O sal­va­gar­da dun­ha go­le­ta cen­te­na­ria

Evi­tou o des­pe­ce dun bar­co do ano 1912 e ago­ra des­tí­nao a fins tu­rís­ti­cos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - M. X. BLAN­CO

Pa­ra que te­sou­ros do pa­sa­do, co­mo a Evan­ge­li­na I, es­tean a dis­po­si­ción de to­do aquel que quei­ra go­za­los ten que ha­ber per­soas co­mo En­ri­que Rial. Es­te rian­xei­ro sal­vou in ex­tre­mis a em­bar­ca­ción, evi­tan­do a sen­ten­za de des­pe­ce que xa lle fo­ra di­ta­da po­los an­te­rio­res pro­pie­ta­rios e, des­pois de in­ves­tir un­ha su­ma im­por­tan­te na súa res­tau­ra­ción, de­ci­diu des­ti­na­la a fins tu­rís­ti­cos. Des­de hai uns días, a go­le­ta ofre­ce a po­si­bi­li­da­de de fa­cer sin­gu­la­res per­co­rri­dos po­la ría de Arou­sa.

A Evan­ge­li­na I, cos seus 18 me­tros de es­lo­ra e 5 de man­ga, saíu no 1912 dun es­ta­lei­ro do Frei­xo bau­ti­za­da co­mo Le­troi­si, pa­ra de­di­car­se ao trá­fi­co de mer­ca­do­rías, ten­do co­mo prin­ci­pais es­ce­na­rios de tra­ba­llo as rías de Arou­sa e Vi­go. Es­ti­vo na­ve­gan­do a ve­la ata a dé­ca­da dos 50, can­do lle foi ins­ta­la­do un mo­tor co pro­pó­si­to de ob­ter maior ren­de­men­to no seu no­vo fin, a dra­ga de area no río Ulla. So­bre a go­le­ta pe­sou a pri­mei­ra sen­ten­za de mor­te nos anos 60. Es­qui­vou­na abrín­do­se ca­mi­ño co­mo bar­co ba­teei­ro no Frei­xo, aín­da que per­deu no ca­mi­ño as ve­las e os paus.

No 2005, o seu des­tino vol­vía a ser o des­pe­ce, e foi can­do En­ri­que Rial se con­ver­teu no sal­va­gar­da da Evan­ge­li­na. Aín­da que es­te rian­xei­ro sem­pre tra­ba­llou en te­rra, ten fon­dos víncu­los co mar: «Os meus bi­sa­vós tra­ba­lla­ban en em­bar­ca­cións que se de­di­ca­ban ao trans­por­te po­la ría de Arou­sa e ha­bía anos que me pi­ca­ra o bi­cho de me­ter­me de al­gún xei­to ne­se mun­do», con­fe­sa.

Así que, can­do a opor­tu­ni­da­de se lle pre­sen­tou, non o pen­sou dúas ve­ces. Ase­gu­ra que se fi­xo coa go­le­ta co fin úni­co de evi­tar a súa des­apa­ri­ción, co­mo aquel que con­ser­va un te­sou­ro cons­cien­te da súa va­lía, aín­da sen sa­ber moi ben co­mo ía pre­ser­va­lo. O rian­xei­ro pu­xo a em­bar­ca­ción nas mans da fir­ma lo­cal Es­ta­lei­ros Ca­toi­ra e, des­pois de dous anos de tra­ba­llo, a Evan­ge­li­na vol­vía a su­car as au­gas hai un­ha dé­ca­da.

Coa ima­xe ori­xi­nal

En­ri­que Rial fai fin­ca­pé no fei­to de que, en to­do es­te lon­go pro­ce­so, sem­pre tra­tou de res­pec­tar ao má­xi­mo a ima­xe ori­xi­nal da go­le­ta, so­bre to­do can­do lle de­vol­veu as ve­las e os paus: «Ti­ven aquí dous me­ses a un ho­me que tra­ba­llou en Car­ta­xe­na, nos bu­ques da Ar­ma­da, que foi o que se en­car­gou de to­do es­te pro­ce­so».

Men­tres se le­va­ba a ca­bo o pro­ce­so de res­tau­ra­ción, o rian­xei­ro des­cu­briu que o bar­co aín­da con­ser­va­ba moi­tas pe­zas da­quel Le­troi­si cen­te­na­rio: «En­tre o pau e a qui­lla apa­re­ce­ron moe­das da épo­ca da bo­ta­du­ra, pois era cos­tu­me co­lo­ca­las aí. Nós cam­biá­mos­llas por ou­tras ac­tuais».

Ao lon­go da úl­ti­ma dé­ca­da, con En­ri­que Rial con­ver­ti­do en pa­trón, a Evan­ge­li­na fun­cio­nou co­mo bar­co de re­creo pri­va­do, pe­ro o ele­va­do cus­te que su­pón o seu man­te­men­to e as ga­ñas do rian­xei­ro por po­ñer en va­lor o seu te­sou­ro, pro­pi­cia­ron que a go­le­ta pa­sa­ra a ter fins tu­rís­ti­cos: «Pa­ra min su­pu­xo un enor­me sa­cri­fi­cio res­tau­rar o bar­co, pe­ro té­ño­lle un gran­de apre­cio e o meu ob­xec­ti­vo prio­ri­ta­rio é man­te­lo no mar».

E sor­tean­do as pe­que­nas on­das da ría de Arou­sa se ato­pa nes­tes in­tres a em­bar­ca­ción. Alí con­ti­nua­rá ata fi­nais de agos­to, ofre­cen­do tres ti­pos de tra­ve­sías: pe­que­nas via­xes pa­ra co­ñe­cer a fer­mo­su­ra do li­to­ral e a ri­que­za pro­du­ti­va do seu im­pre­sio­nan­te par­que de ba­teas, per­co­rri­dos de tres ho­ras con de­gus­ta­ción de me­xi­llóns e vi­ño a bor­do, e mes­mo alu­guer de to­do o día pa­ra que a tri­pu­la­ción deseñe li­bre­men­te a fo­lla de ru­ta.

En­ri­que Rial con­ver­teu­se, ca­se sen sa­be­lo, nun­ha pe­za fun­da­men­tal no pro­ce­so de re­cu­pe­ra­ción e pos­ta en va­lor da cul­tu­ra ma­ri­ñei­ra. El pre­fi­re pen­sar que só cum­priu o seu so­ño e que ago­ra axu­da a que to­dos poi­dan go­zar do pa­raí­so bar­ban­cés.

MAR­COS CREO

En­ri­que Rial res­pec­tou a ima­xe ori­xi­nal da em­bar­ca­ción no pro­ce­so de res­tau­ra­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.