«A no­sa prio­ri­da­de é pro­ver de rou­pa e ali­men­tos ás fa­mi­lias ne­ce­si­ta­das»

Ex­pli­ca que a en­ti­da­de pres­ta axu­da a 10 fa­mi­lias, pe­ro que che­gou a aten­der a 18

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - A. NOVO / M. X. BLAN­CO

O 9 de xu­ño abría as súas por­tas en Ou­tes a se­de de Cá­ri­tas, un lo­cal que es­tá a dis­po­si­ción de to­das as fa­mi­lias ne­ce­si­ta­das do mu­ni­ci­pio e ta­mén dos ve­ci­ños que quei­ran bo­tar un­ha man en fa­vor do pró­xi­mo. Á fron­te da en­ti­da­de ató­pa­se Ma­ría Au­ro­ra Go­sen­de, que se mer­gu­llou na or­ga­ni­za­ción hu­ma­ni­ta­ria des­de o seu des­em­bar­co no mu­ni­ci­pio, no ano 2009.

—¿Co­mo cam­biou o co­lec­ti­vo des­de a súa en­tra­da en fun­cio­na­men­to ata a ac­tua­li­da­de?

—Foi crea­do por tres vo­lun­ta­rios máis o sa­cer­do­te e a día de ho­xe, afor­tu­na­da­men­te, so­mos 12 máis o pá­rro­co. Es­te au­men­to dé­be­se a que nes­te úl­ti­mo ano for­ma­mos un con­se­llo in­ter­pa­rro­quial en­tre San­ta Ma­ría de Coi­ro, San Mi­guel de Va­la­da­res, San Lo­ren­zo de Ma­ta­suei­ro, San Pe­dro de Ou­tes e San Cos­me de Ou­tei­ro, que son tó­da­las pa­rro­quias que le­va Ro­ber­to Frei­re. Un gran gru­po de per­soas in­te­gran o vo­lun­ta­ria­do de Cá­ri­tas e gra­zas a to­dos elas so­mos ca­pa­ces de sa­car adian­te a en­ti­da­de.

—¿Nun­ca an­tes con­ta­ran cun­ha se­de pro­pia?

—Non, desen­vol­via­mos o no­so tra­ba­llo na ca­pe­la da Se­rra. Des­de a fun­da­ción vi­ña­mos ten­tan­do ter lo­cal, pe­ro non fo­ra po­si­ble. Des­de aquí que­ro agra­de­cer a to­da a cor­po­ra­ción e, en es­pe­cial, á al­cal­de­sa, Bea­triz Mo­li­nos, que pu­xo to­do o seu em­pe­ño pa­ra que es­te pro­xec­to saí­ra adian­te.

—¿Con­di­cio­na­ba a ca­ren­cia dun es­pa­zo as ac­ti­vi­da­des de Cá­ri­tas?

—Por su­pos­to. Pri­mei­ro, por­que non te­lo non nos da­ba ac­ce­so, por exem­plo, a so­li­ci­tar axu­da ao ban­co de ali­men­tos, pois re­qui­ría­se un lu­gar coas con­di­cións hi­xié­ni­cas axei­ta­das. In­clu­so pa­ra ce­le­brar reunións ou pa­ra im­par­tir cur­sos, con­tar cun lo­cal era im­pres­cin­di­ble.

—¿Co­mo es­tá dis­tri­buí­do ese novo lu­gar?

—Te­mos un­ha ha­bi­ta­ción des­ti­na­da a rou­pa, ou­tra pa­ra ali­men­tos e ou­tra de­di­ca­da ao que des­de o no­so pun­to de vis­ta é o máis im­por­tan­te, a aco­lli­da das per­soas, on­de fa­la­mos con elas. Lo­go te­mos un al­ma­cén, xa que ás ve­ces nos traen xo­gue­tes ou cuei­ros, e un cuar­to pa­ra reunións.

—¿Ca­les son as cam­pa­ñas que desen­vol­ven ha­bi­tual­men­te?

—A ini­cia­ti­va máis im­por­tan­te que ata o de ago­ra vi­ña­mos fa­cen­do era a da ope­ra­ción qui­lo no Na­dal. Aín­da que te­mos en men­te ou­tras, co­mo con­cer­tos e fes­ti­vais so­li­da­rios.

—Pe­ro, a en­ti­da­de es­tá aber­ta a to­das as ache­gas dos ve­ci­ños, ¿non é así?

—Si, re­co­lle­mos rou­pa, ali­men­tos, xo­gue­tes pa­ra ne­nos, to­do o que nos poi­dan pro­por­cio­nar. Se nós non te­mos fa­mi­lias ás que en­tre­gar es­tas cou­sas, sem­pre po­de­mos re­co­rrer a ou­tros co­lec­ti­vos de Cá­ri­tas ou á Cruz Ver­me­lla. Imos abrir tó­do­los ven­res, en­tre as de 17.30 e as 19.00 ho­ras, pa­ra re­co­ller to­do o que nos traian.

—¿In­vo­lú­cra­se a so­cie­da­de de Ou­tes na súa causa ou cus­ta ato­par co­la­bo­ra­do­res?

—A so­cie­da­de de Ou­tes in­vo­lú­cra­se nas ini­cia­ti­vas de Cá­ri­tas. Un­ha das que máis éxi­to ten é a cam­pa­ña de Na­dal. Hai uns anos ha­bía un­ha per­soa que non po­día fa­cer fron­te ao alu­guer e a xen­te co­la­bo­rou. Pa­ga­mos dous me­ses. Ta­mén es­ta­mos en con­tac­to cos co­le­xios.

—¿Ache­gan o seu grao de area os mo­zos ou aí é máis di­fí­cil ato­par vo­lun­ta­rios?

—O cer­to é que nes­tes mo­men­tos hai pou­ca xen­te no­va in­vo­lu­cra­da na en­ti­da­de, pe­ro es­pe­ro que ca­da día esa ci­fra vaia a máis, so­bre to­do can­do em­pe­cen a ver­se os froi­tos do tra­ba­llo que es­ta­mos le­van­do a ca­bo.

—En­tén­de­se que cal­que­ra re­si­den­te de Ou­tes que o desexe po­de for­mar par­te de Cá­ri­tas.

—Por su­pos­to. Aque­les que es­tean in­tere­sa­dos en co­la­bo­rar non te­ñen máis que po­ñer­se en con­tac­to con nós. Ata o de ago­ra non te­mos so­cios, pe­ro gus­ta­ría­nos inau­gu­rar a lis­ta xa.

—¿Ca­les son nes­tes in­tres as prio­ri­da­des da or­ga­ni­za­ción?

—Te­mos que tra­ba­llar en va­rias li­ñas. Gus­ta­ría­me que a xen­te se con­cien­cia­ra de que Cá­ri­tas é o co­ra­zón da Igre­xa, sen un­ha par­te non hai a ou­tra. O pá­rro­co in­sis­te moi­to nes­te te­ma e eu fa­go mi­ñas as súas pa­la­bras. Nes­tes in­tres, a no­sa prio­ri­da­de é pro­por­cio­nar rou­pa e ali­men­tos ás fa­mi­lias ne­ce­si­ta­das, e ta­mén axu­dar­lles pa­ra que re­ci­ban for­ma­ción. Te­mos un pro­xec­to bas­tan­te re­le­van­te, que pa­sa por bus­car a au­to­xes­tión da en­ti­da­de. Se pui­de­ra­mos che­gar a crear al­gún posto de tra­ba­llo se­ría ideal.

—¿Co­mo che­gan esas per­soas ne­ce­si­ta­das a vos­te­des?

—Nor­mal­men­te, os usua­rios ve­ñen de­ri­va­dos de Ser­vi­zos So­ciais do Con­ce­llo, que se en­car­ga de fa­cer un in­for­me pre­vio. Es­te ano es­ta­mos aten­den­do a dez fa­mi­lias, pe­ro nos pa­sa­dos che­ga­mos a ocu­par­nos de 18. Se­me­lla que a si­tua­ción vai me­llo­ran­do. Oxa­lá che­gue o mo­men­to no que non ha­xa nin­gun­ha per­soa que pre­ci­se a no­sa axu­da.

SANDE

Go­sen­de amó­sa­se moi sa­tis­fei­ta co novo lo­cal do co­lec­ti­vo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.