O re­tra­to da na­tu­re­za fu­xi­día de De­nís Es­té­vez

O ar­tis­ta com­pos­te­lán mos­tra un­ha trin­te­na das súas fo­to­gra­fías de «In­fi­ni­to ca­du­co» no pa­zo lu­gués de San Mar­cos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - H. J. POR­TO

O ar­tis­ta com­pos­te­lán De­nís Es­té­vez (1980) que­re atra­par a fu­ga­ci­da­de da na­tu­re­za nas súas fo­to­gra­fías. Con ese ob­xec­ti­vo per­co­rreu os ríos ga­le­gos, rías... un­ha pai­sa­xe que to­ma «tal cal é» e da que el fai un­ha in­ter­pre­ta­ción li­bre, «sen ache­gar­lle ma­tiz me­ta­fó­ri­co», su­bli­ña o au­tor. O froi­to des­te pro­xec­to, In­fi­ni­to ca­du­co, que­da á vis­ta ho­xe ás oi­to da tar­de na sala de ex­po­si­cións do pa­zo lu­gués de San Mar­cos. Só se per­mi­te Es­té­vez, nal­gun­has pe­zas, le­ves in­ter­ven­cións, co­mo «gra­fis­mos na area» dun­ha ría —vé­xa­se a ima­xe que acom­pa­ña es­ta in­for­ma­ción— ou ou­tras, co úni­co con­di­cio­nan­te de «non fe­rir o me­dio» e que vaian acor­de cos rit­mos, cos sen­ti­men­tos, coa ex­pre­sión dos há­bi­tats cap­tu­ra­dos. Es­tas ins­tan­tá­neas re­tra­tan un­ha na­tu­re­za fu­xi­día, que, co­mo oco­rre co río, «sem­pre é ou­tra, ca­du­ca cons­tan­te­men­te», no de­vir das es­ta­cións, no mo­rrer e re­na­cer das fo­llas, no pa­so do día á noi­te.

Es­té­vez ser­ve ao es­pec­ta­dor un­ha re­fle­xión de gran­de ca­la­do poé­ti­co que se sos­tén en boa me­di­da —ano­ta— «na cal­ma, no amor que nos trans­mi­te a na­tu­re­za». Es­ta trin­te­na de fo­to­gra­fías abre o es­pa­zo pa­ra as pre­gun­tas ín­ti­mas, pe­ro no fon­do —di o ar­tis­ta— «to­do is­to non é máis que un­ha for­ma de sen­tir­se iden­ti­fi­ca­dos con al­go glo­bal, que to­dos co­ñe­ce­mos». A fru­ga­li­da­de da vi­da agro­ma en­tre os sen­ti­men­tos que se es­vae­cen un­ha vez to­ma­da a ima­xe: as ma­reas, a choi­va, o río, a luz... Son ex­pe­rien­cias efé­me­ras, moi cur­tas, pe­ro ta­mén de moi­ta be­le­za. En fin, poe­sía.

«Se­gre­do en Ca­toi­ra 1», un­ha das pe­zas que se po­den ver en Lu­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.