As coope­ra­ti­vas, ¿po­den dar aín­da máis?

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EN PORTADA - Ma­nuel Jor­dán Ro­drí­guez PRO­FE­SOR DE ECO­NO­MÍA APLI­CA­DA. UNI­VER­SI­DA­DE DE SAN­TIA­GO DE COM­POS­TE­LA

Por riba das 1.200 coope­ra­ti­vas, con pre­sen­za en to­do o te­rri­to­rio, arre­dor de 90.000 so­cios, bá­si­cas na xe­ra­ción de máis de 20.000 em­pre­gos, cun­ha fac­tu­ra­ción pró­xi­ma aos 3.000 mi­llóns de eu­ros.

Mul­ti­pli­can­do es­for­zos. No sec­tor pri­ma­rio, va­rios cen­tos de coope­ra­ti­vas agra­rias de­fen­den­do pre­zos e ren­das, con­tri­buín­do á es­ta­bi­li­za­ción e re­gu­la­ción de mer­ca­dos, dan­do va­lor ás pro­du­cións, fa­ci­li­tan­do ser­vi­zos que abren pa­so a no­vas prác­ti­cas, a no­vos pro­du­tos. In­te­gran­do e ser­vin­do de can­le pa­ra o desen­vol­ve­men­to das ac­ti­vi­da­des e das ex­plo­ta­cións con pro­xec­ción: no lei­te, no vi­ño, na gan­de­ría, na hor­ta e flor, en di­ver­si­da­de de pro­du­cións de ca­li­da­de no sec­tor. Cun­ha po­si­ción asen­ta­da, nal­gúns ca­sos pre­do­mi­nan­te, nas ca­deas de va­lor.

Ta­mén afian­zán­do­se co­mo al­ter­na­ti­va sin­gu­lar pa­ra o em­pren­de­men­to na pro­cu­ra dun posto de tra­ba­llo. Ve­laí as máis de cin­co­cen­tas coope­ra­ti­vas que aso­cian tra­ba­lla­do­res que se au­to­rres­pon­sa­bi­li­zan do seu em­pre­go, das súas con­di­cións, da súa dig­ni­da­de.

Non é pou­co o que están a dar. ¿Po­den dar máis aín­da?

Es­tan­se a dar pa­sos es­pe­ran­za­do­res que de­ben in­ten­si­fi­car­se pa­ra avan­zar na in­te­gra­ción, na in­ter­coo­pe­ra­ción, nas alian­zas, na pro­cu­ra dun ta­ma­ño que ho­xe li­mi­ta as po­si­bi­li­da­des de bas­tan­tes coope­ra­ti­vas.

Cóm­pre in­ten­si­fi­car os es­for­zos —pro­mo­ción, for­ma­ción, di­vul­ga­ción, ase­so­ra­men­to e acom­pa­ña­men­to, ar­ti­cu­la­ción de re­des— que per­mi­tan a crea­ción de no­vas coope­ra­ti­vas en ám­bi­tos on­de a súa pre­sen­za é ca­ti­va: no mar, no fo­res­tal, na ex­plo­ta­ción en co­mún de te­rras e gan­do, no desen­vol­ve­men­to lo­cal, na pres­ta­ción de ser­vi­zos cua­li­fi­ca­dos me­dian­te o tra­ba­llo aso­cia­do…

Asu­min­do, ca­da­quén den­de a súa po­si­ción, as súas pro­pias res­pon­sa­bi­li­da­des: as coope­ra­ti­vas e os seus so­cios dán­do­lle con­ti­nui­da­de ao ca­mi­ño de me­llo­ra da xes­tión em­pre­sa­rial e so­cial e de máis ca­li­da­de e di­fe­ren­cia­ción dos seus pro­du­tos e ser­vi­zos. Ta­mén as ad­mi­nis­tra­cións, acen­tuan­do o seu pro­ta­go­nis­mo e as súas ca­pa­ci­da­des, pa­ra fa­ci­li­tar a im­pres­cin­di­ble con­cer­ta­ción e con­cen­tra­ción de es­for­zos. Es­pe­cial­men­te, pe­ro non uni­ca­men­te, no ám­bi­to fi­nan­cei­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.