Di­ga­mos non ao CETA

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

SOLEIRA X. L. FRAN­CO GRAN­DE

Co­mo ben es­cri­biu J. Sti­glitz, en­tre moi­tos ou­tros, os cha­ma­dos tra­ta­dos de li­bre co­mer­cio só te­ñen co­mo fi­na­li­da­de pro­te­xer as in­ver­sións á par que re­du­cen a pro­tec­ción dos tra­ba­lla­do­res, con­su­mi­do­res, usua­rios e do me­dio am­bien­te. A co­lo­ni­za­ción mi­li­tar de on­te vén sen­do subs­ti­tuí­da ago­ra po­los cha­ma­dos tra­ta­dos co­mer­ciais bi­la­te­rais.

Non é cer­to que o CETA pro­du­za ex­pan­sión pa­ra a pe­que­na em­pre­sa, pois a ex­por­ta­ción, en xe­ral, non é o seu, e sem­pre van es­tar en in­fe­rio­ri­da­de fron­te ás gran­des em­pre­sas do Ca­na­dá; e exis­te o te­mor ra­cio­nal, á vis­ta de ex­pe­rien­cias co­mo a de Mé­xi­co coa apli­ca­ción do NAF­TA, de que des­apa­re­zan máis de 200.000 postos de tra­ba­llo en to­da a UE. O se­cre­tis­mo en que se foi xes­tio­nan­do es­te tra­ta­do, co­mo to­dos os de­mais, é un sín­to­ma ben sos­pei­to­so

Di­ver­sos es­tu­dos aler­tan de que non ga­ran­te, nin pro­te­xe, os de­rei­tos dos tra­ba­lla­do­res, nin os de­rei­tos so­ciais, nin os com­pro­mi­sos xa ad­qui­ri­dos po­la UE so­bre o cli­ma. E ase­ma­de que vai con­tri­buír ao au­men­to das de­sigual­da­des e ao de­te­rio­ro dos ser­vi­zos pú­bli­cos, co­mo por ex­pe­rien­cia é xa ben sa­bi­do.

Es­te tra­ta­do pre­ten­de im­po­ñer un­ha Ad­mi­nis­tra­ción de xus­ti­za pa­ra­le­la á dos Es­ta­dos, coa fi­na­li­da­de de que a le­xis­la­ción des­tes non se opo­ña aos seus prin­ci­pios, de ma­nei­ra que as trans­na­cio­nais po­de­rán de­man­dar aos Es­ta­dos que le­xis­len en con­tra dos in­tere­ses des­tas, co­mo xa su­ce­deu en va­rios paí­ses.

Ao ca­bo, moi­tos pen­san, coido que con acer­to, que es­te tra­ta­do vai con­tri­buír a ba­lei­rar de con­ti­do de­mo­crá­ti­co a Unión Eu­ro­pea. Po­lo que se­me­lla, cer­tas op­cións po­lí­ti­cas dan prio­ri­da­de a ga­ran­tir os be­ne­fi­cios das com­pa­ñías trans­na­cio­nais so­bre as con­di­cións de vi­da dos ci­da­dáns dos paí­ses asi­nan­tes. Op­cións pa­ra as que a so­be­ra­nía é sa­gra­da... can­do con­vén.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.