Cal­vos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

O ESPOLÓN AN­TÓN RI­VEI­RO

Crú­zo­me moi­tas ve­ces cun to­li­ño e sem­pre se pro­du­ce a mes­ma reac­ción: un so­rri­so co­mo me­ti­do pa­ra den­tro e des­pois a pa­la­bra cal­vo que sae da súa bo­ca co­ma sen que­re­lo. Non o po­de con­tro­lar. Fai­lle gra­za que eu non te­ña pe­lo. Non creo que na súa von­ta­de es­tea o de me fe­rir nin moi­to me­nos. É al­go que de­be de ver co­mo ex­tra­or­di­na­rio, e esa reac­ción ta­mén a ten con ou­tros cal­vos.

Sei de per­soas que le­va­ron con an­sie­da­de o te­ma da alo­pe­cia e cae­ron en de­pre­sión por non asu­mi­lo co­ma un fei­to inevi­ta­ble da vi­da e da xe­né­ti­ca. Re­co­ñe­zo que a min tam­pou­co me fi­xo gra­za can­do, con vin­te e pou­cos anos, par­te da me­le­na ri­za ía que­dan­do no pei­te. O meu op­ti­mis­mo axu­dou­me a acep­ta­lo e, co tem­po, mes­mo lle vin cer­tas van­ta­xes de co­mo­di­da­de ao fei­to de non ter pe­lo. Ho­xe moi­ta xen­te con pe­lo ra­pa a ca­be­za, poi­da que por moda ou por hi­xie­ne. Non o sei. O que si sei é que non hai moi­to, na mi­ña vi­la, xus­to can­do un­ha du­cia de per­soas agar­da­ban pa­ra que eu lles asi­na­se a mi­ña úl­ti­ma no­ve­la, vin co­mo un­ha ne­na duns cin­co anos mi­ra­ba pa­ra min cunha tei­mu­da cu­rio­si­da­de. Non me qui­ta­ba ollo. De­bía de ser fi­lla dal­gún dos que sos­ti­ñan o meu li­bro nas mans. Men­tres eu ca­vi­la­ba nas de­di­ca­to­rias, non dei­xa­ba de lle so­rrir á ne­na, que se­guía con­cen­tra­da en min e fa­cía bas­cu­lar a súa olla­da en­tre o meu ros­tro e a mi­ña cal­va. Fi­cou es­tá­ti­ca du­ran­te to­do o tem­po, coa aten­ción de­po­si­ta­da en min e os olli­ños bai­lan­do de arri­ba abai­xo. Can­do re­ma­tei coa úl­ti­ma si­na­tu­ra, a cu­rio­si­da­de vol­veu­se in­ver­sa e su­xe­rin­lle á ne­na que tal­vez me que­ría pre­gun­tar al­go. E ela, des­pois de ace­nar afir­ma­ti­va­men­te e chan­tar de no­vo os ollos na mi­ña cal­va, en­vol­veu a súa dú­bi­da nun­ha voz sua­ve: «E ti, ata on­de la­vas a ca­ra?».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.