Un mes­tre den­tro e fó­ra das au­las

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - P. C.

Che­gou a es­te mun­do no ou­tono, un 3 de no­vem­bro de 1955. Con­ta­ba que al­go da tris­tu­ra do mes dos de­fun­tos lle que­dou pren­di­da no ca­rác­ter e fi­xo del un ho­me en­si­mes­ma­do e con­tem­pla­ti­vo. O mes­tre da es­cri­ta Car­los Mos­tei­ro Fra­ga ocu­pou­se de com­po­ñer ata a súa pro­pia his­to­ria, co mes­mo gus­to e boa le­tra que foi cul­ti­van­do du­ran­te to­da un­ha vi­da de­di­ca­da á do­cen­cia, á li­te­ra­tu­ra e á lec­tu­ra.

De pe­queno, co­mo el mes­mo re­la­ta­ba, ti­vo un­ha in­fan­cia fe­liz en­tre a es­co­la, os xo­gos, os ami­gos e a li­ber­da­de do cam­po e da al­dea. Lo­go deu o sal­to á ur­be pa­ra es­tu­dar Ma­xis­te­rio, pa­ra fa­cer­se un mes­tre. Quen o co­ñe­ceu con­ta que o foi tan­to den­tro co­ma fó­ra da es­co­la. O cur­so da vi­da le­vou a aquel ra­paz na­ci­do a ca­rón do Lé­rez, en Xe­ve (Pon­te­ve­dra), ría arri­ba ata A Po­bra do Ca­ra­mi­ñal, on­de ato­pou o seu fo­gar e for­mou un­ha fa­mi­lia xun­to a Lour­des, a súa mu­ller, coa que criou a dous fi­llos.

Car­los Mos­tei­ro bro­mea­ba coa idea da po­li­ga­mia que man­ti­ña coa li­te­ra­tu­ra. Di­cía que froi­to da aven­tu­ra ex­tra­con­xu­gal «cun­ha se­ño­ra es­tu­pen­da que se cha­ma li­te­ra­tu­ra» foi au­men­tan­do a pro­le. Pri­mei­ro, con O día que Mi­guel In­du­ráin pa­sou por Gon­de­ran­de (Ga­la­xia, 1999). Lo­go veu Ma­nual de ins­tru­cións pa­ra que­rer a Ire­ne (Ga­la­xia e Edi­to­res Aso­cia­dos, 2001), Ese uni­cor­nio ro­sa (Tam­bre-Edel­vi­ves, 2005) e Un­ha bru­xa ben ra­ra (SM, 2007).

Es­te úl­ti­mo fi­llo ex­tra­ma­tri­mo­ñal, en lu­gar de traer­lle un pan bai­xo o bra­zo tróu­xo­lle to­do un Bar­co de Va­por, un dos máis im­por­tan­tes premios que re­ci­biu, nes­te ca­so, po­lo seu la­bor na li­te­ra­tu­ra in­fan­til e xu­ve­nil.

A súa ou­tra fa­mi­lia

A fa­mi­lia da cul­tu­ra e a co­mu­ni­da­de es­tu­dan­til cho­ran den­de on­te ao pro­fe­sor, moi que­ri­do, no co­le­xio de Ca­dre­che, así co­mo no mun­do da cul­tu­ra, es­trei­ta­men­te vin­cu­la­do coa aso­cia­ción Bar­ban­tia, on­de foi te­sou­rei­ro e exer­cía nos úl­ti­mos tem­pos co­ma vo­gal. Era, co­mo non, co­la­bo­ra­dor ha­bi­tual de A Voz de Bar­ban­tia e com­par­tía de for­ma pe­rió­di­ca o seu ta­len­to no su­ple­men­to cul­tu­ral de La Voz de Bar­ban­za, mes­mo nos úl­ti­mos tem­pos, can­do fi­xo un es­for­zo por se­guir po­ñen­do o seu graí­ño de area con O fío de Ariad­na, so­bre­po­ñén­do­se a un can­cro ga­lo­pan­te que se lle cru­zou no ca­mi­ño.

A mar­cha do ho­me, do na­mo­ra­do do mar, tran­qui­lo e ama­ble, sem­pre cun­ha boa pa­la­bra na bo­ca, foi un ma­za­zo pa­ra a co­mar­ca, que po­de­rá des­pe­di­lo ho­xe, ca­ra as 18.30 ho­ras, no ta­na­to­rio Jesús do Na­za­reno da Po­bra, nun ac­to fú­ne­bre pre­vio á súa in­ci­ne­ra­ción. ¡Bo re­gre­so ao lim­bo mes­tre!.

C. Q.

Mos­tei­ro, nun­ha fo­to de 2005.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.