«Do arran­xo dos bar­cos dos tu­ris­tas non se vi­ve»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - ACTUALIDAD -

Aín­da que le­va uns anos re­ti­ra­do, Ra­món Blan­co Fajardo con­ti­núa es­tan­do moi ao tan­to do que su­ce­de no es­ta­lei­ro. Non é de es­tra­ñar, xa que o le­van­tou gra­zas ao seu es­for­zo e ve co­mo os seus fi­llos o man­te­ñen a flo­te.

—¿On­de apren­deu vos­te­de o ofi­cio?

—Tra­ba­lla­ba nun es­ta­lei­ro en Ba­rra­ña, en Boi­ro, e de­ci­dín mon­tar aquí o ne­go­cio por­que en Aguiño ha­bía moi­tos bar­cos. Funo le­van­tan­do pou­co a pou­co. An­tes de ter aca­ba­da a na­ve xa ti­ña con­tra­ta­do un bar­co pa­ra fa­cer. Fa­cía­mos un­has tres em­bar­ca­cións ao ano. A maio­ría eran na­ves de ar­tes me­no­res, duns dez me­tros de es­lo­ra.

—¿Xa non fan bar­cos?

—Ago­ra o que se fan son re­pa­ra­cións. As cou­sas fo­ron cam­bian­do moi­to no mun­do do mar.

—¿Te­me po­la su­per­vi­ven­cia do ne­go­cio?

—Eu sei que coa pes­ca non van aca­bar, pe­ro as cou­sas son di­fí­ci­les pa­ra o sec­tor. Un exem­plo é Aguiño, que era un­ha lo­ca­li­da­de na que ha­bía moi­tas em­bar­ca­cións. Ago­ra só que­dan as pla­na­do­ras de­di­ca­das ao ma­ris­queo. A fal­ta de co­ta aca­ba co sec­tor e is­to ta­mén se no­ta na ac­ti­vi­da­de dos es­ta­lei­ros.

—Pe­ro a em­pre­sa di­ver­si­fi­cou­se e hai ou­tro ti­po de mer­ca­do, co­mo o das em­bar­ca­cións de re­creo, moi en au­xe na zo­na.

—Do arran­xo dos bar­cos dos tu­ris­tas non se vi­ve. Non son em­bar­ca­cións que re­qui­ran moi­to man­te­men­to e, en moi­tos ca­sos, son os pro­pios do­nos ou xen­te pró­xi­ma a que se en­car­ga di­so.

| C. QUEI­JEI­RO

Ra­món Blan­co di que as re­pa­ra­cións son o for­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.