A no­ti­cia des­co­ñe­ci­da

Se­guin­do a li­ña de co­ne­xión mar­ca­da co te­ma de pri­mei­ra pá­xi­na, bus­ca­mos ho­xe tres no­ti­cias que nos fa­len un pou­co de des­cu­bri­men­to de zo­nas, via­xes e in­clu­so pa­la­bras des­co­ñe­ci­das. E que as vo­sas va­ca­cións de ve­rán 2016 axu­den ta­mén a des­cu­brir al­go que

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 - > Jesús Ga­rri­do / jgs@cur­sos­re­pe­du­ca­dor.com

1. UN ADO­LES­CEN­TE CANADENSE DESCOBRE IN­DI­CIOS DUN­HA CI­DA­DE MAIA NO IUCATÁN

(La Voz, 10/5/2016). Se­guiu a súa pro­pia teo­ría, se­gun­do a cal as ci­vi­li­za­cións maias eli­xían a localización das súas ci­da­des se­guin­do a po­si­ción das cons­te­la­cións. Wi­lliam Ga­doury, de Saint-Jean-de-Math­ya en La­nau­diè­re (Ca­na­dá), se­gun­do ex­pli­ca es­te ado­les­cen­te de 15 anos, fa­ná­ti­co do mun­do maia, a súa teo­ría ba­seou­se en ana­li­zar 22 cons­te­la­cións maias no Co­dex ma­ya de Ma­drid que pos­te­rior­men­te co­lo­cou so­bre o ma­pa de Goo­gle Earth. Ao rea­li­za­lo, deu­se con­ta que as es­tre­las co­rres­pon­dían coa localización das 117 ci­da­des maias, coin­ci­din­do as máis bri­llan­tes coas ur­bes máis im­por­tan­tes.

■ AC­TI­VI­DA­DE: De acor­do coa súa teo­ría, te­ría que exis­tir un­ha ci­da­de maia máis, a 118, nun lu­gar in­hós­pi­to e inac­ce­si­ble da pe­nín­su­la de Iucatán, en Mé­xi­co. Abre a no­ti­cia e ato­pa­rás fo­tos e ima­xes que che in­for­ma­rán so­bre a im­por­tan­cia e da­tos téc­ni­cos da no­ti­cia.

2. OS NO­VOS HO­RI­ZON­TES DO SIS­TE­MA SO­LAR

(La Voz, 26/7/2015). As ima­xes de Plu­tón sor­pren­de­ron á co­mu­ni­da­de cien­tí­fi­ca. A son­da New Ho­ri­zons ató­pa­se ho­xe un pou­co máis pre­to do seu pró­xi­mo des­tino, o cin­to de Kui­per. Plu­tón ne­ce­si­ta 248 anos terrestres pa­ra dar un­ha vol­ta ao re­dor do Sol. O acha­do de Urano e Nep­tuno gra­zas ao te­les­co­pio mo­derno ori­xi­na­ra un­ha fe­bre cien­tí­fi­ca por dar con no­vos mun­dos no bor­do do sis­te­ma so­lar.

■ AC­TI­VI­DA­DE: Pa­ra che­gar a Plu­tón nun tem­po ra­zoa­ble deseñou­se a na­ve máis rá­pi­da da his­to­ria. Os as­tro­nau­tas do «Apo­lo 11» tar­da­ron tres días en che­gar á Lúa, a «New Ho­ri­zons» per­co­rreu esa dis­tan­cia en oi­to ho­ras. En tre­ce me­ses xa es­ta­ba en Xú­pi­ter. O pa­sa­do 14 de xu­llo a na­ve che­gou a Plu­tón, pe­ro des­pois pa­sou de longo, a in­ten­ción nun­ca foi que­dar. Pes­cu­da can­ta é a dis­tan­cia des­de a Te­rra a ca­da un des­tes des­ti­nos que nos ofre­cen.

3. DEZ CON­CEP­TOS QUE APREN­DE­MOS Á FOR­ZA NO 2014

(La Voz, 28/12/2014). Un 99,6 % das avoas din, po­lo me­nos un­has 200 ve­ces na súa vi­da, esa sa­bia fra­se de non te dei­ta­rás sen sa­ber un­ha cou­sa máis. Ago­ra que xa nos dei­ta­mos uns 360 días do 2014, po­de­mos di­cir con cer­te­za que in­cor­po­ra­mos ao no­so co­ñe­ce­men­to un bo nú­me­ro de pa­la­bras e ex­pre­sións que en de­cem­bro do 2013 só ma­ne­xa­ba un gru­po se­lec­to da po­boa­ción.

■ AC­TI­VI­DA­DE: Si, trá­ta­se dun­ha ve­lla no­ti­cia. Es­ta­ba­mos a pi­ques de des­pe­dir o ano 2014. ¿Se­rías ca­paz de pes­cu­dar que sig­ni­fi­can ca­da un des­tes ter­mos? No tex­to da no­ti­cia ex­plí­can­cho un pou­co e axú­dan­che a vi­vir ao día: ab­di­car, ébo­la, cas­te, o le­ga­do de Tihu, me­me, postureo, running, sel­fie, tar­xe­ta black.

PAYTON CHUNG

Zo­na ar­queo­ló­xi­ca maia de Ux­mal, no Iucatán

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.