Lon­ga vi­da ao San Pe­dro de Vi­las

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-Muros-Noia - Mar­ta Gó­mez

Hai fes­tas e fes­tas. Hai­nas que non ne­ce­si­tan pre­sen­ta­ción, que non fai fal­ta nin po­ñer­lles da­ta, só con pro­nun­ciar o seu no­me aglu­ti­nan a mi­llei­ros de per­soas. Na co­mar­ca te­mos va­rios hon­ro­sos exem­plos dese ti­po de ce­le­bra­cións. E lo­go hai ou­tras máis pe­que­nas, máis hu­mil­des e que ape­nas tras­cen­den a pa­rro­quia na que se ce­le­bran, ou, no me­llor dos ca­sos, son co­ñe­ci­das den­tro do pro­pio mu­ni­ci­pio. Pe­ro non por iso son me- nos im­por­tan­tes, por­que, ao igual que as ou­tras, ou in­clu­so con maior fi­de­li­da­de, pre­ser­van a tra­di­ción. Un­ha de­sas pe­que­nas gran­des fes­tas é o San Pe­dro de Vi­las.

Po­de que moi­tos non sai­ban que ce­le­bra­ción é esa. Na pa­rro­quia de Asa­dos, en Rian­xo, hai un­ha ca­pe­la das máis sin­xe­las e pin­to­res­cas da co­mar­ca que es­tá de­di­ca­da a San Pe­dro, e ca­da ano por es­tas da­tas e den­de tem­po in­me­mo­rial ce­lé­bra­se un­ha ro­ma­ría. Non ten a so­na dou­tras ci­tas or­ga­ni­za­das na hon­ra do após­to­lo co­mo as de Mu­ros, pe­ro, por un día, con­ver­te a un­ha pequena al­dea no epi­cen­tro do mu­ni­ci­pio.

Nou­tro tem­po no que a úni­ca al­ter­na­ti­va de ocio era co­ller camiño po­las co­rre­doi­ras ca­ra a al­dea on­de hou­be­ra ro­ma­ría, a ce­le­bra­ción che­gou a ser un­ha das gran­des ci­tas de Rian­xo. Moi po­si­ble­men­te, moi­tos te­rán nas súas ca­sas, gas­ta­das po­lo pa­so dos anos pe­ro gar­da­das co­ma ou­ro en pano, fo­tos en bran­co e ne­gro dos seus avós ou bi­sa­vós en pleno fes­te­xo de San Pe­dro sen­ta­dos coa fa­mi­lia á som­bra dun carballo dis­pos­tos a dar boa con­ta dun­ha em­pa­na­da.

E ho­xe, a co­mi­sión que se en­car­ga da ro­ma­ría, e as que o fi­xe­ron du­ran­te os úl­ti­mos anos —que non vi­vi­ron esa épo­ca na que o 29 de xu­ño era fes­ti­vo, e Vi­las, pa­ra­da obri­ga­da pa­ra os ve­ci­ños da re­don­da—, fai o que boa­men­te po­de pa­ra que a fes­ta me­dre, pe­ro sen re­nun­ciar á súa esen­cia: a tra­di­ción dun­ha ce­le­bra­ción cen­te­na­ria, a co­mu­ñón en­tre ve­ci­ños, o am­bien­te fa­mi­liar, o coida­do dun en­torno na­tu­ral e a con­vi­ven­cia en­tre xe­ra­cións.

Que un­ha fes­ta des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas so­bre­vi­va co pa­so do tem­po que­re di­cir que ten al­go es­pe­cial ca­paz de mo­bi­li­zar a mo­zos e maio­res. Os pri­mei­ros, por­que son os que fo­ron co­llen­do as ren­das da ce­le­bra­ción ano tras ano e por­que non fal­tan á ci­ta coa ro­ma­ría, e os se­gun­dos por­que non es­tán dis­pos­tos a dei­xar que mo­rra. A ce­le­bra­ción fi­nán­cia­se fun­da­men­tal­men­te a tra­vés de do­na­ti­vos da ve­ci­ñan­za, e é xus­to di­cir que a maio­ría dos que rea­li­zan ache­gas son per­soas que su­pe­ran am­pla­men­te os 70 anos. Moi­tos nin se­que­ra pi­san Vi­las pola fes­ta, pe­ro que­ren que a ha­xa, qui­zais po­los re­cor­dos que lles trae da súa mo­ci­da­de.

A quen nun­ca es­ti­ve­ra no San Pe­dro de Vi­las cus­ta­ra­lle en­ten­der de que vai is­to. Que vaian ho­xe, gus­ta­ra­lles.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.