A ras­trea­do­ra da pe­ga­da cas­tre­xa

In­cor­po­rou­se ao Con­ce­llo pa­ra sa­car á luz res­tos, con­ser­va­los e po­ñe­los en va­lor

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - XOÁN R. ALVITE

Po­ñer en va­lor o pa­tri­mo­nio e di­vul­gar es­te re­cur­so co­mo for­ma de pro­mo­ción tu­rís­ti­ca e de xe­ra­ción de ri­que­za. Esa é, den­de fai me­ses, un­ha das prin­ci­pais li­ñas de tra­ba­llo do Con­ce­llo de Ma­za­ri­cos que, da man da ar­queó­lo­ga Ni­na Alvela Fi­guei­ra, na­tu­ral do ter­mo, es­tá le­van­do a ca­bo un in­ten­so tra­ba­llo de ca­ta­lo­ga­ción, lim­pe­za e di­vul­ga­ción da gran pe­ga­da cas­tre­xa que se con­ser­va no mu­ni­ci­pio.

A día de ho­xe hai cons­tan­cia dun­ha de­ce­na de cas­tros e de pre­to dun cen­to de má­moas re­par­ti­dos por to­do o te­rri­to­rio, al­gun­ha de­las de gran in­te­re­se pa­ra os his­to­ria­do­res. «No con­ce­llo te­mos ca­sos moi des­ta­ca­bles de va­rias ne­cró­po­les tu­mu­la­res, co­mo son as si­tua­das nos lu­ga­res de Val ou Bus­to, on­de hai 13 e 16 má­moas xun­tas, res­pec­ti­va­men­te; ou pre­to do nú­cleo de Co­lúns, no que hai seis ca­ta­lo­ga­das. En Ei­rón ato­pa­mos ata oi­to má­moas no en­torno do dol­men de Per­xu­bei­ra, xa es­ca­va­do», apun­ta es­ta pro­fe­sio­nal. Ta­mén si­na­la que to­do es­te pa­tri­mo­nio es­tá xa ca­ta­lo­ga­do e se­rá in­cluí­do no PXOM mu­ni­ci­pal que se apro­ba­rá en bre­ve, o que per­mi­ti­rá ga­ran­tir a súa con­ser­va­ción fu­tu­ra.

«Es­te é un as­pec­to fun­da­men­tal, por­que xa te­mos exem­plos de cas­tros moi afec­ta­dos po­la man do ho­me e in­clu­so al­gún que es­tá prac­ti­ca­men­te des­apa­re­ci­do de­bi­do á uti­li­za­ción de ma­qui­na­ria pe­sa­do no seu en­torno», la­men­ta es­ta ar­queó­lo­ga que, pre­ci­sa­men­te, des­ti­na un­ha par­te im­por­tan­te do seu tra­ba­llo a ten­tar con­cien­ciar á po­boa­ción so­bre a ne­ce­si­da­de de que es­tes fei­tos non vol­van a re­pe­tir­se. Nes­te sen­ti­do, xa se pu­xe­ron en mar­cha va­rias ac­ti­vi­da­des de vi­si­ta con es­co­la­res e fa­ra­se o pro­pio con per­soas maio­res e ou­tros co­lec­ti­vos.

«Ade­mais da ca­ta­lo­ga­ción, do es­tu­dio e da de­li­mi­ta­ción do en­torno ou da área de pro­tec­ción, un­ha par­te im­por­tan­te do no­so tra­ba­llo con­sis­te na di­vul­ga­ción, por­que re­sul­ta im­por­tan­te que a po­boa­ción co­ñe­za e sai­ba di­fe­ren­ciar as má­moas e os tra­ba­llos que po­den ou non fa­cer­se no en­torno pa­ra ga­ran­tir a súa con­ser­va­ción», si­na­la Ni­na Alvela, que apun­ta ao cas­tro do mon­te Aro co­mo a pun­ta de lan­za des­te am­bi­cio­so pro­xec­to cas­tre­xo que pre­ten­de le­var a ca­bo Ma­za­ri­cos.

Lim­pe­zas con froi­tos

Pre­ci­sa­men­te nes­te en­torno xa se le­va­ron a ca­bo tra­ba­llos de lim­pe­za bai­xo a su­per­vi­sión da Di­rec­ción Xe­ral do Pa­tri­mo­nio Cultural da Xun­ta de Ga­li­cia. En con­xun­to, des­bro­zou­se un­ha su­per­fi­cie de al­go máis de dúas hec­tá­reas, un tra­ba­llo que dei­xou á vis­ta tres mu­ra­llas per­fec­ta­men­te di­fe­ren­cia­das, dúas de­las de­fen­si­vas e un­ha ter­cei­ra de cul­ti­vos que, se­gun­do a téc­ni­ca, per­deu en­ver­ga­du­ra co pa­so do tem­po.

Os tra­ba­llos le­va­dos a ca­bo nes­te en­torno, si­tua­do a máis de 600 me­tros de al­tu­ra en­tre as pa­rro­quias de Ma­ro­ñas e Ma­za­ri­cos, ta­mén per­mi­ti­ron des­cu­brir os res­tos dun­ha igre­xa que, tal e co­mo con­fir­ma­ron os da­tos da en­qui­sa et­no­grá­fi­ca rea­li­za­da, che­gou a exis­tir na zo­na e da que saí­ron a me­dia­dos dos anos 60 as pe­dras coas que pos­te­rior­men­te se cons­trui­ría a ca­pe­lo dos Vaos, ho­xe bai­xo as au­gas do em­bal­se da Fer­ven­za. Os res­tos do cas­tro ta­mén per­mi­ten con­fir­mar que o tra­za­do ori­xi­nal da pro­lon­ga­ción xa­co­bea ata Fis­te­rra dis­co­rría ao pe des­te cons­tru­ción.

«A no­sa in­ten­ción é a de rea­li­zar dis­tin­tas ca­tas ar­queo­ló­xi­cas no lu­gar e o de con­ver­ter o mon­te Aro nun lu­gar de es­tu­dio da cul­tu­ra cas­tre­xa en­si­nan­do ao vi­si­tan­tes a pro­te­xer o pa­tri­mo­nio», si­na­la a es­tu­do­sa, que ta­mén adian­ta a in­ten­ción do con­sis­to­rio ma­za­ri­cán de rea­li­zar un con­gre­so de ar­queo­lo­xía an­tes de fi­nais de ano.

ALVITE

Alvela exer­ceu de guía nun pro­gra­ma de vi­si­tas de es­co­la­res a di­ver­sos xa­ce­men­tos.

No cas­tro do mon­te Aro des­bro­zá­ron­se dúas hec­tá­reas de te­rreo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.