«Hai dis­tri­bui­do­res que min­ten e ven­den co­mo ga­le­go al­go que non é»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - ACTUALIDAD -

De­fen­so­res do seu, nes­ta em­pre­sa de Sal­va­te­rra do Mi­ño te­ñen cla­ro que os pro­duc­tos de fó­ra te­ñen moi­tas cua­li­da­des pe­ro os ga­le­gos non que­dan atrás. Ese é o pen­sa­men­to de Joa­quín Ei­ras, for­xa­do no mun­do dos ca­fés e que de­ci­diu apos­tar po­lo cho­co­la­te.

—¿Hai moi­ta tra­di­ción en Ga­li­cia?

—Na­ce­mos da unión de El Ma­ra­ga­to en Vi­go e ou­tra fá­bri­ca que es­ta­ba en Alla­riz. Coin­ci­diu co pe­che da fá­bri­ca La Per­fec­ción, en Vi­go, po­lo que nos que­da­mos con al­gun­ha da ma­qui­na­ria e uniu­se ta­mén a nós o seu maes­tro. Ago­ra hai pou­ca fa­bri­ca­ción en Ga­li­cia, pe­ro hai dis­tri­bui­do­res que min­ten e ven­den co­mo ga­le­go al­go que non é. Ca­da un que co­ma o que quei­ra, pe­ro que non lle min­tan, a min iso non me pa­re­ce ben.

—É me­llor en­tón apos­tar po­lo pro­duc­to lo­cal.

—A xen­te ten que mer­car o que quei­ra, pe­ro sa­ben­do. Eu non di­go que non si­gan cri­te­rios de pre­zo e ca­li­da­de, pe­ro e que te­ñe­nen que dar­lle un­ha opor­tu­ni­da­de ó de aquí. E lo­go se non lle res­pon­de ben, xa o pen­san.

—¿Vos­te­des apos­tan po­lo pe­queno co­mer­cio?

—A no­sa dis­tri­bu­ción é so­bre to­do para ten­das pe­que­nas, aín­da que ta­mén co­lo­ca­mos al­go en si­tios es­pe­cia­li­za­dos. Ade­máis, fa­ce­mos mar­ca bran­ca para al­gúns pe­que­nos lo­cais. O no­so mer­ca­do na­tu­ral es­tá na pro­vin­cia de Pon­te­ve­dra aín­da que che­ga­mos un pou­co a to­da Ga­li­cia. Man­da­mos al­go fó­ra pe­ro son cou­sas pe­que­nas, non nos in­tere­sa me­drar de­máis ago­ra mes­mo.

Joa­quín Ei­ras em­pe­zó con el cho­co­la­te ha­ce más de 15 años

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.