«De­be­ría ha­ber me­nos es­pe­cia­li­za­ción e máis co­la­bo­ra­ción en­tre nós»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS -

O con­se­llo xe­ral de gra­dua­dos en en­xe­ña­ría in­dus­trial que­re un­ha re­for­ma da pro­fe­sión por en­ten­der que non com­pi­te en igual­da­de de con­di­cións co res­to de Eu­ro­pa e di que é an­ti­com­pe­ti­ti­va.

—Por que?

—Non creo que se­xa an­ti­com­pe­ti­ti­va, pe­ro creo que aquí es­ta­mos ri­zan­do o ri­zo. Can­do nou­tros paí­ses hai un­ha soa en­xe­ña­ría, por que aquí ten que ha­ber dúas fa­cen­do ca­se o mes­mo? Eu non co­ñe­zo nin­gún país, agás o no­so, no que hou­be­ra por un la­do un­ha en­xe­ña­ría téc­ni­ca in­dus­trial e ou­tra in­dus­trial. Ago­ra úsa­se o sen­ti­do co­mún, un tí­tu­lo de grao vá­li­do pa­ra to­dos e a es­pe­cia­li­za­ción se­gun­do o más­ter.

—Bo­lo­ña lo­go foi po­si­ti­vo pa­ra os téc­ni­cos in­dus­triais.

—Si, por­que uni­fi­ca cri­te­rios e es­ta­ble­ce as atri­bu­cións de ca­da­quén e non es­ta­mos cos ri­fi­rra­fes que ha­bía ata ago­ra. Ha­bía un­ha se­rie de lí­mi­tes e de fron­tei­ras que non ti­ñan moi­to sen­ti­do. Vaia por dian­te que es­ta­mos en con­tra do 3+2 por­que ve­mos par­ti­dis­mo po­lí­ti­co e un­ha des­pro­tec­ción pa­ra o es­tu­dan­te, que pa­sa a pa­gar do seu pe­to dous anos.

—Es­tá a pro­fe­sión en Es­pa­ña de­ma­sia­do re­gu­la­da?

— Es­ta­mos de­ma­sia­do en­cor­se­ta­dos, mes­mo en­tre nós. Só nas ra­mas in­dus­triais te­mos seis es­pe­cia­li­da­des: me­cá­ni­ca, eléc­tri­ca, elec­tró­ni­ca, quí­mi­ca, téxtil e de­se­ño. É un puzz­le ver­da­dei­ra­men­te com­ple­xo e com­pli­ca­do. Non de­be­ría ser tan­to así. De­be­ría ha­ber me­nos es­pe­cia­li­za­ción e máis co­la­bo­ra­ción, por­que á fin e ao ca­bo creo que tan ca­pa­ci­ta­do es­tá un en­xe­ñei­ro in­dus­trial dun­ha ra­ma co­mo da ou­tra.

—De to­dos os xei­tos a de­man­da la­bo­ral é moi al­ta. Non hai su­fi­cien­tes en­xe­ñei­ros?

—Na épo­ca pro­fun­da da cri­se, en­tre o 2009 e o 2012, nes­ta de­le­ga­ción che­ga­mos a ter 40 co­le­xia­dos en pa­ro de ca­se 600. É un­ha por­cen­ta­xe moi bai­xa. Ta­mén é cer­to que te­mos co­le­xia­dos tra­ba­llan­do no ex­te­rior, e é un dos mo­ti­vos po­los que bai­xou o pa­ro, por­que te­mos co­le­xia­dos tra­ba­llan­do en Du­bái, Qa­tar, Chile, Ecua­dor, Reino Uni­do e a In­dia. De fei­to, ago­ra mes­mo es­ta­mos ten­do pro­ble­mas pa­ra cu­brir a de­man­da en cer­tos per­fís pro­fe­sio­nais.

—Son in­mu­nes á cri­se?

—Afec­tou­nos a to­dos. A uns máis e ou­tros me­nos. A van­ta­xe da no­sa pro­fe­sión é que abran­gues moi­tos pun­tos. Se an­tes se es­pe­cia­li­za­ban, ho­xe fan pro­xec­tos de moi­tas cou­sas dis­tin­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.