Con­ta atrás pa­ra a sin­gra­du­ra nú­me­ro 69

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Os 30 tro­feos e as 200 me­da­llas que a Real e Ilus­tre Co­fra­día da Dor­na en­tre­ga­rá aos ga­ña­do­res das pro­bas xa vi­ron a luz A fa­lla de pou­co máis de dúas se­ma­nas pa­ra que a gran ma­rea dor­nei­ra aso­la­gue de no­vo a ci­da­de de Ri­bei­ra, xa se po­de di­cir que a con­ta atrás pa­ra o co­me­zo da sin­gra­du­ra nú­me­ro 69 es­tá en mar­cha. On­te inau­gu­rá­ba­se na ten­da ReiZen­to­lo da pra­za de Es­pa­ña a ex­po­si­ción Fes­ta da

Dor­na Ajuards ou, o que ven sen­do o mes­mo, a co­lec­ción de tro­feos que a Real e Ilus­tre en­tre­ga­rá aos ga­ña­do­res das di­fe­ren­tes pro­bas que in­te­gran o ca­len­da­rio de com­pe­ti­cións máis sin­gu­lar e en­tre­ti­do da co­mar­ca.

Son, en to­tal, 27 pe­zas que fo­ron deseña­das pa­ra a oca­sión po­los ar­tis­tas Uxía Mu­ñiz, Ve­ró­ni­ca Leis e Eva Ca­llón, así co­mo por usua­rios das aso­cia­cións A Cre­ba e Am­bar. A maio­res, a mos­tra in­clúe ca­se duas­cen­tas me­da­llas, que son obra da fir­ma lo­cal Pa­xa­re­las.

To­das es­tas ex­clu­si­vas pe­zas, en­tre as que se in­clúe a pres­ti­xio­sa Co­pa da Rei, irán a pa­rar ás vi­tri­nas da­que­las pe­ñas que lo­gran a vi­to­ria na can­ción de tas­ca, o voo sen mo­tor, a re­ga­ta de em­bar­ca­cións, a de­co­ra­ción de fa­ne­quei­ras, as ca­rri­la­nas, o fes­ti­val de hip-hop e o ma­ra­ta­són. Ta­mén ha­be­rá ga­lar­dóns pa­ra o es­ta­ble­ce­men­to hos­ta­lei­ro que ga­ñe a ru­ta de ta­pas

Flo­res de pra­ta

E, co­mo no­vi­da­de, a ex­po­si­ción in­cor­po­ra un­ha co­lec­ción de de­se­ños da flor da Dor­na en pra­ta, que son obra de Álex Nes­pe­rei­ra. Trá­ta­se, de fei­to, dun dos pri­mei­ros tra­ba­llos que fai es­te mo­zo ri­bei­ren­se, que es­tu­dou xoie­ría na es­co­la Mes­tre Ma­teo de Com­pos­te­la.

A inau­gu­ra­ción da mos­tra co­rreu a car­go da vi­ce­pre­si­den­ta da Real e Ilus­tre, Lydia Fer­nán­dez. O má­xi­mo di­ri­xen­te da aso­cia­ción, Nar­ci­so Fer­nán­dez, ató­pa­se es­te fin de se­ma­na en Com­ba­rro, par­ti­ci­pan­do no en­con­tro de em­bar­ca­cións tra­di­cio­nais. Ata alí via­xa­ron ta­mén as tres dor­nas que ten a con­fra­ría.

CE­DI­DA

Lydia Fer­nán­dez (de­rei­ta), cos ar­tis­tas que deseña­ron os ga­lar­dóns dor­nei­ros.

e pa­ra o lo­cal co­mer­cial que lu­za o me­llor es­ca­pa­ra­te dor­nei­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.