron des­viar as au­gas dos dous ríos prin­ci­pais de Asia cen­tral pa­ra con­ver­ter te­rras de­sér­ti­cas en zo­nas de cul­ti­vos. Asu­mi­ron sen pu­dor al­gún que o mar de Aral, que ac­tual­men­te se ato­pa en­tre Ca­sa­quis­tán e Uz­be­quis­tán, ter­mi­na­ría por des­apa­re­cer. Que­rían pro­du­cir arroz, ce­reais e, es­pe­cial­men­te, con­ver­ter­se nos pri­mei­ros pro­du­to­res mun­diais de al­go­dón. Con­se­guí­rono gra­zas aos re­ga­díos, pe­ro o pre­zo ocul­tou­se du­ran­te dé­ca­das, ata que en 1985 Mihail Gor­ba­chov de­ci­diu re­ve­lar a tra­xe­dia am­bien­tal que su­fri­ran. An­tes da in­ter­ven­ción era o cuar­to la­go maior do mundo, pe­ro no 2007 o seu ta­ma­ño re­du­ciu­se á dé­ci­ma par­te: de 708 qui­ló­me­tros cú­bi­cos de au­ga pa­sou a 75. Ne­ses mes­mos anos a sa­li­ni­da­de au­men­tou des­de 14 a máis de 100 gra­mos por li­tro, e ta­mén o fi­xo a con­ta­mi­na­ción. As es­pe­cies de pe­ces re­du­cí­ron­se de 32 a 6, así que as pes­quei­ras co­mer­ciais des­apa­re­ce­ron a me­dia­dos dos anos oi­ten­ta, coa per­da de 60.000 em­pre­gos. A bei­ra afas­tou­se nal­gúns ca­sos ata 100 qui­ló­me­tros das ci­da­des que an­tes eran cos­tei­ras, dei­xan­do 54.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos de te­rras cu­ber­tas de sal e de pro­du­tos tó­xi­cos. Os ventos e tor­men­tas le­van­tan ese po e arrás­trano ata 500 qui­ló­me­tros de dis­tan­cia. As po­boa­cións hu­ma­nas em­peo­ra­ron a saú­de, cun­ha maior in­ci­den­cia de en­fer­mi­da­des res­pi­ra­to­rias, tras­tor­nos di­xes­ti­vos e can­cro de gar­gan­ta e esó­fa­go. É un dos maio­res desas­tres am­bien­tais da no­sa épo­ca. Ca­ra a fi­nais do sécu­lo pa­sa­do co­me­za­ron os in­ten­tos por me­llo­rar o seu fu­tu­ro, pe­ro a si­tua­ción eco­ló­xi­ca do mar de Aral se­gue em­peo­ran­do. As me­llo­ras con­se­gui­das, con to­do, de­be­rían ani­mar os tra­ba­llos de re­cu­pe­ra­ción así como ser­vir de exem­plo so­bre o que de­be­ria­mos evi­tar, pois ou­tros gran­des lagos, como o Chad, en Áfri­ca cen­tral, co­me­zan a su­frir os mes­mos sín­to­mas. Es­te gran la­go es­ten­día­se uns 26.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos ca­ra aos anos se­sen­ta do sécu­lo pa­sa­do, pe­ro ac­tual­men­te tan só ocu­pa uns 900. A ex­trac­ción de au­ga pa­ra re­ga­díos e pa­ra man­ter a mi­llóns de ha­bi­tan­tes é o que es­tá pro­vo­can­do a súa ex­tin­ción, que se cal­cu­la su­ce­de­rá den­tro dun sécu­lo.

NASA

Hai uns 50 anos a Unión So­vié­ti­ca de­ci­diu des­viar as au­gas do mar de Aral pa­ra con­ver­ter te­rras de­sér­ti­cas en zo­nas de cul­ti­vos e asu­mi­ron que ter­mi­na­ría por des­apa­re­cer

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.