Li­bres de eu­ca­lip­tos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

DE COTÍO FRAN­CIS­CO DÍAZ-FIE­RROS

OCon­ce­llo de Pan­tón vén de de­cla­rar­se «li­bre de eu­ca­lip­tos», sen­do o cuar­to en Ga­li­cia que o fai des­de que o pri­mei­ro, So­ber, apro­bou es­ta me­di­da no 2009, ao tem­po que hai ou­tros que se­me­lla que es­tán es­tu­dan­do su­mar­se a di­ta de­ci­sión. Que que­ren di­cir con es­tas de­cla­ra­cións? Que cal­que­ra ou­tra es­pe­cie de me­dra rá­pi­da, co­mo de­ter­mi­na­das co­ní­fe­ras ou mes­mo as aca­cias, po­de­rían ser ob­xec­to de re­po­boa­cións? Só es­ta­rían so­me­ti­das a es­ta ex­co­mu­ñón as es­pe­cies do xé­ne­ro Eu­ca­lip­tus?

Su­po­ño que es­te ti­po de de­ci­sións de to­da un­ha cor­po­ra­ción mu­ni­ci­pal se fa­rán con to­da cla­se de ase­so­ra­men­tos aín­da que eu, hu­mil­de­men­te, es­ti­mo, ao con­sul­tar o Ma­pa de Ca­pa­ci­da­de Pro­duc­ti­va de Ga­li­cia, que reali­cei xun­to a Fer­nan­do Gil So­tres no ano 1983, que exis­ten 3.400 hec­tá­reas, das 13.000 e pi­co que ten o con­ce­llo de So­ber, nas que se po­de­rían fa­cer plan­ta­cións de eu­ca­lip­tos sen agar­dar da­nos sen­si­bles ao me­dio (os téc­ni­cos fo­res­tais, con me­llo­res co­ñe­ce­men­tos, qui­zais po­de­rían ato­par al­gun­ha máis).

En­tón, por que non se po­den de­di­car a es­te uso? Moi­to me te­mo que des­pois de co­ren­ta anos de con­fli­tos con es­ta es­pe­cie, pe­ro ta­mén de moi­tos es­tu­dos e va­lo­ra­cións com­pren­si­vas des­de o un pun­to de vis­ta téc­ni­co e cien­tí­fi­co, es­tea­mos a caer de no­vo no que xa na­que­les tem­pos cua­li­fi­ca­ba­mos co­mo «fun­da­men­ta­lis­mo bio­ló­xi­co». E di­cir, nun­ha des­cua­li­fi­ca­ción sen máis da es­pe­cie, can­do, por exem­plo, un­ha or­ga­ni­za­ción tan li­bre de sos­pei­ta co­mo Green­pea­ce afir­ma­ba nun in­tere­san­te e de­mo­ra­do es­tu­do que fi­xo no 2011 so­bre La con­flic­ti­vi­dad de las plan­ta­cio­nes de eu­ca­lip­to en Es­pa­ña (y Por­tu­gal) que «el ár­bol del eu­ca­lip­to no tiene la cul­pa. No se pue­de atri­buir a un ár­bol una con­flic­ti­vi­dad que tiene que ver con las téc­ni­cas de pla­ni­fi­ca­ción, de re­po­bla­ción, de sil­vi­cul­tu­ra y de ex­plo­ta­ción». Es­ta é a ver­da­dei­ra cues­tión. Á que se che­gou des­pois de mo­reas de es­tu­dos e dis­cu­sións e que o Ox­ford Fo­restry Ins­ti­tu­te re­su­mía en 1983 moi gra­fi­ca­men­te ao com­pa­rar as es­pe­cies de me­dra rá­pi­da (en­tre elas os eu­ca­lip­tos) cos co­ches que po­den acadar al­tas ve­lo­ci­da­des: non se po­den prohi­bir, pe­ro si acon­se­llar que se ma­ne­xen con tino.

Non po­de­mos en­trar nos de­ta­lles da que de­be­ría ser un­ha xes­tión axei­ta­da das plan­ta­cións de eu­ca­lip­tos en Ga­li­cia, pe­ro si que di­ría que pa­sa­rían sem­pre por de­fi­nir aque­les si­tios on­de es­tas plan­ta­cións po­de­rían fa­cer­se sen pro­du­cir da­nos (que as hai e abon­das) e aque­les ou­tros que por pro­ble­mas am­bien­tais, es­té­ti­cos ou dou­tro ti­po, de­be­rían es­tar li­mi­ta­das. Fa­cer o que tan­tas ve­ces se ten re­co­men­da­do: un­ha pla­ni­fi­ca­ción de­ta­lla­da e di­ver­si­fi­ca­da do te­rri­to­rio ga­le­go. Al­go no que aín­da fi­ca moi­to por fa­cer.

Por ou­tra par­te, o pro­ble­ma do eu­ca­lip­to co­mo en xe­ral o das ex­plo­ta­cións fo­res­tais, é un pro­ble­ma com­ple­xo con im­pli­ca­cións téc­ni­cas e cien­tí­fi­cas pe­ro ta­mén (e non me­nos im­por­tan­tes) de ca­rác­ter eco­nó­mi­co e so­cial. Por iso non se de­be sim­pli­fi­car nin caer en re­du­cio­nis­mos es­té­ri­les ao tra­tar de to­mar de­ci­sións nes­tes pro­ble­mas de non sem­pre doa­da va­lo­ra­ción.

Non du­bi­do, en prin­ci­pio, da rec­ti­tu­de des­tas de­ci­sións dos con­ce­llos «li­bres de eu­ca­lip­tos» e mes­mo do ri­gor dos seus fun­da­men­tos, pe­ro ta­mén pui­de­ra su­ce­der que se de­be­ran a esa de­ri­va ca­ra a fri­vo­li­da­de e o pen­sa­men­to dé­bil po­lo que ca­mi­ñan moi­tas das ini­cia­ti­vas po­lí­ti­cas ac­tuais.

BOU­ZA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.