Máis Ga­li­cia

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - ACTUALIDAD - VE­NAN­CIO SAL­CI­NES Pro­fe­sor e em­pre­sa­rio

Abe­le­za, que dis que ás ve­ces lo­gro, —opi­na­ba Virginia Woolf so­bre a súa es­cri­tu­ra—, só se con­si­gue po­lo fra­ca­so de ob­te­la a ba­se de moer to­das as pe­dras xun­tas». «E hai que en­fron­tar­se coas cou­sas que un non é ca­paz de fa­cer», afir­ma­ba. «O ar­te do escritor —se­gun­do J. M. Coet­zee— non se po­de es­tu­dar en nin­gu­res, aín­da que si se po­de apren­der; con­sis­te en crear un­ha for­ma e un pun­to de en­tra­da que per­mi­ta ao lec­tor ha­bi­tar ne­la». Wolf, Coet­zee? Por que fa­lar de es­cri­to­res e non de eco­no­mis­tas, nun­ha co­lum­na que non só é eco­nó­mi­ca, se­nón que ade­mais es­tá nun su­ple­men­to sal­món? Por­que ne­ce­si­to dar un pa­so atrás. Den­tro do meu ar­gu­men­ta­rio, a mi­ña ideo­lo­xía dou­tra Ga­li­cia me­nos pa­ter­nal aín­da que máis res­pec­tuo­sa co in­di­vi­duo, máis en­vor­ca­da na em­pre­sa pri­va­da e me­nos no sec­tor pú­bli­co, máis aber­ta e glo­bal, fal­ta­ba fa­lar do pri­mei­ro: Ga­li­cia. Non se po­de es­tar to­do o día dis­cu­tin­do so­bre crear ou­tro tra­xe sen de­di­car­lle un­has li­ñas ao cor­po que o vai ves­tir. É cer­to que Ga­li­cia é un sen­ti­men­to, a min gra­vá­ron­mo na pel os no­sos emi­gran­tes uru­guaios, os de se­gun­da xe­ra­ción, aos que dei cla­se en Mon­te­vi­deo hai xa un bo nú­me­ro de anos. Eles en­si­ná­ron­me a ser ga­le­go. Apren­dín tar­de, pe­ro apren­dín. Pe­ro Ga­li­cia ne­ce­si­ta ser al­go máis que un sen­ti­men­to e un­ha lin­gua, de­man­da un ar­gu­men­ta­rio co­lec­ti­vo, que con for­tes an­co­ra­xes no sec­tor em­pre­sa­rial, se­xa de ca­rác­ter en­vol­ven­te e ab­sor­ben­te. Ten que ser be­lo, ao es­ti­lo de Wolf, por­que de­be ser ca­paz de en­fron­tar­se ás cou­sas que nun­ca fo­mos ca­pa­ces de fa­cer, e te­rá que ter a ca­pa­ci­da­de de xe­rar sus­tan­cia, de dar cor­po, de crear un­ha for­ma que se­xa o pun­to de en­tra­da de to­dos, dos do sur, dos do nor­te, dos de in­te­rior, dos da cos­ta. E é que ou o cons­truí­mos, ou non so­mos na­da. Dei­xa­da fó­ra a no­sa iden­ti­da­de, non pa­sa­mos de ser un ter­zo de Bo­go­tá ou un ba­rrio de Sao Pau­lo. Tan di­fí­cil é en­ten­de­lo? A pe­sar di­so, es­con­dé­mo­nos nas no­sas ci­da­des e se as mu­ra­llas que lles deseña­mos non son su­fi­cien­tes, cons­truí­mos un inimi­go ex­te­rior, e se ese es­tá pre­to de ca­sa me­llor. Postos a odiar, que se­xa ao ve­ci­ño.

O te­ci­do eco­nó­mi­co ga­le­go é un­ha es­tru­tu­ra enor­me­men­te dé­bil a ni­vel em­pre­sa­rial. En­ché­mo­nos a bo­ca coa pa­la­bra pe­que­na e me­dia­na em­pre­sa, pe­ro non dei­xa de ser un­ha gran men­ti­ra co­lec­ti­va, so­mos un país anega­do de com­pa­ñías con me­nos de no­ve em­pre­ga­dos, é di­cir, mi­cro­em­pre­sas, e esa reali­da­de só se trans­for­ma con máis mer­ca­do, e o mer­ca­do non me­dra­rá se non hai máis Ga­li­cia. Men­tres un día ce­le­bra­mos que as universidades dia­lo­gan en­tre si, dan­do por fei­to que é un­ha no­vi­da­de, ao ou­tro de­mos­tra­mos por vi­xé­si­ma vez que so­mos in­ca­pa­ces de crear un­ha área me­tro­po­li­ta­na. E xa non fa­le­mos de crear un­ha re­de de trans­por­te que su­pere os lí­mi­tes ur­ba­nos, pa­ra iso te­re­mos que na­cer ou­tra vez co­mo po­bo. E é es­te mi­ni­fun­dis­mo men­tal e non ou­tro, o que es­tá a con­ver­ter a Ga­li­cia nun­ha me­ra ban­dei­ra, au­sen­te de sig­ni­fi­ca­do co­lec­ti­vo, de ar­gu­men­ta­rio de país. A Ga­li­cia dos hu­mil­des, a do au­tó­no­mo, a do em­pre­ga­do, a do desem­pre­ga­do, a do de­pen­den­te, a do que am­bi­cio­na e non al­can­za, non po­de per­mi­tir­se aco­ller ao que non fa­la, ao que non dia­lo­ga, ao que non ne­ce­si­ta do ou­tro, ao que non res­pec­ta. As no­sas al­for­xas non al­can­zan a sos­ter aos reis da na­da.

Ne­ce­si­ta­mos ou­tro tra­xe eco­nó­mi­co, cer­to, pe­ro por moi­ta tea e es­for­zo que de­di­que­mos a cons­truír no­vas ves­ti­men­tas, nun­ca se­re­mos na­da sen un no­vo cor­po. Pre­ci­sa­mos máis Ga­li­cia.

| CANICOBA

O mi­ni­fun­dis­mo men­tal se­gue a ser un freo pa­ra o cre­ce­men­to de Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.