A iden­ti­da­de cul­tu­ral

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - Unai Gon­zá­lez

Os fes­te­xos mes­tu­ran ele­men­tos re­li­xio­sos con pro­fa­nos pro­pios da cul­tu­ra lo­cal, que co tem­po res­ta­ron es­pa­zo e im­por­tan­cia aos pri­mei­ro, dan­do ori­xe ás fes­tas pu­ra­men­te pro­fa­nas ou po­pu­la­res. A fes­ta en­tra den­tro da cul­tu­ra con­tem­po­rá­nea co­mo un es­pa­zo de con­so­li­da­ción e re­fe­ren­te da afir­ma­ción da iden­ti­da­de cul­tu­ral, que per­mi­te ás co­mu­ni­da­des po­ñer en es­ce­na o seu acu­mu­la­do pa­tri­mo­nial ou o máis des­ta­ca­do das súas crea­cións, co fin de com­par­ti­lo e con­so­li­da­lo. O re­co­ñe­ce­men­to e afir­ma­ción das cul­tu­ras lo­cais por me­dio dos di­fe­ren­tes es­ce­na­rios fes­ti­vos, así co­mo o apoio sus­ten­ta­ble ás pro­pos­tas crea­ti­vas dos pro­du­to­res cul­tu­rais cons­ti­túe­se pa­ra es­tes nun­ha al­ter­na­ti­va de su­per­vi­ven­cia, fron­te ás amea­zas re­pre­sen­ta­das po­las pro­pos­tas glo­ba­li­zan­tes que bus­can bo­rrar to­do aso­mo de di­fe­ren­cia­ción.

O in­ter­cam­bio que se dá nos diá­lo­gos in­ter­cul­tu­rais pro­pi­cia­dos pola fes­ta po­si­bi­li­ta con­so­li­dar a iden­ti­da­de dos po­bos, na me­di­da en que os gru­pos so­ciais ato­pan o ca­mi­ño pro­pi­cio pa­ra afir­mar­se no que son e mar­car di­fe­ren­za co que non son. A fes­ta po­si­bi­li­ta re­co­ñe­cer­se na di­fe­ren­cia­ción coa cul­tu­ra do ou­tro e des­de esa pers­pec­ti­va, cons­ti­túe­se nun me­ca­nis­mo de de­fen­sa fron­te a cal­que­ra amea­za ou ris­co de des­apa­ri­ción.

Pe­ro pa­ra que a fes­ta se­xa es­ce­na­rio de afir­ma­ción da iden­ti­da­de é in­dis­pen­sa­ble que se pre­sen­te no seu sen­ti­do ori­xi­nal, co­mo es­pa­zo on­de se exal­tan os fac­to­res iden­ti­fi­ca­do­res da cul­tu­ra lo­cal. Non se tra­ta de pe­char a fes­ta con sen­ti­do ex­cluín­te, se­nón que pola con­tra, de­be­mos abri­la, pa­ra que a cul­tu­ra lo­cal te­ña a opor­tu­ni­da­de de ser exal­ta­da, va­lo­ra­da e ava­lia­da.

A fes­ta é pa­tri­mo­nio dun co­lec­ti­vo; a súa for­ma, ex­pre­sión e ma­ni­fes­ta­ción non po­den es­tar su­pe­di­ta­das aos intereses dos mer­ca­de­res da cul­tu­ra que sa­tu­ran os es­pa­zos pro­pios re­du­cin­do po­si­bi­li­da­des ás crea­cións lo­cais ou re­le­gán­doas a un se­gun­do plano pa­ra im­po­ñer os es­te­reo­ti­pos. Ser cons­cien­tes des­ta reali­da­de e de­fen­der os seus pos­tu­la­dos, é o com­pro­mi­so que de­be asu­mir to­do xes­tor cul­tu­ral, pa­ra que o seu que­fa­cer re­ver­ta en be­ne­fi­cio da súa reali­da­de e a súa cul­tu­ra e non en ins­tru­men­to ao ser­vi­zo de intereses co­mer­ciais. Boa fes­ta!.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.