Hem­bris­mo

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión - MA­RÍA CA­NO­SA

Hem­bris­mo. Ese é o ter­mo que se con­fun­de con fe­mi­nis­mo. Así que o me­llor é co­me­zar por el. O hem­bris­mo é a con­si­de­ra­ción do ho­me co­mo ser in­fe­rior á mu­ller. Hem­bris­mo, re­pi­to.

Fe­mi­nis­mo non é hem­bris­mo. Non. Non o é. O fe­mi­nis­mo de­fen­de a igual­da­de de de­rei­tos en­tre o ho­me e a mu­ller. Per­mí­tan­me que o vol­va re­pe­tir aquí, nes­ta ven­tá que te­ño no xor­nal, por­que creo que é ne­ce­sa­rio. E che­go a esa con­clu­sión des­pois de que nos úl­ti­mos días ve­ña de es­coi­tar a xen­te moi di­ver­sa errar na con­cep­ción do ter­mo. Co­men­ta­ris­tas na ra­dio, mo­zas ico­nas fa­lan­do an­te un­ha cá­ma­ra, cen­tos e cen­tos de co­men­ta­rios nas re­des so­ciais...

O fe­mi­nis­mo bus­ca a igual­da­de, des­de a po­si­ción ac­tual, que é des­fa­vo­re­ci­da pa­ra as mu­lle­res. A reali­da­de, ob­via­men­te, é a que é. Pois ben, par­tin­do des­te pun­to, o úni­co que se pi­de é igual­da­de de de­rei­tos, é di­cir, de opor­tu­ni­da­des. Nin fa­vo­ri­tis­mos nin dis­cri­mi­na­ción po­si­ti­va. Sim­ple­men­te, a po­si­bi­li­da­de de ter, ac­ce­der, aca­dar, in­ten­tar... nas mes­mas con­di­cións que eles. Así de sin­xe­lo, sen máis.

É in­com­pa­ti­ble o pen­sa­men­to de re­co­ñe­cer que as mu­lle­res o te­mos máis com­pli­ca­do e re­vi­rar­nos con­tra iso pe­ro non ser fe­mi­nis­tas. Aí o erro. Hai moi­tas máis fe­mi­nis­tas do que elas mes­mas cren, pe­ro con­fun­den o no­me que dar­lle ao seu sen­tir.

De­be­ria­mos po­ñer car­teis anun­cia­do­res, ex­pli­can­do que o que se es­tá a re­cla­mar, pa­ra que a so­cie­da­de se in­vo­lu­cre co­rrec­ta­men­te.

To­do é pou­co ata con­se­guir que real­men­te se­xa­mos iguais no ca­mi­ño da vi­da. Di­gá­mo­lo sen me­do. Fe­mi­nis­mo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.