Na­cer, mo­rrer

La Voz de Galicia (Barbanza) - - A Fondo - Ma­nuel Blan­co De­sar

Hai anos pre­gun­tei en va­rias ONG que acon­te­ce can­do al­guén sen fa­mi­lia en­fer­ma gra­ve­men­te, se con­ver­te en de­pen­den­te ou pa­de­ce un­ha pa­to­lo­xía psiquiátrica. Si­len­cio. Mo­rrer en soi­da­de de­be de ser un dos peo­res tran­sos da vi­da. Nin­guén con quen fa­lar das an­gu­rias. Nin­gun­ha man que alou­mi­ñe as tem­pas ou se­que as bá­goas. Sem­pre lem­bro a Poe e o seu con­to so­bre o en­te­rro pre­ma­tu­ro. Te­mos que mi­rar os uns po­los ou­tros. Nes­tes tem­pos nos que as re­des fa­mi­lia­res ra­chan por­que a fa­mi­lia es­fa­re­la, cóm­pre cul­ti­var can­do me­nos un­ha me­llor fra­ter­ni­da­de cí­vi­ca. Claro que pa­ra iso hai que su­pe­rar a va­ga de anomia que nos en­su­me co­mo so­cie­da­de. Mi­llei­ros dos no­sos com­pa­trio­tas, ir­máns por ser fi­llos dun­ha mes­ma pa­tria, vi­ven en pe­nu­ria e illa­men­to, co­mo en­te­rra­dos en vi­da. Vé­ñen­me á ca­be­za esas te­rri­bles es­ce­nas de pa­re­llas nas que un coida co­mo po­de ao ou­tro im­pe­di­do, e nas que o coida­dor —xe­ral­men­te coida­do­ra, por ser a mu­ller un ser su­pe­rior en éti­ca— mo­rre de sú­pe­to. O que per­vi­ve ago­nía ven­do im­po­ten­te co­mo se des­fai o cor­po do ser que­ri­do. Acon­te­ce máis ve­ces das que de­be­ra, tan­to no ru­ral co­mo no cen­tro das no­sas ci­da­des. Lem­bro ta­mén a Aa­rón Ca­ba­das Bien­zo­bas, un neno ga­le­go de dous aniños, mor­to por ina­ni­ción en Ponteareas, en se­tem­bro do 2006, na Es­pa­ña da Cham­pions, que ía adian­tar en ren­da a Fran­cia. El e a súa ir­má, un ano maior, só to­ma­ron au­ga du­ran­te dous me­ses, se­gun­do re­la­ta a sen­ten­za da Au­dien­cia de Pon­te­ve­dra. Pe­dín da­que­la que se lle de­di­ca­ra un par­que ou un­ha es­co­la in­fan­til pa­ra lem­brar a súa me­mo­ria e lim­par a no­sa ver­go­ña, pe­ro nin­guén qui­xo lem­brar, nin se­que­ra os no­sos pro­lí­fi­cos es­cri­to­res de con­tos in­fan­tís. Te­mos un pro­ble­ma e de­be­mos so­lu­cio­na­lo. Nós. Non só o Es­ta­do, a co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma, a depu­tación e o con­ce­llo. Nós. Os que co­lle­mos ex­cre­men­tos de cans na rúa. Os que bo­ta­mos ho­ras no bar, ven­do os pelotazos dos de­frau­da­do­res ti­po Mes­si ou Ro­nal­do. Por­que nin­guén es­tá cei­be de ago­niar só, nin se­que­ra as su­per­nais.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.