Pis­ci­nas

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Así, pro­te­xi­dos po­los ro­che­dos acol­cha­dos po­lo brión, co­mo se fo­sen gar­diáns dun exér­ci­to me­die­val, a au­ga é un re­man­so de paz, es­tá lon­xe da apa­ren­cia des­tru­ti­va que adop­ta en non pou­cas oca­sións. Ago­ra es­tá ro­dea­da des­te mu­ro de pro­tec­ción, co­mo ameas dun cas­te­lo que pro­te­xe un San­to Graal lí­qui­do. Mí­ni­mo re­pre­sen­tan­te dun Po­sei­dón me­nor, ape­que­na­do, te­me­ro­so, en­gaio­la­do. E hou­bo un día en que esa au­ga co­rreu cei­be, foi po­ten­cia dun­ha en­chen­te, ata que que­dou no ini­cio dun sim­ple desexo de mo­de­ra­ción.

Así que, es­ta­ble­ceu a súa mo­ra­da, po­de que de­fi­ni­ti­va, aí ne­se oco ca­ver­no­so e es­cu­ro nal­gún lu­gar in­de­fi­ni­do da Se­rra do Bar­ban­za, ne­se océano, mí­ni­mo, mi­ni­ma­lis­ta. Es­ta au­ga quie­ta, es­tan­ca­da, la­cus­tre, bo­ta de me­nos ser ou­tra cou­sa; bo­ta en fal­ta o pres­ti­xio das on­das do mar océano, a fas­ci­na­ción do mar pró­xi­mo, da bra­vu­ra sal­ga­da dos sal­sei­ros que dei­xa atrás o su­co da proa, o re­go que ca­va na to­na da au­ga a qui­lla­tras de si.

Pe­ro eses son so­ños de se­du­tor, de au­ga po­bre, que pou­co máis é que po­za, po­zan­ca que so­ña, inutil­men­te, con cin­xir o mar de bo­li­na fron­te a un ven­to in­sis­ten­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.