«Bus­ca­mos que a xen­te se ache­gue a es­coi­tar mú­si­ca dun xei­to re­la­xa­do»

A ci­ta noie­sa é un­ha das dúas que se rea­li­zan en Es­pa­ña e reúne a ar­tis­tas de gran ni­vel

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - A. GERPE / A. NO­VO

A vi­la noie­sa vol­ve­rá a ter a súa ci­ta co Fes­ti­val de Ar­pa, que che­ga a súa cuar­ta edi­ción e que, de no­vo, pre­sen­ta un car­tel mar­ca­do po­la ca­li­da­de e repu­tación dos asis­ten­tes. O pro­mo­tor da mes­ma, o ar­pis­ta Rodrigo Ro­ma­ní, sén­te­se sa­tis­fei­to po­lo éxi­to de pú­bli­co e po­lo in­tere­se dos in­tér­pre­tes por acu­dir.

—¿Co­mo na­ceu o fes­ti­val de ar­pa?

—Non foi na­da pre­me­di­ta­do, foi un­ha ca­sua­li­da­de. Hou­bo un­ha ar­tis­ta ir­lan­de­sa que, hai ca­tro anos, fi­xo un­ha xi­ra por Ga­li­cia e bus­ca­ba a ma­nei­ra de com­ple­ta­la. Oco­rréu­se­nos que co seu con­cer­to e al­gun­ha ac­tua­ción máis po­día­mos or­ga­ni­zar un fes­ti­val. Des­pois en­tra­mos en con­tac­to con ou­tros ar­tis­tas e vi­mos que era fac­ti­ble fa­cer un­ha ci­ta de ám­bi­to in­ter­na­cio­nal. Ao mes­mo tempo, trá­ta­se de al­go pou­co co­ñe­ci­do e o mun­do da ar­pa prés­ta­se pa­ra moi­tos es­ti­los di­fe­ren­tes. Con ese de­no­mi­na­dor co­mún pen­sa­mos en fa­cer un en­con­tro con mú­si­ca moi va­ria­da e que ti­ve­ra a ar­pa co­mo ele­men­to prin­ci­pal.

—¿Co­mo foi evo­lu­cio­nan­do, trá­ta­se dun­ha ci­ta con­so­li­da­da?

—Pois pa­re­ce que si. O pri­mei­ro fes­ti­val non ti­ña o pro­pó­si­to de per­du­rar, pe­ro foi a reac­ción do pú­bli­co a que nos fi­xo ter es­pe­ran­zas de que po­día ser un­ha ci­ta pe­rió­di­ca pro­gra­ma­da, e así foi. Nas se­guin­tes edi­cións, o pú­bli­co si­gue res­pon­den­do moi ben. Non bus­ca­mos un au­di­to­rio es­pe­cia­li­za­do, se­nón de ca­rác­ter xe­ral. Per­soas que non se­xan es­pe­cial­men­te afec­cio­na­das a ar­pa ou a de­ter­mi­na­do ti­po de mú­si­ca. Bus­ca­mos que a xen­te se ache­gue, sim­ple­men­te, a es­coi­tar mú­si­ca dun xei­to re­la­xa­do.

—¿Hai moi­tas ci­tas des­te ti­po?

—A ar­pa é un ins­tru­men­to moi ver­sá­til, que se pres­ta moi­to á va­rie­da­de. Ade­mais, pó­de­se to­car soa, non pre­ci­sa, ne­ce­sa­ria­men­te, de ou­tros pa­ra acom­pa­ña­la. Por iso em­pe­zou a ha­ber fes­ti­vais por to­do o mun­do. Nes­te mo­men­to hai uns vin­te en Eu­ro­pa e ou­tros tan­tos en Amé­ri­ca. Na pe­nín­su­la Ibé­ri­ca só se fan dous, un é o de Noia e hai ou­tro en Sent­me­nat, una lo­ca­li­da­de pre­to de Bar­ce­lo­na.

—¿In­clui­rán al­gun­ha no­vi­da­de nes­ta edi­ción?

—Te­mos un­ha li­ña de tra­ba­llo con­ti­nua, pe­ro bus­ca­mos que ca­da vez se con­cre­te en cou­sas di­fe­ren­tes. Es­te ano tra­ba­lla­mos con mú­si­cos eu­ro­peos e la­ti­noa­me­ri­ca­nos, on­de a ar­pa é un dos ins­tru­men­tos prin­ci­pais, xun­to coa gui­ta­rra, e ta­mén con ar­tis­tas lo­cais. Con xen­te pro­fe­sio­nal que na­ceu ou es­tá re­la­cio­na­da con Noia e con in­tér­pre­tes non pro­fe­sio­nais que fan mú­si­ca en Noia.

—En­tre os asis­ten­tes ha­be­rá un neno me­xi­cano de só 13 anos.

—Efec­ti­va­men­te, Eduar­do Vi­ve­ros. É un ra­paz que vén acom­pa­ña­do de seu pai, que to­ca a ja­ra­na, que é un­ha es­pe­cie de gui­ta­rra, e dun bai­xo. Trá­ta­se dun neno que pro­ce­de dun po­bo de Ve­ra­cruz, Ce­rri­llos de Díaz, no que ca­se to­do o mun­do to­ca a ar­pa. Te­ñen un­ha gran tra­di­ción. Eduar­do Vi­ve­ros é un­ha es­pe­cie de re­ve­la­ción e xa fi­xo ac­tua­cións en di­ver­sos paí­ses, pe­ro é a pri­mei­ra vez que vén a Es­pa­ña. Tan­to seu pai co­ma el es­ta­ban moi ilu­sio­na­dos e Noia pa­re­ceu­lles o si­tio per­fec­to e, in­clu­so, pu­xé­ron­se en con­tac­to co de­par­ta­men­to de cul­tu­ra me­xi­cano pa­ra que lles axu­da­ra a vir.

—¿Re­sul­ta sin­xe­lo re­unir a ar­tis­tas des­ta ta­lla en tan pou­cos días en Noia?

—Aos afec­cio­na­dos fai­nos moi­ta ilu­sión e eu pen­so que ao pú­bli­co en xe­ral ta­mén, a mos­tra é que en­chen os con­cer­tos. Son ar­tis­tas de moi­ta ca­te­go­ría. Por exem­plo, nes­ta oca­sión pe­cha­rá o fes­ti­val un­ha ar­pis­ta que re­si­de no Reino Uni­do, pe­ro que é de Gam­bia e a mú­si­ca que to­ca é un­ha es­pe­cie de pop ba­sea­do en sons afri­ca­nos. O de Noia se­rá o seu úni­co con­cer­to en Es­pa­ña. Es­te ti­po de cou­sas son im­por­tan­tes e con­si­de­ro que pa­ra a vi­la de Noia son un atrac­ti­vo máis.

—Is­to é un­ha mos­tra da re­le­van­cia aca­da­da po­lo fes­ti­val.

—Ca­da ano re­ci­bi­mos pe­ti­cións de xen­te de to­do o mun­do que que­re vir to­car. O am­bien­te é ideal, por­que hai que pen­sar que al­gun­ha das ac­tua­cións rea­lí­za­se na igre­xa de San­ta Ma­ría a No­va sen nin­gún ti­po de am­pli­fi­ca­ción, di­rec­ta­men­te o son do ins­tru­men­tis­ta ao pú­bli­co. Iso fai que se tra­te de con­cer­tos moi es­pe­ciais e que á xen­te lle ape­te­za vi­vir esa ex­pe­rien­cia.

CAR­ME­LA QUEI­JEI­RO

Ro­ma­ní afir­ma que a ar­pa é un ins­tru­men­to moi ver­sá­til e que se pres­ta á va­rie­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.