«É igual de digno tra­ba­llar no cam­po que fa­ce­lo nun des­pa­cho de avo­ga­dos»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS -

Aín­da que can­do se levanta e sae da ca­sa o úni­co que to­ma é un zu­me co­rren­do, en reali­da­de Car­men Canda in­ten­ta ato­par sem­pre un oco para to­mar lo­go un ca­fé a me­dia ma­ñá. É o xei­to de co­ller ener­xías para un­has xor­na­das ma­ra­to­nia­nas nas que dar res­pos­ta aos clien­tes e axu­da­los en to­dos os trá­mi­tes son a prio­ri­da­de do día a día.

—Que pla­nes de fu­tu­ro te­ñen na em­pre­sa?

—Imos pa­si­ño a pa­si­ño. O pre­sen­te au­gú­ra­se moi op­ti­mis­ta e es­pe­ra­mos am­pliar os no­sos co­ñe­ce­men­tos. Ade­mais de ase­so­rar aos no­sos clien­tes, es­ta­mos ta­mén im­par­tin­do cur­sos para os gan­dei­ros. En te­mas fi­to­sa­ni­ta­rios, por exem­plo, so­mos un­ha en­ti­da­de ho­mo­lo­ga­da po­la Xun­ta para dar for­ma­ción. Hai que ter en con­ta que non só se tra­ta de desexar al­go, ta­mén hai que se­guir a bu­ro­cra­cia e ten os seus tem­pos. Pe­ro sen dú­bi­da a for­ma­ción é cla­ve.

—En ple­na cri­se es­ta­mos re­des­cu­brin­do o sec­tor e vol­tan­do ao ru­ral?

—Vi­viu­se moi­to tem­po do cam­po e po­de­ra­se se­guir vi­vin­do. Ani­mo á xen­te a que se in­cor­po­re a es­te mun­do e non dei­xe en es­que­ce­men­to de on­de vi­mos, so­mos un po­bo ru­ral. É igual de digno tra­ba­llar no cam­po que fa­ce­lo nun des­pa­cho de avo­ga­dos. Moi­ta xen­te es­tá vol­ven­do por­que é un­ha vi­da tran­qui­la, moi re­con­for­tan­te. Po­de que ha­xa me­nos lu­xos ou pri­vi­le­xios pe­ro a ca­li­da­de de vi­da é moi boa. Ben é cer­to que os ne­nos do ru­ral nun­ca ti­ve­ron as mes­mas opor­tu­ni­da­des pe­ro le­van un­ha vi­da máis san. Hai co­mo­di­da­des de de­ter­mi­na­dos ser­vi­zos que é di­fí­cil que se poi­dan dis­fru­tar no ru­ral, aín­da que por exem­plo en al­gun­has cou­sas In­ter­net po­de axu­dar. So­bre todo aos ca­ti­vos, aín­da que os pais e nais do ru­ral non te­ñen su­fi­cien­te tem­po para for­mar­se en no­vas tec­no­lo­xías e ase­so­rar aos ne­nos e iso oca­sio­na que xe­re moi­to me­do, por­que xa sa­be­mos que na re­de hai moi­tas cou­sas boas pe­ro ta­mén ma­las.

—Al­gún con­se­llo para a xen­te que em­pe­za nes­te mun­do?

—Que­ro dar­lle moi­tí­si­mo áni­mo por­que é un mun­do por des­cu­brir. Te­mos moi­to que ofre­cer. In­cor­po­rar­se ao mun­do dos no­sos an­te­ce­so­res é un­ha boa op­ción por­que po­des ter un­ha boa ca­li­da­de de vi­da. É un­ha saí­da la­bo­ral coma ou­tra cal­que­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.