A co­mo­di­da­de no ves­tir

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-Muros-Noia -

an­do aquel mi­nis­tro ni­pón (os xa­po­ne­ses sem­pre tan prác­ti­cos) se pre­sen­tou sen ga­ra­ba­ta no des­pa­cho e apa­gou o ai­re acon­di­cio­na­do, fo­ron moi­tos os con­ci­da­dáns que se­gui­ron a súa nor­ma. Xa es­ta­ba ben de fa­cer o ri­dícu­lo por se­guir as mo­das oc­ci­den­tais, eles pre­ci­sa­men­te, que in­ven­ta­ron o qui­mono e as ca­sas de pa­pel. Non po­de ser que un es­qui­mó vis­ta igual ca un ma­rro­quí, di­cían. A uni­for­mi­da­de no ves­tir é un anacro­nis­mo, non só en­tre paí­ses, se­nón ta­mén en­tre es­ta­cións ó lar­go do ano, e así o pro­cla­mou ta­mén aquel mi­nis­tro no­so, Mi­guel Se­bas­tián, aguan­tan­do a ri­fa do se­ñor Bono, pre­si­den­te do Con­gre­so, con­tra­rio ós des­ga­ra­ba­tea­dos por­que non en­ten­día que ti­ña que ver un­ha ga­ra­ba­ta con re­du­cir o con­su­mo eléc­tri­co no ve­rán.

Un, que xa ten anos e aín­da non per­deu a me­mo­ria, lem­bra can­do se inau­gu­ra­ron as pri­mei­ras Cor­tes de­mo­crá­ti­cas e os cor­te­sáns, depu­tados e ou­tros ci­da­dáns te­mían que non se res­pec­ta­sen as nor­mas no ves­tir que de­bían pre­va­le­cer nas dúas cá­ma­ras, e to­dos que­da­ron tran­qui­los can­do Felipe tro­cou a cha­que­ta de pa­na po­lo tra­xe con ga­ra­ba­ta, que des­de aque­la era ca­se un­ha im­po­si­ción. In­clu­so na em­pre­sa pri­va­da, o máis que se po­día fa­cer pa­ra con­tra­riar ós xe­fes era sa­ca­la en can­to se aban­do­na­ba a ofi­ci­na; ex­po­ñén­do­se (iso si) a ser re­cri­mi­na­dos por non res­pec­tar a ima­xe da com­pa­ñía, ou a que se res­trin­xi­sen os as­cen­sos ós de pes­co­zo aber­to.

O cer­to é que por aquel en­tón, e xa an­tes do cam­bio de sécu­lo, es­ta­ba moi es­ten­di­do o cos­tu­me de re­ga­lar­lle ga­ra­ba­tas ós em­pre­ga­dos. Esa de­mo­cra­ti­za­ción da ga­ra­ba­ta. Pe­ro can­do os xa­po­ne­ses tro­ca­ron aque­la nor­ma no ves­tir, e máis aín­da can­do o mi­nis­tro Se­bas­tián de­mos­trou que coa súa re­bel­día ga­ra­ba­tei­ra o mi­nis­te­rio afo­rra­ra un cuar­to de mi­llón de eu­ros en elec­tri­ci­da­de nun ano, ata os depu­tados máis con­ser­va­do­res do no­so país em­pe­za­ron a por en du­bi­da as opi­nións do cur­mán do se­ñor Rajoy, can­do di­cía que o ai­re acon­di­cio­na­do non lle fai mal a nin­guén. E iso que ó prin­ci­pio pa­re­cía un­ha ex­cen­tri­ci­da­de, con­fir­mou­se co­mo un ac­to de so­li­da­rie­da­de cos efec­tos do cam­bio cli­má­ti­co; e ata se cri­ti­cou ó se­ñor Igle­sias, don Pa­blo, por ir con ga­ra­ba­ta ó Con­gre­so. Moi fea por cer­to, e le­va­da sen es­ti­lo. (A fal­ta de cos­tu­me). Cer­ta­men­te, a rou­pa é al­go máis ca un­ha cu­bri­ción do cor­po. E es­ta ola de ca­lor que vi­mos de su­frir axu­dou­nos a com­pren­der o mal­tra­ta­dos que so­mos con res­pec­to da ves­ti­men­ta can­do es­ta se con­ver­te na ima­xe a pro­xec­tar e non na co­mo­di­da­de no an­dar, can­do se lle dá máis im­por­tan­cia á apa­ren­cia que á efi­ca­cia, non só da per­soa se­nón ta­mén da em­pre­sa. Ví­mo­lo ne­ses tra­ba­lla­do­res fran­ce­ses a quen se lles prohi­be le­var rou­pas máis fres­cas ó choio en ple­na ca­ní­cu­la, e se re­be­la­ron tro­can­do as ber­mu­das prohi­bi­das por un­has saias de mu­ller. E aí xa doe, por­que os que man­dan po­den ser acu­sa­dos de ma­chis­tas, de dis­cri­mi­na­ción se­xual ou al­go se­me­llan­te, que se ben non se po­de le­var pan­ta­lón cur­to, na­da se atre­ven a di­cir con­tra saias e ves­ti­dos.

Por cer­to, xa que­dan pou­cas em­pre­sas con tan ar­cai­co pen­sa­men­to, e as máis mo­der­nas com­pa­ñías, non só re­co­men­dan o uso de rou­pas máis in­for­mais, ou máis na­tu­rais, ou máis có­mo­das, se­nón que ata fo­men­tan o seu uso no afán por amo­sar­se máis en sin­to­nía coas esi­xen­cias cli­má­ti­cas de ca­da mo­men­to, e on­de an­tes nos re­ga­la­ban ga­ra­ba­tas ago­ra re­ga­lan ca­mi­se­tas.

ILUS­TRA­CIÓN MA­TA­LO­BOS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.