QUEI­XO DE MOE­CHE, CA­LI­DAD GA­LLE­GA QUE SE ABRE AL EX­TE­RIOR

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - PORTADA - Ana F. Cu­ba

A fá­bri­ca, fun­da­da en 1957, foi a pri­mei­ra de Ga­li­cia cun la­bo­ra­to­rio pro­pio To­do o lei­te pro­vén de gran­xas da zo­na Ven­den en Ga­li­cia e al­go en Es­ta­dos Uni­dos co re­to de saír fó­ra, da man dou­tras em­pre­sas

O lu­gués Ju­lio Gar­cía ato­pou na pa­rro­quia de Abade, en Moe­che, o lu­gar que bus­ca­ba pa­ra ubi­car un­ha fá­bri­ca de quei­xo. Dous anos des­pois de abri­la, en 1959, fa­le­ceu nun ac­ci­den­te de trá­fi­co e fí­xo­se car­go do ne­go­cio a mu­ller, Do­lo­res Ca­mi­ñas, ata a xu­bi­la­ción. Un dos fi­llos, Juan Ma­nuel, es­tu­dou bio­lo­xía, tra­ba­llou anos con súa nai e con­ti­nuou coa plan­ta (o ir­mán é so­cio). Ho­xe con­ta con no­ve em­pre­ga­dos (con con­tra­ta­cións tem­po­rais pa­ra cu­brir os pi­cos de pro­du­ción), ela­bo­ra uns 350.000 qui­los de quei­xo ao ano e fac­tu­ra arre­dor de dous mi­llóns de eu­ros, un­ha ci­fra que bai­xou al­go nos úl­ti­mos exer­ci­cios po­la cre­cen­te com­pe­ten­cia ‘des­leal’ do quei­xo de ba­rra ho­lan­dés e ale­mán, con mar­cas que ven­den en Es­pa­ña o ex­ce­den­te «a dous ou tres eu­ros me­nos por qui­lo».

Lác­teos de Moe­che S.L. pro­du­ce Quei­xo de Moe­che —«a mar­ca tí­pi­ca de to­da a vi­da, equi­va­len­te a un se­mi­du­ro ho­lan­dés», ex­pli­ca o xe­ren­te—, ga­le­go (cre­mo­so), de ba­rra, de te­ti­lla e un­ha va­rie­da­de se­mi­gra­sa e bai­xa en sal. A ma­te­ria pri­ma ob­té­ñe­na de gran­xas de Moe­che, Cer­di­do, San Sa­dur­ni­ño e Valdoviño. «Compramos di­rec­ta­men­te aos gan­dei­ros, tra­ba­lla­mos con 26 pro­du­to­res (con al­gún des­de hai 30 anos), che­ga­mos a ter cen, pe­ro fo­ron ce­rran­do e ago­ra as explotacións son máis gran­des», co­men­ta Gar­cía Ca­mi­ñas. Os pro­du­tos des­ta fir­ma co­mer­cia­lí­zan­se nas gran­des ca­deas (Ga­di­sa, Froiz, Al­cam­po, Lidl e Eros­ki) e en centos de ten­das tra­di­cio­nais, por to­da Ga­li­cia. «Ex­por­ta­mos al­go a Es­ta­dos Uni­dos, a tra­vés do Con­sor­cio Agroa­li­men­ta­rio de Ga­li­cia, do que for­ma­mos par­te cun­ha em­pre­sa da Ago­la­da e ou­tra de Bó­ve­da», si­na­la. O re­to ra­di­ca en «saír fó­ra» en coope­ra­ción con dou­tras fir­mas, «por­que en so­li­ta­rio o es­for­zo é ex­ce­si­vo», opi­na o xe­ren­te, «ob­se­sio­na­do» po­la ca­li­da­de. A fór­mu­la do quei­xo non va­riou nas ca­se seis dé­ca­das de tra­xec­to­ria, «pe­ro ago­ra es­tá máis me­ca­ni­za­do, os pro­ce­sos de fa­bri­ca­ción son au­to­má­ti­cos e iso me­llo­ra a ca­li­da­de, fai­na máis uni­for­me». Que tra­ba­llen as má­qui­nas! Ese é o seu le­ma, que xa com­par­tía súa nai.

A fá­bri­ca de Moe­che «foi a pri- mei­ra de Ga­li­cia en con­tar cun la­bo­ra­to­rio pro­pio pa­ra ana­li­zar o pro­du­to». «Tra­ta­mos de se­lec­cio­nar o me­llor lei­te e ago­ra estamos in­ten­tan­do que to­das as gran­xas ás que lles compramos cum­pran os re­qui­si­tos ex­cep­cio­nais que esi­xe a Xun­ta pa­ra aca­dar o se­lo ‘Ga­le­ga 100 %’», apun­ta. A esi­xen­cia e o tra­ba­llo ben fei­to va­leu­lles a me­da­lla de bron­ce ao quei­xo de te­ti­lla no 2012 e un pre­mio nes­ta de­no­mi­na­ción de ori­xe na ca­ta de quei­xos ga­le­gos da Xun­ta en 2015.

| FO­TOS: ÁNGEL MAN­SO

A fá­bri­ca fun­da­da en 1957 ató­pa­se no lu­gar das Se­te Pon­tes, na pa­rro­quia de Abade

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.