«Os em­pre­ga­dos son a al­ma da em­pre­sa, al­gún le­va des­de 1983»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS -

Juan Ma­nuel Gar­cía Ca­mi­ñas, bió­lo­go, con­ta­xiou­lle súa nai, fun­cio­na­ria, o es­pí­ri­to em­pre­sa­rial do pai, mes­tre e im­pul­sor de va­rios ne­go­cios. Lác­teos de Moe­che dis­tín­gue­se po­la esi­xen­cia de man­ter un al­to es­tán­dar de ca­li­da­de.

— ¿ Que ex­pli­ca que le­ven no mer­ca­do ca­se se­sen­ta anos?

—O ni­vel de esi­xen­cia, man­ter­se fieis a un pro­du­to e a un­ha mar­ca e fa­cer as cou­sas ben.

—E to­do sen fa­cer ruí­do...

—Si, so­mos moi dis­cre­tos, non que­re­mos fa­cer ruí­do, gús­ta­nos a tran­qui­li­da­de pa­ra tra­ba­llar.

—Cun ca­dro de per­soal que ta­mén é moi es­ta­ble.

—A al­ma má­ter da em­pre­sa son os em­pre­ga­dos, a máis an­ti­ga, Vir­tu­des, le­va aquí 33 anos. O ca­dro de per­soal é moi es­ta­ble e cun­ha me­dia de ida­de bai­xa. Dal­gun­ha fa­mi­lia hai dúas xe­ra­cións tra­ba­llan­do xun­tas, a nai e dúas fi­llas. E ta­mén te­mos im­plan­ta­do o te­le­tra­ba­llo con al­gún tra­ba­lla­dor, pa­ra que poi­da con­ci­liar.

—¿Pen­sa que ha­be­rá con­ti­nui­da­de en mans da fa­mi­lia?

—Es­pe­ro que si, que te­ña con­ti­nui­da­de, po­los anos que le­va e po- la tra­di­ción. Son op­ti­mis­ta. Con­fío en que bo­te po­lo me­nos ou­tros se­sen­ta anos fun­cio­nan­do.

—O 13 de mar­zo ce­le­brou­se a pri­mei­ra fei­ra do quei­xo de Moe­che, con moi boa res­pos­ta por par­te do pú­bli­co. ¿Como ve es­ta ini­cia­ti­va?

—Pa­ré­ce­me un moi boa ini­cia­ti­va por par­te do Concello, co­la­bo­ra­mos con todos os me­dios, un posto, de­gus­ta­ción de quei­xo (con mar­me­lo e vi­ño ga­le­go), obra­doi­ros... In­ten­ta­mos fa­ce­lo o me­llor po­si­ble en­tre todos pa­ra que se poi­da ce­le­brar moi­tos anos.

A Juan Ma­nuel os es­tu­dos de bio­lo­xía axu­dá­ron­lle pa­ra o tra­ba­llo da fá­bri­ca

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.