A for­za es­tá na unión

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EN PORTADA - Juan Ci­vi­da­nes Juan Ci­vi­da­nes é o di­rec­tor do Ins­ti­tu­to Ga­le­go de Pro­mo­ción Eco­nó­mi­ca (Iga­pe).

Fran­cia é o pri­mei­ro so­cio co­mer­cial de Ga­li­cia. Exis­ten, co­mo é ló­xi­co e na­tu­ral, un­has in­ten­sas re­la­cións eco­nó­mi­cas e co­mer­ciais en­tre Ga­li­cia e Fran­cia, que con­for­ma a se­gun­da eco­no­mía máis po­ten­te da eu­ro­zo­na, só por de­trás de Ale­ma­ña. Ta­mén cons­ti­túe a quin­ta eco­no­mía mun­dial, se­gun­do o FMI e o Ban­co Mun­dial. As elec­cións pre­si­den­ciais que se ce­le­bran ho­xe en Fran­cia te­ñen, xa que lo­go, un­ha re­le­van­cia in­du­bi­da­ble pa­ra o fu­tu­ro da Unión Eu­ro­pea. Ao es­tar en Ga­li­cia a prin­ci­pal plan­ta de pro­du­ción do gru­po PSA en España, o sec­tor da au­to­mo­ción ten un pe­so fun­da­men­tal tan­to nas im­por­ta­cións co­mo nas ex­por­ta­cións. Pe­ro pa­ra Ga­li­cia son ta­mén moi im­por­tan­tes as ex­por­ta­cións do sec­tor téx­til, ela­bo­ra­dos de alu­mi­nio ou con­ser­vas de pescado, en­tre ou­tros pro­du­tos.

Son pre­to de 800 as em­pre­sas ga­le­gas que ex­por­ta­ron a Fran­cia du­ran­te os úl­ti­mos anos e, o que é máis im­por­tan­te, pre­to do 60 % de­las, 458 o pa­sa­do ano, son ex­por­ta­do­ras re­gu­la­res, em­pre­sas que ex­por­ta­ron du­ran­te os ca­tro úl­ti­mos años de xei­to con­ti­nua­do. Hai du­cias de em­pre­sas ga­le­gas, dos máis va­ria­dos sec­to­res, con im­plan­ta­ción co­mer­cial ou pro­du­ti­va en Fran­cia. Co­mo hai un bo nú­me­ro de em­pre­sas fran­ce­sas im­plan­ta­das en Ga­li­cia, máis alá das mul­ti­na­cio­nais de dis­tri­bu­ción por to­dos co­ñe­ci­das e dos gran­des pro­ve­do­res da au­to­mo­ción.

A for­za da Unión Eu­ro­pea es­tá en boa me­di­da afian­za­da na li­bre cir­cu­la­ción de bens, ser­vi­zos e per­soas. A moe­da co­mún, o eu­ro, cons­ti­túe un ins­tru­men­to efi­cien­te des­de que se pu­xo en cir­cu­la­ción, vai ca­se 18 anos, ata con­so­li­dar­se co­mo a se­gun­da moe­da máis uti­li­za­da a ni­vel in­ter­na­cio­nal, tan­to pa­ra fi­nan­cia­men­to co­mo pa­ra in­ves­ti­men­to ou pago.

Con­fia­mos en que a for­za dos mer­ca­dos xo­gue en fa­vor da con­ti­nui­da­de das re­la­cións eco­nó­mi­cas e co­mer­ciais en­tre Ga­li­cia e Fran­cia, sor­tean­do o dano que as po­lí­ti­cas pro­tec­cio­nis­tas po­de­rían cau­sar, las­tran­do os avan­ces que ten aca­da­do, du­ran­te as úl­ti­mas dé­ca­das, un­ha Unión Eu­ro­pea for­te e so­li­da­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.