Un oa­sis

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Xo­sé Car­los Ca­nei­ro

Re­sul­ta fas­ci­nan­te es­coi­ta­los. Son un­ha pe­ña de xu­bi­la­dos que aco­den ha­bi­tual­men­te ao hos­pi­tal de Ve­rín. Con eles apren­dín máis neo­lo­xis­mos (pa­la­bras no­vas) que en to­da a mi­ña ca­rrei­ra de es­cri­tor e, prin­ci­pal­men­te, sou­ben que aos hos­pi­tais non sem­pre acu­di­mos can­do en­fer­ma­mos: por­que hai hos­pi­tais que son un­ha se­gun­da re­si­den­cia, un oa­sis. Os da pe­ña sen­tan na sala de con­sul­tas e gas­tan as ho­ras pla­ti­can­do. Por alí pa­san cen­tos de per­soas. Os que te­ñen ci­ta en me­di­ci­na in­ter­na, of­tal­mo­lo­xía, ci­rur­xía, oto­rri­no­la­rin­go­lo­xía [...], agar­dan o seu turno de en­tra­da. Sem­pre ima­xi­nei que eles, ao ser xu­bi­la­dos e non es­tar apre­mia­dos po­lo tem­po, ían con moi­to adian­to ás con­sul­tas: por­que nun­ca vin a nin­gún de­les abrir un­ha da­que­las por­tas. Eu sem­pre en­tra­ba an­tes e mar­cha­ba. E alí se­guían os da pe­ña. Pa­ra min é gra­to es­coi­ta­los den­de o día que un de­les di­xo que non sa­bía cal era o seu «gru­po san­gui­na­rio» e ou­tro con­tes­tou: «To­do po­si­ti­vo». Era un­ha lec­ción de optimismo. A pe­sar dos seus moi­tos acha­ques, non hai quen lles rou­be o so­rri­so e os seus fa­la­res. Un ti­vo que so­me­ter­se a un­ha ope­ra­ción ci­rúr­xi­ca por­que lle fi­xe­ron un «es­ca­ño» e re­sul­tou que pa­de­cía un­ha «her­nia fis­cal». Ou­tro so­fre pro­ble­mas gra­ves coa súa «prós­pe­ra». A ou­tro di­xé­ron­lle que só po­día to­mar un va­so de vi­ño á co­mi­da e pe­diu á súa fi­lla que lle com­pra­ra un ben gran­de, «de li­tro, ne­na, que o mé­di­co non di­xo co­mo ti­ña que ser o va­so». E así. Coin­ci­diu que un de­les le­va­ba tem­po sen acu­dir á ter­tu­lia do cen­tro de saú­de, on­de imos pa­ra cu­rar­nos. Can­do re­gre­sou to­dos se ale­gra­ron e pre­gun­ta­ron: «Que che pa­sou, Ma­no­lo?». E Ma­no­lo, o de No­ce­do, con­tes­tou: «Es­ti­ven en­fer­mo e non pui­den vir». Hai hos­pi­tais que son un oa­sis.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.